A guia de lectura que presentamos para E. INFANTIL, recolle as últimas novidades tanto en castelán como en galego que apareceron no mercado. Pensamos que é bastante amplia para que pais, alumnos e profes teñan onde escoller. A selección fíxose non só mirando as reseñas editoriais, senón tamén buscando opinións que outros mestres, pais... teñen vertidas en blogs e notros medios de comunicación. Deste xeito, non aparece só o argumento dos libros , senón tamén o tema, o enfoque...e outros aspectos que poden interesar. Agardamos que sexa da vosa utilidade!!
mércores, 31 de decembro de 2014
sábado, 20 de decembro de 2014
CARMIÑA DOS CASTROS, A NOSA MASCOTA
Carmiña é unha tartaruga. É a mascota da nosa biblioteca. Biblioteca e mascota impulsadas pola mestra xa xubilada Toñita Paleo Galdo. Ela traballou moito para que a nosa bilioteca se integrase en PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) e deixou trazado un camiño que agora aos demais nos resulta máis sinxelo percorrer.
Manoli Fernández é unha mestra que chegou definitiva este curso ao noso colexio. É unha artista coas mans e realiza verdadeiras xoias plásticas con elas. Foi Manoli a que lle deu a forma que agora presentamos á nosa mascota.
A que é preciosa?
Grazas, Toñita. Grazas, Manoli
venres, 19 de decembro de 2014
FESTIVAL DE NADAL
Hoxe celebramos no cole o festival de Nadal. Houbo actuacións musicais da maioría dos cursos, representacións teatrais, a visita de
Papá Noel acompañado do carteiro real para levar as cartas dos máis pequenos e algo diferente e moi importante para a nosa biblioteca: a presentación a todo o colexio do novo formato que vai presentar a partires de agora a nosa mascota, a tartaruga Carmiña dos Castros. Foi esta presentación un acto emotivo que contou coa presenza da mestra xa xubilada Toñita Paleo, principal impulsora da biblioteca, da creación da mascota e deste blog e que traballou arreo para que a nosa biblioteca formase parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares(PLAMBE). Quixemos tamén agradecer á nosa compañeira Manoli, gran artista coas mans, a elaboración da actual imaxe da nosa mascota.
Grazas, Toñita, por creala. Grazas, Manoli, por darlle forma real. Temos a mascota máis fermosa!!!!
REPRESENTACIÓNS TEATRAIS
luns, 15 de decembro de 2014
Nestas datas, non podemos deixar de ver un clásico: RUDOLF, EL RENO
CORTOS DE NADAL
Aquí tedes uns cortos moi axeitados para estas datas do Nadal
xoves, 4 de decembro de 2014
DÍA DA CONSTITUCIÓN E DOS DEREITOS HUMANOS
O día 6 de decembro é o día da Constitución e o 10 o día dos Dereitos Humanos. Para conmemorar esta data, podedes realizar as seguintes actividades:
Dereitos dos nenos/as (Versión entre 6-8anos). Pincha aquí
Dereitos dos nenos/as. (Versión 9-11anos) Pincha aquí
Actividades LIM sobre os dereitos humanos. Pincha aquí
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)