Open publication - Free publishing - More 2012
domingo, 16 de decembro de 2012
LECTURAS PARA O NADAL
Xa temos aquí os libros de lecturas que recomendamos para o Nadal. Desexamos Bo Nadal e boas lecturas.
mércores, 12 de decembro de 2012
12 do 12 do 2012 ás 12
RecitandoCelsoemiliO
Para esta celebración fixemos unha selección dos seus poemas:
martes, 11 de decembro de 2012
RECURSOS PARA O NADAL
xoves, 6 de decembro de 2012
6 de decembro: DÍA DA CONSTITUCIÓN
Navegando pola rede atopamos en Youtube este conto para comprender mellor A Constitución.
Subido por reymma1 el 03/12/2011
Pequeno conto para traballar a Constitución con nenos e nenas de educación infantil e primeiro ciclo de primaria, utilizando imaxes de Vladimir Zúñiga do blog Focaclipart e de Jessica do blog Bonitooh.
xoves, 22 de novembro de 2012
TEATRO "INDO PARA O SAMAÍN"
Esta é a obra de teatro representada polos nenos e nenas de 5º A e un "rap" dos nenos e nenas de 5º B durante a celebración do Magosto. Houbo outras actuacións e, como non, castañas, froitos de outono e xogos que publicaremos máis adiante.
venres, 9 de novembro de 2012
O MAGOSTO
Como ben sabedes, para a próxima semana celebraremos O Magosto, o xoves 15, 2º e 3º ciclos e o venres, día 16, 1º Ciclo e Educación Infantil. Ademais de comer as castañas asadas e outros froitos de outono haberá xogos no pavillón, unha obra de teatro que van a representar os nenos e nenas de 5º A e un rap cantado polos nenos e nenas de 5º B. Pero mentres podemos ir traballando sobre o tema e aquí tedes unha páxina de recursos elaborada polo CEIP "Victor Sainz" de Mazaricos.
sábado, 3 de novembro de 2012
OUTONO- SAMAÍN
Durante este mes que rematou traballamos sobre o outono e o Samaín: debuxos, lecturas, cantigas e a decoración das cabazas. Nesta presentación podedes ver a exposición dos traballos realizados. Queremos agradecer ás familias a súa colaboración.
A próxima celebración será o Magosto.
mércores, 31 de outubro de 2012
SAMAÍN
Esta é unha canción moi axeitada para estes días sobre un libro que temos na Biblio: "Corre, corre, cabaciña"
mércores, 24 de outubro de 2012
24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS
Neste día adicado ás Bibliotecas mostramos este vídeo dunha das bibliotecas máis fermosas. Está en Oporto (Portugal)
Espero que vos guste e mentras tanto, disfrutade da nosa Biblioteca.
Tamén podedes ver este conto: "Os Bolechas queren saber como é unha biblioteca"
Espero que vos guste e mentras tanto, disfrutade da nosa Biblioteca.
Tamén podedes ver este conto: "Os Bolechas queren saber como é unha biblioteca"
luns, 1 de outubro de 2012
XA CHEGOU O OUTONO!
Xa estamos en outono, tempo de castañas, magostos e ....Samaín, Halloween.
Premede na imaxe e teredes moitos recursos para estas datas elaboradas polo CEIP "Mestres Goldar" e publicadas no seu Blog "O recanto de Mik".
Por certo pasade a ver os nosos castiñeiros que están moi fermosos e cheiños de ourizos e de castañas.
venres, 28 de setembro de 2012
OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS
A Consellería
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou o cartel para o
curso curso 2012/2013 co lema "Biblioteca escolar, acelerador de innovación",para
a celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro)
martes, 11 de setembro de 2012
martes, 19 de xuño de 2012
COÑECENDO GRANDES PINTORES
Co tema “COÑECENDO GRANDES PINTORES” traballamos este trimestre no terceiro ciclo sobre Miró, Paul Klee, Dalí, Picasso, Van Gogh e Mondrian. Investigamos sobre a súa vida e obra, interpretamos e pintamos algún dos seus cadros máis coñecidos e fixemos un exposición das nosas obras.
COÑECENDO GRANDES PINTORES - diapositivas
venres, 15 de xuño de 2012
GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN
sábado, 9 de xuño de 2012
XORNAL NORDÉS 2012
martes, 5 de xuño de 2012
OUTROS PAÍSES, OUTRAS CULTURAS
Xa rematamos os traballos dos 14 países do noso alumnado estranxeiro. Dende agora podedes velos aquí ou na páxina web do colexio.
Para facer este proxecto inspirámonos nun traballo publicado no Blog do CEIP "Rosalía de Castro" (A Charca dos libros) de Xinzo de Limia.
xoves, 24 de maio de 2012
MES DO LIBRO E DAS LETRAS
Durante os meses de abril e maio conmemoramos o Día do Libro o o Día das Letras Galegas con varias actividades:
-
1ª SEMANA DA POESÍA: DO
23 AO 27 DE ABRIL:
Día 23 de abril:recital
poético na Biblioteca.
-
CONTACONTOS
-
XORNAL ESCOLAR
- DÍAS 24 E 25: FESTIVAL DAS LETRAS: RECITADOS, MÚSICA E TEATRO
Etiquetas:
ACTIVIDADES COLE DÍA DO LIBRO
sábado, 7 de abril de 2012
ABRIL: O MES DA LITERATURA
O mes de abril é o mes da literatura: o día 2 celebramos o Día da Literatura Infantil e Xuvenil conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen e o día 23: DÍA DO LIBRO.
Para esta primeira data tedes aquí dous LIM cos que podedes traballar o conto. Preme no cartel e poderás traballar un LIM sobre Andersen.
LIM sobre os contos dos irmáns Grimm realizado polo CEIP "Fleming" de Vigo.
luns, 5 de marzo de 2012
TRABALLAMOS O CÓMIC
Esta semana imos dedicala a traballar o Cómic, e por iso fomos ambientando os edificios do cole e preparando fichas que os nenos e nenas farán na biblioteca ou nas aulas. Este ano traballaremos as viñetas e bocadillos.
Aquí tamén hai actividades e explicacións sobre todo isto.
mércores, 22 de febreiro de 2012
24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA E DA LINGUA MATERNA
O 24 de febreiro está contemplado como data sinalada no calendario do libro e da lectura, como o DÍA DE ROSALÍA. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega está a promover a difusión desta data e a conmemoriación con agasallos de libros e flores.
Este ano fanse os 175 anos do nacemento da autora.
mércores, 8 de febreiro de 2012
ENTROIDO 2012
Recursos para traballar o Entroido tradicional galego:
Esta páxina foi elaborada pola Biblioteca de Milladoiro-Malpica:
https://sites.google.com/site/olgardiaz/antroido
Esta páxina foi elaborada pola Biblioteca de Milladoiro-Malpica:
https://sites.google.com/site/olgardiaz/antroido
domingo, 22 de xaneiro de 2012
DÍA DA PAZ
Como sabedes o día 30 de xaneiro celébrase o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA para conmemorar a morte de Mahatma Gandhi.Na seguinte ligazón atoparedes unha recompilación de páxinas con información, actividades e recursos para traballar nas aulas.
mércores, 11 de xaneiro de 2012
DÍA DA PAZ: 30 de Xaneiro
Imos preparando pouco a pouco o Día da Paz.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)