Amosando publicacións coa etiqueta NADAL b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NADAL b>. Amosar todas as publicacións
venres, 24 de decembro de 2021
venres, 22 de decembro de 2017
FESTIVAL NADAL 2017
Onte, na Casa da Cultura, celebramos que se achega o NADAL cun gran festival no que participaron tódolos nenos e nenas do colexio.
Cantaron, bailaron e representaron obras teatrais.
Aquí tedes unha pequena mostra:
Cantaron, bailaron e representaron obras teatrais.
Aquí tedes unha pequena mostra:
xoves, 22 de decembro de 2016
FESTIVAL DE NADAL
Onte, no noso cole, houbo un festival de Nadal que se ven celebrando cada ano. Tivemos recitado de poemas típicos destas datas e panxoliñas...moitas panxoliñas!!
venres, 18 de decembro de 2015
venres, 19 de decembro de 2014
FESTIVAL DE NADAL
Hoxe celebramos no cole o festival de Nadal. Houbo actuacións musicais da maioría dos cursos, representacións teatrais, a visita de
Papá Noel acompañado do carteiro real para levar as cartas dos máis pequenos e algo diferente e moi importante para a nosa biblioteca: a presentación a todo o colexio do novo formato que vai presentar a partires de agora a nosa mascota, a tartaruga Carmiña dos Castros. Foi esta presentación un acto emotivo que contou coa presenza da mestra xa xubilada Toñita Paleo, principal impulsora da biblioteca, da creación da mascota e deste blog e que traballou arreo para que a nosa biblioteca formase parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares(PLAMBE). Quixemos tamén agradecer á nosa compañeira Manoli, gran artista coas mans, a elaboración da actual imaxe da nosa mascota.
Grazas, Toñita, por creala. Grazas, Manoli, por darlle forma real. Temos a mascota máis fermosa!!!!
REPRESENTACIÓNS TEATRAIS
luns, 15 de decembro de 2014
Nestas datas, non podemos deixar de ver un clásico: RUDOLF, EL RENO
CORTOS DE NADAL
Aquí tedes uns cortos moi axeitados para estas datas do Nadal
venres, 14 de novembro de 2014
MAGOSTO 2014
Esta semana celebramos o MAGOSTO no noso cole. Aí vai a mostra:
venres, 13 de decembro de 2013
O APALPADOR
Quen é o Apalpador?
O Apalpador representa a figura mítica dun Carboeiro que segundo
a tradición baixaba das devesas a
noite do 31 de decembro para tocar a barriga dos nenos e comprobar si comeran o suficiente durante o ano, deixándolles un montón de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles un novo ano cheo de felicidade e
de alimentos.
É unha figura popular nas montañas ao leste de Galicia (O Courel, Terras de Trives, O Bierzo), que se mantivo no olvido baixo a influencia de personaxes doutras culturas. Hoxe en día está en proceso de recuperación.
É unha figura popular nas montañas ao leste de Galicia (O Courel, Terras de Trives, O Bierzo), que se mantivo no olvido baixo a influencia de personaxes doutras culturas. Hoxe en día está en proceso de recuperación.
Vaite logo, meu
meniñ@
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo
martes, 11 de decembro de 2012
RECURSOS PARA O NADAL
sábado, 26 de novembro de 2011
NADAL 2011
Aquí tedes unha escolma de actividades, contos, refráns e recursos de todo tipo para traballar o Nadal galego neste curso. Están recollidos pola Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística. Esperamos que vos axuden. Para velos, premede na imaxe da parte inferior.
Este é un LIM sobre o Apalpador:
http://dl.dropbox.com/u/50994681/apalpador.html
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















