domingo, 15 de decembro de 2013

venres, 13 de decembro de 2013

O APALPADOR


Quen é o Apalpador?

O Apalpador representa a figura mítica dun Carboeiro que segundo a tradición baixaba das devesas a noite do 31 de decembro para tocar a barriga dos nenos e comprobar si comeran o suficiente durante o ano, deixándolles un montón de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles un novo ano cheo de felicidade e de alimentos.

É unha figura popular nas montañas ao leste de Galicia (O Courel, Terras de Trives, O Bierzo), que se mantivo no olvido baixo a influencia de personaxes doutras culturas. Hoxe en día está en proceso de recuperación.
Vaite logo, meu meniñ@                                          
marcha agora para a camiña 
Que vai vir o Apalpador    
a apalparche a barriguiña      
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo

domingo, 8 de decembro de 2013

ADEUS A NELSON MANDELA


Nesta fin de semana deixounos NELSON MANDELA, o home do eterno sorriso.
Loitou contra a  pobreza, a desigualdade e o racismo  no que vivía a xente negra do seu país, Sudáfrica, durante o Apartheid, un réxime de segregación racial no que as persoas de cor non podían votar nin ocupar postos de traballo "propios de brancos", non podían relacionarse con eles nin tan sequera viaxar nos mesmos autobuses que eles.
Polo ben do seu país, foi quen de perdoar os inxustos anos que pasou na cadea e  de convencer a todos de que era posible unha convivencia pacífica que sentase as bases dun sistema democrático en Sudáfrica.
 Por iso, negros e brancos, brancos e negros choran unidos a morte de Mandela, o home máis respetado do planeta, MADIBA, como lle chamaban no seu país.
Agradecemos as imaxes e presentacións doutras bibliotecas, especialmente da Biblioteca Escolar Xoan Farias e da biblioteca BLOGUESQUÍO.



Podemos achegarnos máis a este personaxe o DIA DOS DEREITOS HUMANOS, o 10 de decembro ou mesmo o DÍA DA PAZ. 
Neste enlace atoparedes máis actividades e recursos para traballar nas aulas.

-------------------------------