venres, 29 de maio de 2015

PARA QUE USAMOS AS MATEMÁTICAS EN MÚSICA?






EN MÚSICA TAMÉN USAMOS AS MATEMÁTICAS.
MIRADE COMO O EXPLICAN OS NENOS E NENAS DE 3º B NESTE VÍDEO:

luns, 25 de maio de 2015

PARA QUE SE USAN AS MATEMÁTICAS??


Cartel divulgativo deste curso 2014/2015 co lema: BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!! que publicou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).
Este cartel, pretende facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo. Busca tamén, espertar o interese polas matemáticas.

No noso centro, elaborouse por parte do equipo de biblioteca un traballo para facer ver ao alumnado a utilización das mátemáticas no día a día. 
Este é algún resultado:
PARA QUE USAMOS AS MATEMÁTICAS NA COCIÑA?



venres, 22 de maio de 2015

CONCERTO DE MÚSICA NO COLE!

Hoxe viñeron ao noso cole algúns dos profesores da Escola de Música de Burela para ofrecer a toda a Primaria e Infantil de 5 anos un pequeno concerto que entusiasmou ao alumnado. No último tema que interpretaron de Mozart, estiveron acompañados por nenos e nenas de 5º de primaria que son alumnos desta escola. 

Aquí tedes un pequeno resumo en vídeo e fotos do acontecido:



xoves, 21 de maio de 2015

MEU O MUNDO É! PACO NOGUEIRAS

O músico compostelán PACO NOGUEIRAS, publicou o seu primeiro traballo discográfico chamado BRINCA VAI! coa editorial Kalandraka. Son 12 cancións compostas e interpretadas por este autor.
Hoxe imos escoitar MEU O MUNDO É. A ver se vos gusta!!

AGORA CON LETRA PARA QUE A CANTEDES!! 
 https://youtu.be/HUYwcIYL4Fs

luns, 18 de maio de 2015

XINCANA DAS LETRAS 3º CICLO

Hoxe tocoulles aos de 3º ciclo desfrutar da xincana proposta polo equipo de Normalización para celebrar así o Día das Letras Galegas. Pasárono moi ben ao mesmo tempo que aprenderon: realizaron puzzles e actividades destinadas a coñecer o autor homenaxeado este ano, buscaron os nomes científicos de árbores que hai polo recinto escolar, buscaron os nomes das aulas, cantaron a rianxeira, buscaron e copiaron poemas escondidos polo patio...Unha experiencia nova e divertida!!!

sábado, 16 de maio de 2015

XINCANA DAS LETRAS 1º CICLO

O pasado venres ,día 15, celebramos no cole o día das Letras Galegas. Este ano fixémolo cunha xincana a proposta do equipo de Normalización Lingüística.
Para o 1º ciclo foi unha xincana cultural e tamén lúdica, pois os nenos e nenas desfrutaron traballando sobre o autor homenaxeado este ano, Filgueira Valverde, mediante realización de puzzles, sopas de letras, encrucillados sobre a súa biografía...buscaron polo patio nomes científicos de árbores, cantaron "A Rianxeira", buscaron e copiaron poemas escondidoa polo patio.....tamén houbo tempo para xogar con cordas, aros....A xincana foi todo un éxito!    



martes, 12 de maio de 2015

IAGO, O CONTACONTOS PARA 1º, 2º e 5º DE PRIMARIA


















Onte, visitou o noso cole o contacontos Iago López. Estivo co alumnado de 1º e 2º nivel contándolles o conto"AUGUSTA E OS SEUS MEDOS" que trata dunha nena chea de soños pero que é tan medosa que non logra que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, a que se rían dela, a probar cousas novas....Un día, cansa de sentirse así, pide axuda aos seus pais. A partires dese momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os  medos é enfrontándose a eles.

Os nenos e nenas quedaron encantados con Iago, como se ve nas fotos:





Tamén estivo IAGO LÓPEZ co alumnado de 5º para contarlles o conto "TARZÁN DE GOMA" de Ole Lund kierkegaord.Tarzán de goma é a historia dun rapaz máis ben pequerrecho, esfameado, sen grandes músculos e poida que tampouco especialmente guapo. O seu verdadeiro nome é Iván Olsen aínda que todo o mundo lle chama Tarzán de goma. Como non é moi forte os outros rapaces sempre se meten con el, bótanlle auga nos pantalóns e péchano nos váteres da escola. Na escola Iván apaña malleiras e, na casa, o seu pai apréndelle que un rapaz ten que saber defenderse.








LETRAS GALEGAS 2015


Para traballar sobre as Letras Galegas, tes aquí ACTIVIDADES
Autora: Concepción Arias Neira ( CEIP Plurilingüe A Magdalena- As Pontes) 

Actividades do SEMINARIO GALÁN. Pincha AQUÍ

martes, 5 de maio de 2015

LIBROS RECOMENDADOS POR 5º A

Pedimos a tódolos cursos do colexio que elaboraran unha lista de libros que lles gustaran dicindo o porqué e que os recomendaran aos compañeiros e compañeiras. Parécenos que o "boca a boca" é algo que acostuma a funcionar bastante ben . Bastantes dos libros que recomendan, xa os temos na biblioteca e os que non hai hanse comprar. Pensamos que esta iniciativa está empezando a ter éxito, xa que o alumnado empeza a preguntar...." Comprache o libro que recomendo? ou  din na biblioteca:..."Hai o libro que recomenda tal ou cual compañeiro/a?"

Esta é a lista que elaborou 5º A:

1ª A, DE NORABOA!!

O curso de 1º A está de noraboa. Os nenos e nenas deste curso foron os que máis libros leron da biblioteca durante este curso.  Xunto coa súa mestra Pili, baixaron á biblioteca tódolos martes da semana a realizar o intercambio de libros. Dende hai uns día e como xa son máis grandiños, baixan eles sos a traer e levar libros e ségueno a facer moitos/as!!
Como premio, por parte da biblioteca, recibiron un diploma e tamén acollerán durante uns día na súa aula á mascota da biblioteca. Isto último foi o que máis lles gustou!!










EMPEZAN A CHEGAR DE VOLTA AS MOCHILAS VIAXEIRAS



As primeiras mochilas viaxeiras xa empezan a voltar á biblioteca de onde sairon aló polo mes de outubro.
É o segundo curso que rodan por toda a Primaria e...estamos realmente encantados!! A acollida, a valoración por parte dos nenos e nenas e das familias non pode ser máis positiva. Isto anima ao equipo de biblioteca a seguir nesta liña o vindeiro curso.
Aquí tedes os comentarios sacados dos cadernos viaxeiros:
   

6ºB






5º B