Cartel divulgativo deste curso 2014/2015 co lema: BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!! que publicou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).
Este cartel, pretende facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo. Busca tamén, espertar o interese polas matemáticas.
No noso centro, elaborouse por parte do equipo de biblioteca un traballo para facer ver ao alumnado a utilización das mátemáticas no día a día.
Hoxe viñeron ao noso cole algúns dos profesores da Escola de Música de Burela para ofrecer a toda a Primaria e Infantil de 5 anos un pequeno concerto que entusiasmou ao alumnado. No último tema que interpretaron de Mozart, estiveron acompañados por nenos e nenas de 5º de primaria que son alumnos desta escola.
Aquí tedes un pequeno resumo en vídeo e fotos do acontecido:
O músico compostelán PACO NOGUEIRAS, publicou o seu primeiro traballo discográfico chamado BRINCA VAI! coa editorial Kalandraka. Son 12 cancións compostas e interpretadas por este autor.
Hoxe imos escoitar MEU O MUNDO É. A ver se vos gusta!!
Hoxe tocoulles aos de 3º ciclo desfrutar da xincana proposta polo equipo de Normalización para celebrar así o Día das Letras Galegas. Pasárono moi ben ao mesmo tempo que aprenderon: realizaron puzzles e actividades destinadas a coñecer o autor homenaxeado este ano, buscaron os nomes científicos de árbores que hai polo recinto escolar, buscaron os nomes das aulas, cantaron a rianxeira, buscaron e copiaron poemas escondidos polo patio...Unha experiencia nova e divertida!!!
O pasado venres ,día 15, celebramos no cole o día das Letras Galegas. Este ano fixémolo cunha xincana a proposta do equipo de Normalización Lingüística.
Para o 1º ciclo foi unha xincana cultural e tamén lúdica, pois os nenos e nenas desfrutaron traballando sobre o autor homenaxeado este ano, Filgueira Valverde, mediante realización de puzzles, sopas de letras, encrucillados sobre a súa biografía...buscaron polo patio nomes científicos de árbores, cantaron "A Rianxeira", buscaron e copiaron poemas escondidoa polo patio.....tamén houbo tempo para xogar con cordas, aros....A xincana foi todo un éxito!
Onte, visitou o noso cole o contacontos Iago López. Estivo co alumnado de 1º e 2º nivel contándolles o conto"AUGUSTA E OS SEUS MEDOS" que trata dunha nena chea de soños pero que é tan medosa que non logra que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, a que se rían dela, a probar cousas novas....Un día, cansa de sentirse así, pide axuda aos seus pais. A partires dese momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os medos é enfrontándose a eles.
Os nenos e nenas quedaron encantados con Iago, como se ve nas fotos:
Tamén estivo IAGO LÓPEZ co alumnado de 5º para contarlles o conto "TARZÁN DE GOMA" de Ole Lund kierkegaord.Tarzán de goma é a historia dun rapaz máis ben pequerrecho, esfameado, sen grandes músculos e poida que tampouco especialmente guapo. O seu verdadeiro nome é Iván Olsen aínda que todo o mundo lle chama Tarzán de goma. Como non é moi forte os outros rapaces sempre se meten con el, bótanlle auga nos pantalóns e péchano nos váteres da escola. Na escola Iván apaña malleiras e, na casa, o seu pai apréndelle que un rapaz ten que saber defenderse.
Pedimos a tódolos cursos do colexio que elaboraran unha lista de libros que lles gustaran dicindo o porqué e que os recomendaran aos compañeiros e compañeiras. Parécenos que o "boca a boca" é algo que acostuma a funcionar bastante ben . Bastantes dos libros que recomendan, xa os temos na biblioteca e os que non hai hanse comprar. Pensamos que esta iniciativa está empezando a ter éxito, xa que o alumnado empeza a preguntar...." Comprache o libro que recomendo? ou din na biblioteca:..."Hai o libro que recomenda tal ou cual compañeiro/a?"
O curso de1º A está de noraboa. Os nenos e nenas deste curso foron os que máis libros leron da biblioteca durante este curso. Xunto coa súa mestra Pili, baixaron á biblioteca tódolos martes da semana a realizar o intercambio de libros. Dende hai uns día e como xa son máis grandiños, baixan eles sos a traer e levar libros e ségueno a facer moitos/as!!
Como premio, por parte da biblioteca, recibiron un diploma e tamén acollerán durante uns día na súa aula á mascota da biblioteca. Isto último foi o que máis lles gustou!!
As primeiras mochilas viaxeiras xa empezan a voltar á biblioteca de onde sairon aló polo mes de outubro.
É o segundo curso que rodan por toda a Primaria e...estamos realmente encantados!! A acollida, a valoración por parte dos nenos e nenas e das familias non pode ser máis positiva. Isto anima ao equipo de biblioteca a seguir nesta liña o vindeiro curso.
Aquí tedes os comentarios sacados dos cadernos viaxeiros: