Amosando publicacións coa etiqueta Libros para 3º e 4º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libros para 3º e 4º. Amosar todas as publicacións

martes, 31 de xaneiro de 2017

CÁMBIACHE O CONTO. CATRO CASCAROLOS

CÁMBIACHE O CONTO
Pinto&Chinto. Ed. xerais  2016
Pinto & Chinto ofrécennos a súa peculiar versión dos contos clásicos de autores como Andersen, Perrault ou os irmáns Grimm e danlle unha reviravolta á súa maneira a O frautista de Hamelín, a Carrapuchiña Vermella, a Cincenta e moitos outros, poñéndonos un sorriso nos beizos.

Se ademais de divertir a intención do libro era a de xerar preguntas e, dalgún xeito, cuestionar as razóns pola que as cousas son como son promovendo a capacidade crítica das persoas, e facelo cun sorriso na boca, creo que este é un 
libro a ter moi en conta (http://blog.xerais.gal) 






 CATRO CASCAROLOS
Marilar Aleixandre. Ed. Xerais   2016

Había unha vez catro cascarolos, catro caracoliños que eran irmáns. Chamábanse Cascarolo, Carolo, Arolo e Rolo. Vivían nunha cidade, na Alameda, entre as raiceiras dun gran loendro. Eran moi felices, pero un día chegaron uns obreiros, e comezaron a cubrir os camiños do parque con lousas de pedra, e a tomar as lousas con cemento. Xa non poderían agocharse, terían que marchar.

Este conto, magnificamente ilustrado, trata como tema transversal o tema do medio ambiente dende o aspecto dos espazos naturais que van perdendo as cidades .

venres, 4 de novembro de 2016

HÉRCULES PASEA CON GLORIA FUERTES

"Hércules pasea con Gloria Fuertes" é unha biografía desta xenial escritora indicada para nenos/as dende 6 ata 9 anos.

Neste mes teremos a visita da contacontos María Carrera para dramatizar o contido deste libro!!

"Hércules descobre a Gloria Fuertes cando ela recita poemas coa súa voz rouca nun programa de televisión.
Emocionado por coñecer á poeta dos nenos, invítaa a pasear polos recordos da súa infancia e mocidade, cando, moi moderna, ía en bicicleta vestida con saia-pantalón e gravata. Gloria adora inventar e “desinventar” historias, facer disparatados xogos de palabras, crear personaxes estrafalarios e sentirse querida. ¡E mesmo se atreve a confesar as súas máis divertidas travesuras!"
 

Aquí deixo un enlace para que poidades saber moito máis desta gran escritora, ecoitando tamén poemas algúns dos seus poemas recitados por ela mesma. 
Pincha AQUÍ

Aquí tedes outros poemas desta autora:
 

martes, 1 de novembro de 2016

CALCETINES

PARA LECTORES/AS A PARTIRES DE 8 ANOS
CALCETINES DE FÉLIX JIMÉNEZ VELANDO

Para moita máis información deste libro que xa temos na biblioteca, pincha AQUÍ
-------------------------------