Amosando publicacións coa etiqueta DIA DE ROSALÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DIA DE ROSALÍA. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de abril de 2019

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO



Desde o proxecto da biblioteca, conmemoramos o día de Rosalía de Castro con varias propostas: talleres de poesía nos recreos " recreos poéticos" e máis actividades que podedes ver nas entradas anteriores. Como broche á semana , os nenos e nenas de 1º e 2º de E. Primaria participaron na presentación por parte dos alumnos de 2º da vida de Rosalía en kamishibai, con debuxos que eles fixeron.
Moitas grazas porque estivestes moi atentos e participativos.
Aquí , deixámosvos o vídeo para que poidades ver a presentación. Subide ben o volume porque está gravado con móbil e escóitase baixiño.













martes, 27 de febreiro de 2018

RECITANDO A ROSALÍA

Unha das actividades realizadas con motivo da celebración do DÍA DE ROSALÍA foi un recitado de poemas da autora.
Aquí podedes ver o poema que recitou 4ºA para os nenos e nenas de E. Infantil.
Que ben o fixeron!!

DÍA DE ROSALÍA

Estes días estivemos celebrando unha data moi significativa: O DÍA DE ROSALÍA, que foi o 24 de febreiro.
Con tal motivo, no noso centro realizamos as seguintes actividades:
O alumnado de Primaria (a partires de 3º nivel) leu poemas de Rosalía aos máis pequenos.
Escribimos nos cristais poemas da autora para facela visible.
En 1º e 2º construiron un photocall de Rosalía no que os nenos e nenas que quixesen sacaran fotografías.
Aquí tedes un pequeno resumo do traballo realizado:

mércores, 21 de febreiro de 2018

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

24 de febreiro, día de Rosalía

ABRIMOS A FIESTRA A ROSALÍA!

  • Escribiremos nas fiestras poemas da autora.
  • O xoves, 22 e o venres, 23 o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º acudirá á biblioteca para ler poemas de rosalía aos máis pequenos.
  • Sacaremos fotografías coa escritora no photocall situado no edificio vermello.



venres, 16 de febreiro de 2018

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA


O 24 de febreiro, celebramos o DÍA DE ROSALÍA
(Soños de Andel, blog da biblioteca do CEIP pluriligüe de Andrade- Pontedeume)

xoves, 23 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA

Mañá día 24 de febreiro, celebramos o DÍA DE ROSALÍA. Como este ano coincide a data coa celebración do Entroido, en 3º A adicamos o día de hoxe a recordar a esta gran escritora: falamos da súa biografía, escoitamos algúns dos seus poemas musicados por Amancio Prada e recitamos o seu poema "Adios ríos, adios fontes". Aquí está o resutado do recitado:

xoves, 25 de febreiro de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA!!



Onte, 24 de febreiro, celebramos no cole o DÍA DE ROSALÍA . Alumnado de 4º e 5º de Primaria aproveitaron a actividade de "apadriñamento" dos máis pequenos, indo ás súas aulas a recitarlles poemas da autora. Tamén se fixeron murais alusivos a esta celebración, ademais doutros traballos.














mércores, 10 de febreiro de 2016

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA por ser a data na que naceu esta importante escritora.
Aquí tedes unha presentación para que coñezades mellor a esta autora:

Publish at Calameo



Tamén un vídeo coa canción de Amancio Prada ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES:


ACTIVIDADES LIM SOBRE UN POEMA DE ROSALÍA: 

PRESENTACIÓN PARA 3º, 4º, 5º e 6º




UNHA MOI BOA PRESENTACIÓN CON CANCIÓNS DE AMANCIO PRADA E FUXAN OS VENTOS. PULSA AQUÍ.

VISITA A CASA DE ROSALÍA:

martes, 24 de febreiro de 2015

MARATÓN DE LECTURA E ROSALÍA DE CASTRO

Con motivo da celebración do "DÍA DE ROSALÍA", o alumnado de 4º nivel participou no V MARATÓN DE LECTURA celebrado no salón de Plenos do Concello. Os nenos e nenas, leron poemas de Rosalía. Aquí queda a proba disto:
(No blog do 2º ciclo, podedes ver os resto de fotos)
ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES,

ADIOS,REGATOS PEQUENOS,

ADIOS VISTA DOS MEUS OLLOS,

NON SEI CANDO NOS VEREMOS.

mércores, 18 de febreiro de 2015

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA


O 24 de febreiro celebramos o "DÍA DE ROSALÍA". Aquí temos un estupendo traballo realizado na biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda de Redondela que amablemente comparten. Para velo, pincha aquí:

Lembrade que nas etiquetas da dereita, onde di "DÍA DE ROSALÍA" atoparedes moitas máis actividades relacionadas con esta data

martes, 19 de febreiro de 2013

24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


O día 24 de febreiro comemórase os 150 anos de  CANTARES GALEGOS de Rosalía de Castro. Para coñecer mellor a nosa escritora por excelencia, tedes aquí varios enlaces.


   
                                                        ROSALÍA DE CASTRO

Tamén podedes aproveitar estes recursos elaborados por outras bibliotecas escolares:




    Esta é a pegatina que nos chegou desde a biblioteca do CEIP de Pazos de Ferrol, un fermoso agasallo para recordar a Rosalía de Castro.

mércores, 22 de febreiro de 2012

24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA E DA LINGUA MATERNA

O 24 de febreiro está contemplado como data sinalada no calendario do libro e da lectura, como o DÍA DE ROSALÍA. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega está a promover a difusión desta data e a conmemoriación con agasallos de libros e flores.



Este ano fanse os 175 anos do nacemento da autora.




-------------------------------