Amosando publicacións coa etiqueta SAMAÍN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SAMAÍN. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de outubro de 2017

SAMAÍN

Durante toda esta semana, celebramos que chega o SAMAÍN. Adornamos o cole: as aulas os pasillos as portas...Os nenos/as trouxeron cabazas e, relacionado coa biblioteca, preparamos un expositor con lecturas relacionadas con estas datas e ademais durante toda a semana o alumnado acudíu á biblioteca a escoitar contos, lendas de medo contados polos mestres/as.

mércores, 28 de outubro de 2015

martes, 27 de outubro de 2015

luns, 3 de novembro de 2014

SAMAÍN

Estes días o noso cole encheuse de cabazas, morcegos, arañas....e ata esqueletos había!! Celebramos o SAMAÍN e engalanamos a biblioteca de tal xeito, que algúns nenos e nenas que a visitaron o pasado xoves, sentiron... moito medo!!!
Queremos aproveitar para dar as grazas aos pais/nais pola súa colaboración na elaboración das cabazas. 


martes, 21 de outubro de 2014

SAMAÍN

Logo chega o SAMAÍN. Aquí tedes un enlace no que hai actividades NOVAS para traballar . Pincha aquí


domingo, 27 de outubro de 2013

OUTONO E SAMAÍN

Coma en anos anteriores, premendo na imaxe podedes acceder a recursos para traballar o SAMAÍN.


     C.E.I.P. Víctor Sáenz   Páxina elaborada por:   Mª Asunción García Álvarez


xoves, 22 de novembro de 2012

TEATRO "INDO PARA O SAMAÍN"

Esta é a obra de teatro representada polos nenos e nenas de 5º A e un "rap"  dos nenos e nenas de 5º B durante a celebración do Magosto. Houbo outras actuacións e, como non, castañas, froitos de outono e xogos que publicaremos máis adiante.

sábado, 3 de novembro de 2012

OUTONO- SAMAÍN

Durante este mes que rematou traballamos sobre o outono e o Samaín: debuxos, lecturas, cantigas e a decoración das cabazas. Nesta presentación podedes ver a exposición dos traballos realizados. Queremos agradecer ás familias a súa colaboración.
A próxima celebración será o Magosto.

mércores, 31 de outubro de 2012

SAMAÍN

Esta é unha canción moi axeitada para estes días sobre un libro que temos na Biblio: "Corre, corre, cabaciña"


xoves, 13 de outubro de 2011

SAMAÍN

Xa está ás portas o Samaín e Hallowen, aquí tedes moitos recursos para estas datas. Próximamente vos iremos propoñendo outras actividades para realizar nestas datas.

-------------------------------