Amosando publicacións coa etiqueta Libros. Primeiros lectores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libros. Primeiros lectores. Amosar todas as publicacións

sábado, 1 de abril de 2017

SEGUIMOS RECIBINDO LIBROS!!

Estos son algúns dos novos libros que acaban de chegar á nosa biblioteca:

 EL SECRETO DE LARA de Helena Kraljic. Ed Monterrey

Un libro orientado para E. Infantil e 1º e 2º de Primaria que trata dunha nena que vai á escola e ten medo de que os compañeiros/as lle descubran o segredo que garda: sofre de ataques epilépticos...
Daralle un ataque estando na escola?
Será rechazada por eso?



BESOS PARA PAPÁ de Frances Watts. Ed Monterrey






Orientado para Infantil e 1º e 2º nivel, álbum ilustrado cunhas magníficas ilustracións e unha moi tenra historia dunha familia de osos. 







 Estes libros veñen a sumarse aos que temos xa na biblioteca dende hai anos e completan toda a colección
Son libros que encantan aos nenos e nenas e tratan valores como a tolerancia, a paz, a autoestima...Estes que acabamos de recibir tratan a sinceridade, a alegría e a fortaleza.
 

sábado, 4 de marzo de 2017

LIBROS NOVOS


OS NOVOS LIBROS DOS BOLECHAS:

"Os Bolechas van en carriño"












 "Os Bolechas ven unha moura"



¿Dónde está Wally? 

(Tres libriños en formato pequeno con lupa)



"EL GRÚFALO" 

(Aclamado libro que encanta aos máis pequenos)
(O libro dos Bolechas adicado ao seu can:Chispa)

mércores, 8 de febreiro de 2017

QUIERO A MIS ABUELOS

QUIERO A MIS ABUELOS
Claire Freedman

 Este libro con encantadoras ilustraciones rinde homenaje a ese vínculo tan especial entre generaciones.
Adecuado para primeros lectores.

xoves, 2 de febreiro de 2017

NO ME DA MIEDO...(PRIMEIROS LECTORES)

«No me da miedo…» es una colección pensada para ayudar a los más pequeños a superar sus temores.

















UN OSITO MUY CURIOSO Ed. ELFOS

Libro entrañable, un maravilloso texto escrito e ilustrado por dos artistas premiados. Un osito muy curioso tiene multitud de preguntas para el gran oso sabio. (http://www.boolino.es/)
ILUSTRACIONES MARAVILLOSAS!!!

luns, 30 de xaneiro de 2017

NOVOS LIBROS NA BIBLIOTECA!

Traemos hoxe aquí uns novos libros que acaban de chegar á nosa biblioteca. Son da Editorial Hércules e indicados para Infantil, 1º e  2º  niveis.
A PANTUFLA DE CELIA
Texto: Concha Blanco
Ilustracións: Dani Padrón
Ed. Hércules   2015
No andel dunha tenda vive unha pantufla con forma de vaca.
As persoas pasan e mírana, pero apenas fanlle caso…
Ata que un día entra Celia e se namora das súas manchas negras e brancas.
Pero, fatalidade! as zapatillas son parella e non se venden dunha nunha!…
Libro escrito en forma de verso, de lectura rápida e cunhas preciosas ilustracións!!

 COSMO E A ESTRELA 
PERDIDA 
 Marcos Neila
 Ed. Hércules
Cosmo é un coleccionista de estrelas: gárdaas con mimo e sácalles brillo cada día.
 Pero un día bota en falta un exemplar da sua colección... e descobre un rastro que vai do andel á xanela, así que sae na súa procura.
 Cosmo pregunta os seus amigos, veciños, coñecidos, pero ninguén parece  facerlle caso.
 Ata que un vello sol que vive preto lle explica o que está a acontecer... 


  O OSO E O PIANO
 David Litchfield. Ed Hércules
 Un dia, no bosque, un osiño atopou algo que non vira nunca. –Que será esta cousa tan estraña? –pensou. E con medo, tocouna cos súas pequenas e robustas poutas…
Co tempo, o oso aprendeu a tocar o estraño instrumento. Un día, por casualidade, os fermosos sons do piano chegaron a oídos dun pai e o seu fillo, que xantaban no bosque. O oso acompañounos nunha incrible viaxe, e a súa extraordinaria habilidade converteuno nunha gran estrela. Conseguiu a fama, a fortuna e toda a música do mundo, pero botaba de menos aos seus amigos e á familia que deixara atrás.

Historia enormemente fermosa que nos ensina o valor da amizade! 



ASTROPAL, UN COMETA CON CORAZÓN
José Julio Fernández Rodríguez. Ed. Hércules 2015
Astropal é un valoroso cometa que percorre sen parar a galaxia. Un día, de súpeto, atópase cun estraño obxecto. Co seu enxeño e co seu corazón bondadoso terá que enfrontarse a un problema…
Conseguirá resolvelo?
Precioso álbum ilustrado de fácil lectura, con moi poucas páxinas. 



PULGA E XIGANTE               Serenella Quarello&Maurizio A. C. Quarello
Ed. OQO    2009
 Cansada de facer todos os días o mesmo, Pulga decide coñecer mundo. Na súa viaxe cruzará desertos, bosques, montañas, chairas inmensas… fuxirá de perigos terribles e vivirá aventuras emocionantes.
Ese mesmo día, e á mesma hora, o Xigante que estaba tan tranquilo, de súpeto, comeza a sentir un proído nos pés, logo nas pernas, nas costas… Entón, á súa nai parécelle ver… unha pulga?
  
 O álbum contén ilustracións que aseguran unha lectura expresiva e rica en matices.
                                                                                                         
 
Ademais do divertimento, o carácter lúdico desta obra favorece a comprensión de relacións espazo-temporais, e que nos decatemos de que pode haber varias miradas e interpretacións dunha mesma realidade.



                                                                                          

CUANDO UN ELEFANTE SE ENAMORA
Davide Cali. Ed Anaya. 2016

¿Qué ocurre cuando un elefante se enamora?
Hace de todo para llamar la atención, se baña todos los días y escribe cartas que nunca envía.
Pero cuando menos se lo espera...
Un cuento original y conmovedor que describe los síntomas del comienzo de una historia de amor, y las posibles consecuencias. Algo que le puede pasar a cualquiera. ¡Incluso a un elefante!

 "Refuerza unos valores muy importantes en el desarrollo humano como son la autorestima, la valentía y la capacidad de iniciativa que podemos extrapolar a cualquier otro tipo de relación. Si uno jamás se arriesga y atreve a confesar sus sentimientos proalmente nunca conseguirá nada. 
 Las ilustraciones, obra de la piamontesa Alice Lotti, no pueden ser más tiernas y delicadas. Es una novela muy plástica en la que cada imagen apoya y completa el texto de forma muy visual.
 (http://adivinaquienlee.blogspot.com.es)

martes, 8 de novembro de 2016

O DESEXO DO GATO KLOPS

"O DESEXO DO GATO KLOPS"
Autora e ilustradora: Estefanía Padullés.
Ed. Hércules.
O gato Klops descubre unha estrela e pensa en pedirlle un desexo pero non se acaba de dicidir: converterse nun monstro? Nunha princesa? Nun paxaro?
E de súpeto ocorreseulle unha idea xenial...que pedirá por fin?


Un conto que nos fala do proceso de aprendizaxe necesario para recoñecer que somos valiosos e dignos de ser queridos malia non ser perfectos. Con formato álbum, as ilustracións complementan a historia e motivan unha aprendizaxe entretida, interactiva e reflexiva...
ESTEFANÍA PADULLÉS, autora e ilustradora deste fermoso conto, visitará ao alumnado de E. Infantil e 1º nivel o día 22 de novembro para falarlles desta historia!!

xoves, 3 de novembro de 2016

O NOSO SAMAÍN e MAX E LEA, NA BIBLIOTECA

 Xa están na nosa biblioteca, en galego, para os máis pequenos!!

Escrito por Loretta Birrot , con preciosas ilustracións de Nuria valdeón e publicado pola editorial Galaxia acaba de sair á rúa o libro "O NOSO SAMAÍN". Está dirixido a nenos/as de 5 a 8 anos. A través deste conto, os máis pequenos van ter a oportunidade de coñecer a fondo esta tradición galega.

















MAX E LEA escrito e ilustrado por Estefanía Padullés. Ed Hércules.
 Max é un Tyrannosaurus rex; un dinosauro moi grande, moi forte, e cunha morea de cairos, así que ninguén se atreve a meterse con el.
Pero polas noites cambia o conto… xa que Max ten moito medo á escuridade.
Farto desta situación, Max decide pedir axuda a todos os dinosauros que coñece… pero parece que ninguén pode solucionar o seu problema.
Cando Max xa está a punto de renderse, a pequena Lea crúzase no seu camiño.
Poderá axudarlle Lea?
Logrará Max vencer á fin o seu medo á noite?


mércores, 2 de novembro de 2016

HAY UNA VACA EN LA NEVERA. HAY UN HIPOPÓTAMO EN LA BAÑERA.

XA OS TEMOS NA BIBLIOTECA!!

  PARA PRIMEIROS LECTORES
 HAY UNA VACA EN LA NEVERA. Amaia Cia. Ed. Beascoa.
 Unha historia divertida e disparatada que nos conta o quelle sucede a unha familia cando, ao levantarse pola mañá, atopan unha vaca na nevera.


HAY UN HIPOPÓTAMO EN LA BAÑERA Amaia Cia.Ed. Beascoa.

 Segunda parte de "Hay una vaca en la nevera". Agora o protagonista quere convertir o hipopótamo en vaca xa que a familia acostumarase a convivir xa coa vaca que aparecera na nevera.
Outra historia moi divertida coa que vos ides rir moito!!




martes, 1 de novembro de 2016

LA ISLA DEL ABUELO

 LA ISLA DEL ABUELO
( PARA PRIMEIROS LECTORES)
 "La isla del abuelo" en uno de esos libros con mayúsculas, libros que te marcan, te enamoran, que transmiten más de lo que dicen,... Sin duda un cuento que hay que tener sí o sí, ¡un imprescindible!"
(clbpequeslectores.com)

 El libro nos muestra la bonita relación entre un niño y su abuelo, la complicidad entre ellos y lo mucho que se adoran el uno al otro. Pero también nos habla de las despedidas y la aceptación de que a veces las personas que más queremos tienen que dejarnos

Témolo xa na biblioteca!!

MONSTRUO ROSA

PARA PRIMEIROS LECTORES

Traducido a varios idiomas e con moitos premios, MONSTRUO ROSA é un conto sobre o valor da diferenza, da diversidade como elemento enriquecedor. Telo na biblioteca!!

 

TODOS HACEMOS CACA de Taro Gomi é un clásico da Literatura infantil.   


" El autor japonés para los niños más conocido del mundo, con este best-seller internacional, considerado una pequeña obra de arte. Los libros de Taro, de estilo único (tierno, colorido, sencillo y delicado) siempre intentan dar respuesta a las dudas de los más pequeños. 
Todos hacemos caca es un clásico de la literatura infantil que ha vendido un millón de ejemplares en todo el mundo. Un libro divertidísimo para los más pequeños que habla de un proceso tan natural como es el hecho de "hacer caca". Porque todos los seres vivos comemos, y por eso... ¡todos hacemos caca!" (ED. Boolino)

  MI AMIGO LIBRO escrito por Kirsten Hall foi elexido "MEJOR LIBRO ILUSTRADO DEL AÑO" por The New York Times. A ilustradora é Dasha Tolstikova.

"Había una vez un libro que se llama Libro. Era duro y fuerte, y decía palabras ingeniosas y divertidas. Cada día tenía la esperanza de que un niño lo descubriera y le quisiera y le cuidara como se quieren y se cuidan los amigos. Pero un día algo sucedió... Esta es su historia, y Libro está tus manos para explicártela."

-------------------------------