DESEXAMOS UN MOI BO NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
venres, 18 de decembro de 2015
domingo, 13 de decembro de 2015
GUIA DE LECTURAS. NADAL 2015
Dixo o gran escritor, mestre e pedagogo GIANNI RODARI:
"Nunca se debe ordenar leer un libro a nadie. Lo mejor es sugerir, mostrar, indicar aquellos libros que nos parecen los mejores para que nuestros hijos y alumnos se diviertan y aprendan"
Cumplindo con estas ideas que compartimos, dende o equipo da Biblioteca queremos, a través da GUÍA DE LECTURAS que presentamos, suxerir, orientar....a alumnado e pais/nais sobre os libros que poden elexir. Elaboramos unha guía de 16 páxinas con libros para tódalas idades nos idiomas galego, castelán e inglés.
Agardamos que serva de proveito e queremos recordar estas palabras:
"EL REGALO DE UN LIBRO, ADEMÁS DE UN OBSEQUIO, ES UN DELICADO ELOGIO"
sábado, 28 de novembro de 2015
A XOSÉ NEIRA VILAS. IN MEMÓRIAM
Onte deixounos un grande das letras galegas. Que dicir deste gran escritor que non se dixera xa?
Nós queremos facer unha humilde aportación dende este blog da biblioteca escolar, recopilando materiais que atopamos pola rede para dalos a coñecer ao alumnado e aos mestres que o precisen.
A mellor opción que lles podemos dar aos nosos alumnos e alumnas é sen dúbida, a oportunidade de achegarse á biblioteca e mergullarse na lectura dos seus libros, escollendo as máis axeitadas a cada idade.
Podes realizar unhas sinxelas actividades sobre Neira Vilas, pinchando AQUÍ
xoves, 26 de novembro de 2015
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O día 25 de novembro celebramos o día da eliminación da violencia contra as mulleres. Uns días antes desta data, viñeron ao noso cole a monitora de GAIA, Begoña Romo acompañada da psicóloga do concello para impartir aos nenos unha pequena charla sobre violencia de xénero.
Deixaron un mural coa silueta dunha muller na que os diferentes cursos de 3º, 4º, 5º e 6º fomos pegando unhas mensaxes rexeitando a violencia contra as mulleres.
O día 25, despois do recreo, achegáronse ao cole a concelleira de cultura Patricia Otero e a monitora de GAIA, Begoña Romo e explicáronlles aos nenos/as o motivo desta homenaxe ás mulleres maltratadas.
Un representante de cada equipo, voluntariamente, defendeu a mensaxe que previamente colocara no panel, explicando o significado da mesma.
Logo entregáronlles un ramo de flores que recolleu un neno de cada curso como símbolo da loita contra a violencia de xénero.
venres, 20 de novembro de 2015
XOGOS MAGOSTO EN VÍDEO
Hoxe celebramos no noso cole a festa do magosto. Despois de degustar as castañas asadas, os nenos e nenas participaron en xogos colectivos que foron moitos e variados. A mestra de E. Física, Belén, foi a encargada de deseñalos e preparalos. Foron un éxito!!
Aquí tedes unha mostra:
mércores, 18 de novembro de 2015
martes, 10 de novembro de 2015
xoves, 29 de outubro de 2015
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Hoxe púxose en marcha a actividade de APADRIÑAMENTOS LECTORES, consistente en que alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria lles van ler contos á súa clase á nenos e nenas de E. infantil e de 1º ve 2º nivel.
Empezamos os de 4º B. Cinco alumnos e unha alumna prepararon a lectura do conto "A bruxa regañadentes" para ir contalo aos nenos e nenas de 4 anos de E. infantil.
mércores, 28 de outubro de 2015
A LENDA DO ESPANTALLO
Aquí tedes o vídeo dunha lenda do ano 2005 moi aclamada e coñecida. É a lenda do espantallo:
martes, 27 de outubro de 2015
mércores, 21 de outubro de 2015
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O 24 deste mes de outubro imos celebrar o noso día, o día da biblioteca escolar.
No noso centro imos preparar unhas gravacións en vídeo coas respostas de nenos e nenas á pregunta: QUE SIGNIFICA PARA TI A BIBLIOTECA ESCOLAR? e ademais presentaremos un traballo no que o alumnado de Primaria deberá escoller ou non un libro a partires do título e das ilustracións da portada, pois todos e todas sabemos que son factores fundamentais á hora de elexir as nosas lecturas.
martes, 20 de outubro de 2015
A BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS: A FAUNA GALEGA
"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso 2015/2016 para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A imaxe responde á interpretación do lema elixido por parte do ilustrador e autor de banda deseñada FRAN BUENO.
O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información; convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.
No noso centro, este curso imos explorar sobre a FAUNA GALEGA. De xeito que traballaremos sobre estes animais:
E. Infantil: a galiña
1º nivel: o polbo
2º nivel: a vaca.
3º nivel: o corzo
4º nivel: o lobo.
5º nivel: o capón
6º nivel: o porco celta.
xoves, 15 de outubro de 2015
MOCHILAS VIAXEIRAS
Hoxe, a nosa biblioteca empezou a repartir as mochilas viaxeiras. Empezamos cos cursos de 1º, 2º e 3º e logo tocoulle a 4º, 5º e 6º. Dentro das mochilas vai material diverso que pretende ser do agrado de tódolos alumnos/as que decidiron participar nesta actividade: contos en castelán, galego e inglés(neste último idioma acompañados dun CD), un cómic, un libro de divulgación sobre animais, universo... un DVD e a revista do colexio do curso pasado que, como saiu en xuño, moitos nenos/as aínda non viron. Tamén leva a mochila un "caderno viaxeiro" para que cada un escriba ou debuxe algo relacionado co contido do material que leva, para que aporte suxerencias...
Agardamos que como en cursos anteriores, a mochila viaxeira sexa todo un éxito!!
xoves, 8 de outubro de 2015
OLA DE NOVO: APERTURA DA NOSA BIBLIOTECA!!!!
Ola a todos e todas: hoxe a biblioteca da tartaruga abríu de novo as portas para iniciar o préstamo de libros durante o recreo.
Ás 11 baixaron os nenos e nenas de 1º nivel coas súas mestras para recibir os seus carnets de lectores por vez primeira. Estábaos agardando Carmiña, a nosa mascota e Sara, unha alumna de 4º, leulles un fermoso conto. Eles xa saben que a partires de agora poden atopar ese conto e moitísimos máis na biblioteca.
BENVIDOS a todos e a todas e feliz curso 2015/2016!!
luns, 29 de xuño de 2015
BO VERÁN!!
Rematamos este curso 2014/2015. O equipo de biblioteca deséxavos que desfrutedes do verán e aconsellamos que vaiades onde vaiades vos acompañe sempre un libro. Un libro para desfrutar, para soñar, para imaxinar...
Bo verán e felices lecturas!!!!
venres, 5 de xuño de 2015
COLABORADORES DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Estes rapaces e rapazas colaboraron cos mestres que fixeron o préstamo de libros na biblioteca. MOITÍSIMAS GRAZAS por perder uns minutos de recreo cando vos tocaba axudar. A vosa labor foi importante e necesaria.
Como premio, recibiron un pequeno agasallo: un marcapáxinas e algo que lle fixo ilusión á maioría, unha chapa para prender na roupa.
martes, 2 de xuño de 2015
GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN
Aquí tedes unha guía de lecturas (a maioría son publicacións moi recentes) por se vos poden servir como orientación para escoller algún libro para as vacacións de verán.
Tedes libros en galego, castelán e inglés para tódolos niveis e tamén para os papás e mamás.
luns, 1 de xuño de 2015
venres, 29 de maio de 2015
luns, 25 de maio de 2015
PARA QUE SE USAN AS MATEMÁTICAS??
Cartel divulgativo deste curso 2014/2015 co lema: BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!! que publicou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).
Este cartel, pretende facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo. Busca tamén, espertar o interese polas matemáticas.
No noso centro, elaborouse por parte do equipo de biblioteca un traballo para facer ver ao alumnado a utilización das mátemáticas no día a día.
Este é algún resultado:
PARA QUE USAMOS AS MATEMÁTICAS NA COCIÑA?
venres, 22 de maio de 2015
CONCERTO DE MÚSICA NO COLE!
Hoxe viñeron ao noso cole algúns dos profesores da Escola de Música de Burela para ofrecer a toda a Primaria e Infantil de 5 anos un pequeno concerto que entusiasmou ao alumnado. No último tema que interpretaron de Mozart, estiveron acompañados por nenos e nenas de 5º de primaria que son alumnos desta escola.
Aquí tedes un pequeno resumo en vídeo e fotos do acontecido:
xoves, 21 de maio de 2015
MEU O MUNDO É! PACO NOGUEIRAS
O músico compostelán PACO NOGUEIRAS, publicou o seu primeiro traballo discográfico chamado BRINCA VAI! coa editorial Kalandraka. Son 12 cancións compostas e interpretadas por este autor.
Hoxe imos escoitar MEU O MUNDO É. A ver se vos gusta!!
AGORA CON LETRA PARA QUE A CANTEDES!!
https://youtu.be/HUYwcIYL4Fs
AGORA CON LETRA PARA QUE A CANTEDES!!
https://youtu.be/HUYwcIYL4Fs
luns, 18 de maio de 2015
XINCANA DAS LETRAS 3º CICLO
Hoxe tocoulles aos de 3º ciclo desfrutar da xincana proposta polo equipo de Normalización para celebrar así o Día das Letras Galegas. Pasárono moi ben ao mesmo tempo que aprenderon: realizaron puzzles e actividades destinadas a coñecer o autor homenaxeado este ano, buscaron os nomes científicos de árbores que hai polo recinto escolar, buscaron os nomes das aulas, cantaron a rianxeira, buscaron e copiaron poemas escondidos polo patio...Unha experiencia nova e divertida!!!
sábado, 16 de maio de 2015
XINCANA DAS LETRAS 1º CICLO
O pasado venres ,día 15, celebramos no cole o día das Letras Galegas. Este ano fixémolo cunha xincana a proposta do equipo de Normalización Lingüística.
Para o 1º ciclo foi unha xincana cultural e tamén lúdica, pois os nenos e nenas desfrutaron traballando sobre o autor homenaxeado este ano, Filgueira Valverde, mediante realización de puzzles, sopas de letras, encrucillados sobre a súa biografía...buscaron polo patio nomes científicos de árbores, cantaron "A Rianxeira", buscaron e copiaron poemas escondidoa polo patio.....tamén houbo tempo para xogar con cordas, aros....A xincana foi todo un éxito!
martes, 12 de maio de 2015
IAGO, O CONTACONTOS PARA 1º, 2º e 5º DE PRIMARIA
Onte, visitou o noso cole o contacontos Iago López. Estivo co alumnado de 1º e 2º nivel contándolles o conto"AUGUSTA E OS SEUS MEDOS" que trata dunha nena chea de soños pero que é tan medosa que non logra que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, a que se rían dela, a probar cousas novas....Un día, cansa de sentirse así, pide axuda aos seus pais. A partires dese momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os medos é enfrontándose a eles.
Os nenos e nenas quedaron encantados con Iago, como se ve nas fotos:
Tamén estivo IAGO LÓPEZ co alumnado de 5º para contarlles o conto "TARZÁN DE GOMA" de Ole Lund kierkegaord.Tarzán de goma é a historia dun rapaz máis ben pequerrecho, esfameado, sen grandes músculos e poida que tampouco especialmente guapo. O seu verdadeiro nome é Iván Olsen aínda que todo o mundo lle chama Tarzán de goma. Como non é moi forte os outros rapaces sempre se meten con el, bótanlle auga nos pantalóns e péchano nos váteres da escola. Na escola Iván apaña malleiras e, na casa, o seu pai apréndelle que un rapaz ten que saber defenderse.
luns, 11 de maio de 2015
LETRAS GALEGAS 2015
Para traballar sobre as Letras Galegas, tes aquí ACTIVIDADES
Autora: Concepción Arias Neira ( CEIP Plurilingüe A Magdalena- As Pontes)
Actividades do SEMINARIO GALÁN. Pincha AQUÍ
Actividades do SEMINARIO GALÁN. Pincha AQUÍ
xoves, 7 de maio de 2015
mércores, 6 de maio de 2015
martes, 5 de maio de 2015
LIBROS RECOMENDADOS POR 5º A
Pedimos a tódolos cursos do colexio que elaboraran unha lista de libros que lles gustaran dicindo o porqué e que os recomendaran aos compañeiros e compañeiras. Parécenos que o "boca a boca" é algo que acostuma a funcionar bastante ben . Bastantes dos libros que recomendan, xa os temos na biblioteca e os que non hai hanse comprar. Pensamos que esta iniciativa está empezando a ter éxito, xa que o alumnado empeza a preguntar...." Comprache o libro que recomendo? ou din na biblioteca:..."Hai o libro que recomenda tal ou cual compañeiro/a?"
Esta é a lista que elaborou 5º A:
1ª A, DE NORABOA!!
O curso de 1º A está de noraboa. Os nenos e nenas deste curso foron os que máis libros leron da biblioteca durante este curso. Xunto coa súa mestra Pili, baixaron á biblioteca tódolos martes da semana a realizar o intercambio de libros. Dende hai uns día e como xa son máis grandiños, baixan eles sos a traer e levar libros e ségueno a facer moitos/as!!
Como premio, por parte da biblioteca, recibiron un diploma e tamén acollerán durante uns día na súa aula á mascota da biblioteca. Isto último foi o que máis lles gustou!!
venres, 1 de maio de 2015
EMPEZAN A CHEGAR DE VOLTA AS MOCHILAS VIAXEIRAS
As primeiras mochilas viaxeiras xa empezan a voltar á biblioteca de onde sairon aló polo mes de outubro.
É o segundo curso que rodan por toda a Primaria e...estamos realmente encantados!! A acollida, a valoración por parte dos nenos e nenas e das familias non pode ser máis positiva. Isto anima ao equipo de biblioteca a seguir nesta liña o vindeiro curso.
Aquí tedes os comentarios sacados dos cadernos viaxeiros:
6ºB
5º B
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)