Esta é a obra de teatro representada polos nenos e nenas de 5º A e un "rap" dos nenos e nenas de 5º B durante a celebración do Magosto. Houbo outras actuacións e, como non, castañas, froitos de outono e xogos que publicaremos máis adiante.
xoves, 22 de novembro de 2012
TEATRO "INDO PARA O SAMAÍN"
venres, 9 de novembro de 2012
O MAGOSTO
Como ben sabedes, para a próxima semana celebraremos O Magosto, o xoves 15, 2º e 3º ciclos e o venres, día 16, 1º Ciclo e Educación Infantil. Ademais de comer as castañas asadas e outros froitos de outono haberá xogos no pavillón, unha obra de teatro que van a representar os nenos e nenas de 5º A e un rap cantado polos nenos e nenas de 5º B. Pero mentres podemos ir traballando sobre o tema e aquí tedes unha páxina de recursos elaborada polo CEIP "Victor Sainz" de Mazaricos.
sábado, 3 de novembro de 2012
OUTONO- SAMAÍN
Durante este mes que rematou traballamos sobre o outono e o Samaín: debuxos, lecturas, cantigas e a decoración das cabazas. Nesta presentación podedes ver a exposición dos traballos realizados. Queremos agradecer ás familias a súa colaboración.
A próxima celebración será o Magosto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)