Amosando publicacións coa etiqueta #vidaactivaedeportiva. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #vidaactivaedeportiva. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de maio de 2026

COÑECEMOS BURELA E A LONXA


Coñecendo a contorna.


O alumnado de terceiro de Primaria fixo unha visita á lonxa no mes de abril. O equipo do patrón maior da cofradía encargouse de transmitirlles os seus coñecementos en canto ao funcionamento da lonxa, a poxa, a pesca e o simbolismo do 'mural' conmemorativo realizado para celebrar os 100 anos da Cofradía.

Tiveron tamén unha dinámica de xogos (iniciativa de Vegalsa/Eroski) con contido técnico e adaptado aos máis pequenos para entender que comemos e por que o facemos; que é unha alimentación saudable e como podemos mellorar a nosa enerxía diaria.

Ademáis, fixeron un sinxelo taller de cociña xunto a un chef onde degustaron hot dogs de pescada e gamba.




 


PRATO DO BO COMER

 Bonitiño, a nosa mascota do Plan Proxecta, sempre anda preocupado pola nosa alimentación e por inculcarnos hábitos de vida saudables. Coma bo amigo de Carmiña que é pensou no noso PDI 'Burela sen fronteiras' ao propoñerlle ao alumnado de 1º de Primaria crear un prato Harvard.

Pois ben, o alumnado de Primeiro crearon varios pratos do 'bo comer' empregando alimentos populares de GHANA e POLONIA. Aquí tedes uns exemplos:










domingo, 8 de xuño de 2025

VAI REMATANDO O CURSO

 É moi difícil resumir con xustiza todo o traballo realizado ao redor do PDI e dos libros (por exemplo todo o traballo relacionado con Educación responsable) neste curso escolar. Quedan no recordo moitas LECTURAS COMPARTIDAS, entre o alumnado de diferentes niveis e tamén con outras asociacións, por exemplo as visitas que nos realizaron os usuarios da fundación EU SON, que visitaron o noso cole para compartir lecturas en máis de unha ocasión. E nós aínda temos pendente unha visita á Escola Infantil na que compartiremos lecturas cos máis pequeniños.

A aula de POLOS CREATIVOS encheuse de creatividade durante este curso, con actividades relacionadas con PDI e outras que non.

Paseamos moito. Fomos visitar AS TETAS DA VINCULEIRA, esas dúas mámoas que están aquí nos Castros moi pretiño do cole. Din que son a entrada ao Castro. vimos a PENA DO NENO e xa sabemos por que ao noso cole sempre se lle chamou o COLE DOS CASTROS. 

Sabemos moito máis da nosa historia. E, aínda que ningún dos nosos castros está excavado e visible, podemos dicir que case todo o alumnado do cole visitou o Castro de Viladonga e/ou o Castro de Fazouro. Aquí debemos facer un apunte de agradecemento á implicación das familias, pois foron moitas as que aproveitaron as fins de semana e festivos para ir a coñecer algún dos castros da nosa comunidade; chegáronnos fotos de diversos lugares da xeografía galega. No cole recreamos castros, decoramos os edificios, traballouse a adquisición da lecto-escritura en infantil a partir de palabras relacionadas coa cultura castrexa, amasamos pan, investigamos sobre a canteiría, fixemos diccionarios... o dito, imposible resumilo todo. Grazas PDI 'Os Castros, un nome misterioso'




















VISITOUNOS IRENE SAMPER

 Que afortunados fumos de recibir a Irene Samper, xogadora do Burela FSF o mércores 7 de maio. Unha gran deportista que nos deixou unha gran lección de vida. Chegou ao noso cole co sorriso na cara pola recente victoria do seu equipo na Copa da Raíña (e si, deixounos ver e tocar tódalas medallas).

Irene veu falarnos da súa vida como deportista da elite, dos seus triunfos (que non son poucos) e do seu día a día. 

con gran mestría explicounos o esforzo que hai detrás do éxito, as caídas, os disgustos, etc. Porque non sempre se gaña e hai que saber perder. Entendimos a importancia da saúde mental e da resiliencia, para o deporte, para os estudos e para a vida en xeral.

Grazas Irene por esta lección de vida! Grazas Bonitiño por invitala e ensinarnos tanto sobre a nosa saúde mental e  física.





ADESTRAMOS CON JAIRO CAMPO.

 'A tribo do mar' de Lois Pérez foi un libro que nos fixo alongar moito o club de lectura pois as temáticas e puntos de debate que ían xurdindo eran moitísimos.

Seguindo a historia de Alexandra, unha das personaxes protagonistas da novela, decidimos vivir coma ela o esforzo que supón entrenar e tomarse o deporte moi en serio.

Así que Bonitiño (sempre atento á nosa saúde) e Carmiña contactaron con Jairo Campo para que o noso alumnado do terceiro ciclo puidera vivir en primeira man un adestramento profesional de fútbol sala. 

Grazas Jairo Campo (adestrador da base feminina do Fútbol Sala de Burela) por facelo posible e ensinarnos tanto.





-------------------------------