mércores, 26 de outubro de 2022
O 24 de outubro,celebramos o día das bibliotecas escolares.A nosa mascota,Carmiña,sorprendeu ó alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Primaria.Despois de contarlles a súa vida,ensinoulles con globos de cores,como buscar na biblioteca libros axeitados para a súa idade.Logo, foi polo resto das aulas repartindo as mochilas viaxeiras e dando bos consellos para disfrutar da lectura. Clica na man de Carmiña e verás...
luns, 17 de outubro de 2022
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VII Edición celébrase este ano 2022 o 17 de outubro baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, comisariada pola escritora Carmen Domingo . “Un ano máis – avanza Ana Santos Aramburo, directora da BNE – recuperamos a palara de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mujeres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas”. O lema deste ano, destaca, “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)