Amosando publicacións coa etiqueta GUÍAS DE LECTURA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta GUÍAS DE LECTURA. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2020



  GUÍA DE LECTURA DO VERÁN

A tartaruga dos Castros está pensando en coller unhas vacacións , despois deste remate de curso tan extraño e solitario.
Esperando que o vindeiro curso veñades visitala moito e vos divertades tod@s coas súas lecturas.
Para que desfrutedes do verán, aquí vos deixa unhas pequenas recomendacións lectoras,nunca vos esquezades de que un libro sempre será un gran compañeiro de viaxe.

luns, 18 de xuño de 2018

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN

Esta é a guía de lecturas para o verán. Nesta época de descanso non deixedes descansar nunca a lectura. Con ela nunca vos ides aburrir!!
Xa sabedes, no verán...con un libro na man!!

domingo, 17 de decembro de 2017

GUÍA DE LECTURAS NADAL 2017

A GUÍA DE LECTURAS que elaboramos sempre por estas datas leva un pouco de todo para E. Infantil e Primaria: libros en galego, castelán e inglés. Na inmensa maioría son libros que acaban de saír ao mercado e están elexidos en función da súa adaptibilidade para cada idade e selecionados pensando na calidade e gustos do alumnado.
Esperamos que a nosa selección axude aos nenos/as e pais a hora de escoller libros para mercar.

xoves, 22 de xuño de 2017

GUÍA DE LECTURAS VERÁN 2017

Aquí tedes unha vez máis a guía de lecturas de verán.
Agardamos que vos sexa útil á hora de elexir  libros. Tédelos en galego, castelán e inglés
Bo verán e boas lecturas!!!

martes, 20 de decembro de 2016

GUÍA DE LECTURAS NADAL 2016

O equipo de biblioteca elaboramos unha guía de lecturas para que poda servir de orientación, se se precisa, á hora de adquirir libros para o alumnado en galego, castelán e inglés.
 

sábado, 18 de xuño de 2016

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN

Aquí tedes a guía de lecturas de cara ao verán.

 Hai libros para E. Infantil e Primaria en galego, castelán e inglés.

Procuramos elaborar unha guía o máis completa posible. 

Atoparedes nela libros publicados xa hai uns anos e outros que son novidades que acaban de saír ao mercado.

Oxalá vos serva de proveito.

Xa sabedes: "NO VERÁN, UN LIBRO NA MAN"


martes, 16 de febreiro de 2016

domingo, 13 de decembro de 2015

GUIA DE LECTURAS. NADAL 2015

Dixo o gran escritor, mestre e pedagogo GIANNI RODARI:

"Nunca se debe ordenar leer un libro a nadie. Lo mejor es sugerir, mostrar, indicar aquellos libros que nos parecen los mejores para que nuestros hijos y alumnos se diviertan y aprendan"

Cumplindo con estas ideas que compartimos, dende o equipo da Biblioteca queremos,  a través da GUÍA DE LECTURAS que presentamos, suxerir, orientar....a alumnado e pais/nais sobre os libros que poden elexir. Elaboramos unha guía de 16 páxinas con libros para tódalas idades nos idiomas galego, castelán e inglés.
Agardamos que serva de proveito e queremos recordar estas palabras:

"EL REGALO DE UN LIBRO, ADEMÁS DE UN OBSEQUIO, ES UN DELICADO ELOGIO"



martes, 2 de xuño de 2015

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN

Aquí tedes unha guía de lecturas (a maioría son publicacións moi recentes) por se vos poden servir como orientación para escoller algún libro para as vacacións de verán.
Tedes libros en galego, castelán e inglés para tódolos niveis e tamén para os papás e mamás.

xoves, 15 de xaneiro de 2015

LECTURAS EN INGLÉS

Se ledes en inglés, ademais de desfrutar dunha historia estades aprendendo o idioma. Ánimo e a ler tamén en inglés!!

mércores, 7 de xaneiro de 2015

GUIAS DE LECTURA PRIMARIA

Aquí tedes libros (na maioría dos casos novidades editoriais) en galego e castelán para que poidades escoller as vosas lecturas. Non esquezades que a lectura é fonte de coñecementos, de diversión, de pracer...Que ben se pasa cando un libro nos gusta!!!

mércores, 31 de decembro de 2014

GUIA DE LECTURAS PARA E. INFANTIL

A guia de lectura que presentamos para E. INFANTIL, recolle as últimas novidades tanto en castelán como en galego que apareceron no mercado. Pensamos que é bastante amplia para que pais, alumnos e profes teñan onde escoller. A selección fíxose non só mirando as reseñas editoriais, senón tamén buscando opinións que outros mestres, pais... teñen vertidas en blogs e notros medios de comunicación. Deste xeito, non aparece só o argumento dos libros , senón tamén o tema, o enfoque...e outros aspectos que poden interesar. Agardamos que sexa da vosa utilidade!!

domingo, 15 de decembro de 2013

domingo, 16 de decembro de 2012

LECTURAS PARA O NADAL

Xa temos aquí os libros de lecturas que recomendamos para o Nadal. Desexamos Bo Nadal e boas lecturas.



-------------------------------