mércores, 27 de xaneiro de 2016

ENSINANZA MUSICAL

Hoxe recibimos no cole ao director da Escola Municipal de música de Burela, Xan Carballal e a outros tres dos seus compoñentes que viñeron ensinar aos nenos de 4º, 5º e 6º instrumentos como o oboe, a trompeta, a tuba, a trompa....co fin de que o alumnado se anime a probar con diferentes instrumentos para coñecelos e despertar o gusto por eles.
Algúns alumnos/as subiron ao escenario para amosar aos demais instrumentos que eles tocan e anímalos deste xeito a interesarse por eles.


luns, 25 de xaneiro de 2016

TRABALLOS POLA PAZ

No noso cole empezamos xa a realizar actividades para commemorar o Día da Paz. Son traballos de aula que o alumnado vai facendo en espera do próximo venres no que xa celebraremos conxuntamente un festival musical.
Aquí tedes os primeiros traballos:

INGLÉS:


PAZ 2016 - Kizoa Movie Maker

Os nenos e nenas de 4º, leron fragmentos de libros onde se fala de países en guerra, da fuxida deses países buscando unha vida mellor, da importancia da paz...





venres, 22 de xaneiro de 2016

A PAZ E OS REFUXIADOS

Nestes días que estamos a commemorar o Día da Paz, no podemos deixar de recordar o drama que están a vivir milleiros de persoas como consecuencia das guerras que asolan os seus países: trátase dos refuxiados. Xente de tódalas idades que teñen que abandonar a súa patria vítimas da fame, da miseria...da guerra.


IMAXES PARA REFLEXIONAR











 VÍDEOS ONDE SE OBSERVA O DRAMA QUE VIVEN:

mércores, 20 de xaneiro de 2016

SADAKO Y LAS MIL GRULLAS DE PAPEL




O 6 de agosto de 1945, Estados Unidos tirou a bomba atómica sobre Xapón. En poucos minutos máis de 200. 000 persoas morreron a causa da explosión.

Sadako Sasasi tiña pouco máis de dous anos cando a bomba caeu na súa cidade, Hiroshima. Ela era unha nena feliz e enérxica e parecía que a bomba non lle afectara,pero nove anos despois enfemou de leucemia, enfermidade causada pola irradiación da bomba.

Cando estaba no hospital, unha amiga tróuxolle unha grulla de papel. Os xaponeses cren que a grulla vive mil anos e que se unha persoa enferma fai mil grullas de papel, a súa saúde mellorará. Isto aumentou a esperanza de Sadako e púxose a facer grullas de papel con moito entusiasmo.

Sen embargo ela morreu en outubro de 1955 despois de facer 644 grullas de papel.

Coa esperanza de que se poideran evitar as guerras no futuro,os nenos/as xuntaron diñeiro para construir un monumento a Sadako e ás grullas.

Agora hai unha estatua dunha nena sostendo unha grulla no Parque da Paz en Hiroshima.

Sadako e as grullas considéranse hoxe un símbolo de Paz.


Aquí tedes un vídeo coa historia de Sadako:



-------------------------------