Amosando publicacións coa etiqueta Escritores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Escritores. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de maio de 2018

MARÍA CANOSA

O pasado martes visitou o noso colexio a escritora galega María Canosa. Autora de varios libros de Literatura Infantil e Xuvenil, estivo co alumnado de 6º nivel. Neste curso foi de lectura obrigatoria o seu libro Muriel(Premio Merlín de Literatura Infantil, 2017) 
María faloulles aos nenos e nenas deste libro, da súa faceta como escritora e colaboradora do programa da TVG "Coma un allo" e respondeu a tódolas súas preguntas.
Tamén lles asinou nos seus libros e no libro de visitas da biblioteca.
Grazas, María! Foi, para nós, unha honra a túa visita!












sábado, 14 de abril de 2018

ANTÍA YÁÑEZ RODRÍGUEZ GANADORA DUN IMPORTANTE PREMIO

A que foi alumna do noso centro, Antía Yáñez Rodríguez, foi a ganadora do Premio Illa Nova de Narrativa 2018 coa obra Senlleiras.
 " A novela aborda unha cuestión tan presente ao longo da historia como a violencia contra as mulleres"
 Moitos parabéns para ela!!

xoves, 12 de abril de 2018

DONACIÓN DE UN LIBRO

Lorena Fernández Mesa de 4ºA, donou este libro para a biblioteca do cole.
Grazas, Lorena!!

-------------------------------