Amosando publicacións coa etiqueta #colaboración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #colaboración. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de maio de 2026

COÑECEMOS BURELA E A LONXA


Coñecendo a contorna.


O alumnado de terceiro de Primaria fixo unha visita á lonxa no mes de abril. O equipo do patrón maior da cofradía encargouse de transmitirlles os seus coñecementos en canto ao funcionamento da lonxa, a poxa, a pesca e o simbolismo do 'mural' conmemorativo realizado para celebrar os 100 anos da Cofradía.

Tiveron tamén unha dinámica de xogos (iniciativa de Vegalsa/Eroski) con contido técnico e adaptado aos máis pequenos para entender que comemos e por que o facemos; que é unha alimentación saudable e como podemos mellorar a nosa enerxía diaria.

Ademáis, fixeron un sinxelo taller de cociña xunto a un chef onde degustaron hot dogs de pescada e gamba.




 


domingo, 17 de maio de 2026

25N- colaboración

 Ampliando e complementando as actividades realizadas no colexio para conmemorar o 25N fixemos tamén unha colaboración co CENTRO DE SAÚDE DE BURELA. 

Este foi o mural e os traballiños que aportamos ao centro de saúde para dar visibilidade a esta efeméride, agardamos que vos gusten.





sábado, 16 de maio de 2026

COÑECENDO A CONTORNA

 A través do noso proxecto estamos a coñecer moitos lugares do mundo mais non esquecemos o importante que é coñecer ben o lugar onde habitamos todos que é Burela. 

O noso alumnado de quinto de Primaria, coa inestimable axuda de Gaia Concello de Burela percorreu a Vila do Medio, a capela, antigos muíños e outros moitos puntos interesantes desta zona do noso pobo.

Vídeo



BURELA SEN FRONTEIRAS

O noso proxecto está resultando moi interesante e proporciónanos momentos entretidos e moi, moi creativos.

Para celebrar o Samaín organizamos unha actividade en colaboración coas familias. Esta actividade consistía en crear un monstruo orixinal baseado na cultura ou estética dalgún dos países estudados no proxecto. 

Recibimos moitos monstruos que expuxemos nos tres edificios que conforman o noso colexio e abrimos horario de visitas á comunidade educativa para que puideran disfrutar de toda esa creatividade compartida.

Grazas familias pola vosa implicación.

















DÍA A DÍA

 O NOSO DÍA A DÍA.

A nosa biblio abre as súas portas cada día e tódolos días dispoñemos de servizo de empréstito e devolución, zona de xogos, creatividade e disfrute de lecturas.

Contamos cun equipazo de colaboradores de biblioteca ou 'axudantes de Carmiña' que realizan unha labor importantísima durante todo o curso escolar; dende colocar, ordenar e decorar ata recomendar lecturas, realizar empréstito e devolución ou reparar volumes.

Temos a sorte de que moito alumnado se achega cada día á nosa biblioteca para disfrutala.



domingo, 8 de xuño de 2025

VAI REMATANDO O CURSO

 É moi difícil resumir con xustiza todo o traballo realizado ao redor do PDI e dos libros (por exemplo todo o traballo relacionado con Educación responsable) neste curso escolar. Quedan no recordo moitas LECTURAS COMPARTIDAS, entre o alumnado de diferentes niveis e tamén con outras asociacións, por exemplo as visitas que nos realizaron os usuarios da fundación EU SON, que visitaron o noso cole para compartir lecturas en máis de unha ocasión. E nós aínda temos pendente unha visita á Escola Infantil na que compartiremos lecturas cos máis pequeniños.

A aula de POLOS CREATIVOS encheuse de creatividade durante este curso, con actividades relacionadas con PDI e outras que non.

Paseamos moito. Fomos visitar AS TETAS DA VINCULEIRA, esas dúas mámoas que están aquí nos Castros moi pretiño do cole. Din que son a entrada ao Castro. vimos a PENA DO NENO e xa sabemos por que ao noso cole sempre se lle chamou o COLE DOS CASTROS. 

Sabemos moito máis da nosa historia. E, aínda que ningún dos nosos castros está excavado e visible, podemos dicir que case todo o alumnado do cole visitou o Castro de Viladonga e/ou o Castro de Fazouro. Aquí debemos facer un apunte de agradecemento á implicación das familias, pois foron moitas as que aproveitaron as fins de semana e festivos para ir a coñecer algún dos castros da nosa comunidade; chegáronnos fotos de diversos lugares da xeografía galega. No cole recreamos castros, decoramos os edificios, traballouse a adquisición da lecto-escritura en infantil a partir de palabras relacionadas coa cultura castrexa, amasamos pan, investigamos sobre a canteiría, fixemos diccionarios... o dito, imposible resumilo todo. Grazas PDI 'Os Castros, un nome misterioso'




















VISITOUNOS IRENE SAMPER

 Que afortunados fumos de recibir a Irene Samper, xogadora do Burela FSF o mércores 7 de maio. Unha gran deportista que nos deixou unha gran lección de vida. Chegou ao noso cole co sorriso na cara pola recente victoria do seu equipo na Copa da Raíña (e si, deixounos ver e tocar tódalas medallas).

Irene veu falarnos da súa vida como deportista da elite, dos seus triunfos (que non son poucos) e do seu día a día. 

con gran mestría explicounos o esforzo que hai detrás do éxito, as caídas, os disgustos, etc. Porque non sempre se gaña e hai que saber perder. Entendimos a importancia da saúde mental e da resiliencia, para o deporte, para os estudos e para a vida en xeral.

Grazas Irene por esta lección de vida! Grazas Bonitiño por invitala e ensinarnos tanto sobre a nosa saúde mental e  física.





CANTAREIRAS, LETRAS GALLEGAS.

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). 

É unha celebración colectiva, con ela quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que nos leva acompañando dende sempre, e facéndoa presente noutras figuras máis recentes como Mercedes Peón, o grupo Leilía, Xabier Díaz e as Abufeiras ou as Tanxugueiras.

O grupo de cantareias 'As Grileiras', pertencentes á asociación cultural Ledicia de Burela, visitaron o noso colexio durante dúas xornadas inesquecibles. A temática das letras galegas fixéronnos querer saber máis destas mulleres, as cantareiras, que ao longo dos anos foron transmisoras e conservadoras da lírica oral e da nosa tradición popular. Un traballo e unha labor que se veu recoñecida este 17 de maio.

As Grileiras: Maite, Marta e Lola estiveron con todo o alumnado do noso cole durante dúas xornadas moi intensas e trouxeron con elas un legado que nos souberon transmitir con moito cariño. Faláronnos: das cantareiras, da súa labor, das recollidas, do traxe tradicional galego, dos instrumentos e moitas cousas máis. Tivemos a oportunidade de escoitalas e de cantar con elas. Incluso de crear unha copla de despedida!

Grazas Grileiras por esta visita que nos encheu os corazóns.

As Grileiras1   As Grileiras2















-------------------------------