Os nenos e nenas de 3ºB celebraron a SEMANA DA POESÍA da mellor maneira que se pode facer: recitando uns fermosos poemas en galego. Podes velo vídeo AQUÍ
Hoxe 21 de marzo celebramos o DÍA DA POESÍA. Con tal motivo elaboramos un caderniño con ideas e actividades por se pode servir de axuda para conmemorar esta data.
Aínda que o 21 de marzo, DÍA DA POESÍA, estabamos de vacacións de Semana Santa, non nos esquecemos á volta de celebrar esta data. E como? Pois fomos á biblioteca, escollemos libros de poesía de distintos autores/as tanto en galego como en castelán. Lemos algúns poemas e despois copiaron e debuxaron algúns.
O día 21 de marzo, celebramos o día da poesía. Nenos e nenas de 6º A recitaron poemas, no exterior do colexio, a maioría deles. Esta actividade foi promovida pola coordenadora de Normalización Lingüística. Así quedou: