Amosando publicacións coa etiqueta #antroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #antroido. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de maio de 2026

ANTROIDO

 Chegou o Entroido ao noso cole e con el a festa e o desfile. Despois de seguir durante toda a semana os mandatos do Meco chegou o venres para desfilar cos noso traxes totalmente inspirados no noso PDI BURELA SEN FRONTEIRAS  e nos países que estamos a estudar. O tempo atmosférico non permitiu que puidésemos desfilar pola rúa e compartir todo o noso traballo coa veciñanza do noso pobo e as persoas usuarias do Centro de Maiores pero disfrutamos igual desta festa e deste momento onde todo o cole se xunta e celebra esta festa tan nosa.
















venres, 6 de xuño de 2025

ANTROIDO

 Os Castrexos vivían en tribos. E nos preguntámonos se habería máis tribos por aí polo mundo. Atopamos moitas e tamén civilizacións das que nos falaron algúns compañeiros nosos; pois aquí non todos temos antergos castrexos e iso ábrenos ventás a aprender moitas cousiñas doutros mundos.

Pois así foi o noso Antroido este curso, un desfile espectacular no que recordamos como nos vestiamos cando eramos castrexos e tamén como son outras tribos e pobos.








-------------------------------