Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións

sábado, 30 de novembro de 2024

Día das bibliotecas escolares.

 O pasado 24 de outubro foi un día moi especial no noso colexio pois tivemos celebración por partida dobre, o dia das bibliotecas escolares e o magosto. Menuda xornada!

Carmiña andou argallando moitas cousiñas dende o inicio de curso e unha delas foi unha recolocación dalgúns mobles da biblioteca para intentar facer un espazo máis amplo para ler, traballar e argallar cos materiais tan interesantes que temos na nosa biblio.

Mais outra das cousas que andou a argallar segue sendo un misterio! Pediulle a todo o alumnado de primaria que pensase ben o título dun libro que fose especial, moi especial para cada un deles e pediulles que o trouxeran escrito nun anaquiño recortado especialmente para a ocasión. E tamén lles pediu que, mentras se concentraban durante días nas horas de ler, escribisen palabras que lles chamasen a atención nunhas tiras amarelas, preparadas tamén previamente. Que fará Carmiña con todo iso? Pois, de momento, non o sabemos.

Durante a xornada do 24 de outubro a nosa biblio abriu oficialmente as súas portas e recibiu con ledicia ao alumnado de primaria e sexto de infantil. Os grupos foron achegándose á biblioteca por turnos para observar os cambios na biblio, recoller as súas mochilas viaxeiras e pasar un ratiño con Carmiña, que ata se animou a ler algún conto!

Que ben o pasamos! As axudantes de Carmiña recolleron o material que esta lles solicitara e explicaron algunha que outra novidade referente ás mochilas viaxeiras pois sabedes que? Entre outras novidades, agora cada mochila leva un pequeno xogo para que vos divirtades xuntiños nas vosas casas.

Aquí vos deixamos un recordo dese día.












xoves, 24 de outubro de 2019


Ola a todos:

Por fín, abrimos a Biblioteca,aproveitando que  o 24 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares.
A nosa mascota,Carmiña  recibiu ós  alumnos;  primeiro ós  de Educación Infantil e despois ós de Primaria. Contoulles algo da súa vida desde que chegou ó colexio e explicoulles as normas e uso da biblioteca. Entregou novos carnets e explicoulles onde  podían atopar os seus libros preferidos.
Empezamos o curso con moitas sorpresas;unha delas foi o novo espacio que imos chamar bibliolab,  para consultar as nosas dúbidas e aprender de forma divertida con moitos  xogos educativos .
Entregamos mochilas a todo o alumnado de Infantil e Primaria.

Como somos un colexio plurilingüe, aproveitamos tódolos momentos para coñecer outras linguas.
Na foto estamos escoitando unha fermosa historia que nos contou a nosa auxiliar de conversa de inglés.



martes, 24 de outubro de 2017

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

Dous vídeos moi indicados para celebrar o día de hoxe:

Para os máis pequenos:





Para os máis grandes:

venres, 20 de outubro de 2017

MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O día 24 de outubro celebramos o día da biblioteca escolar. No noso cole podemos cosiderar outubro o MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR xa que durante todo este mes poñemos a andar múltiples iniciativas previstas. Moitas delas arrancan agora e continuarán ao longo do ano.
O noso PROGRAMA para este mes foi e está sendo o seguinte:

 - A finais de setembro xa partiron as mochilas viaxeiras: 





- O día 9 de outubro abrimos a biblioteca para o préstamo/devolución de libros.

- O día 10 entregamos  os carnets de novos lectores ao alumnado de 1º nivel (no noso centro empezan en 1º de Primaria a levar libros depréstamo por decisión das mestras de Infantil)





- Puxemos en marcha o noso 1º CLUB DE LECTURA para 5º e 6º niveis:




- Na semana do 23 ao 27  os mestres/as leremos  contos de medo na biblioteca para tódolos niveis:



- Tamén praticamos a expresión escrita:






- Estamos a realizar uns traballos plásticos relacionados co fomento da lectura:







Por último, o día 24, realizaremos lecturas de medo na biblioteca,  formaremos aos usuarios/as que así o desexen e explicaremos ao alumnado o lema proposto para este curso para as bibliotecas escolares para que de xeito activo, eles tamén debuxen, escriban ....como lles ensina a pensar a súa biblioteca.
 







mércores, 26 de outubro de 2016

LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DEL SR. MORRIS LESSMORE

Traemos un libro imprescindible nunha biblioteca escolar. "Los fantásticos libros voladores del SR. Morris Lessmore" É un precioso libro que rinde homenaxe aos libros e ás bibliotecas.
Inspirado na curtametraxe ganadora dun Óscar en 2011.
Que mellor maneira que celebrar o día das bibliotecas (24 de outubro) que coa lectura deste libre e o visionado da curtametraxe?

 

mércores, 21 de outubro de 2015

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 deste mes de outubro imos celebrar o noso día, o día da biblioteca escolar.
No noso centro imos preparar unhas gravacións en vídeo coas respostas de nenos e nenas á pregunta: QUE SIGNIFICA PARA TI A BIBLIOTECA ESCOLAR? e ademais presentaremos un traballo no que o alumnado de Primaria deberá escoller ou non un libro a partires do título e das ilustracións da portada, pois todos e todas sabemos que son factores fundamentais á hora de elexir as nosas lecturas.

-------------------------------