luns, 30 de maio de 2011

LETRAS GALEGAS 2011

O pasado venres, día 27, celebramos o Día das Letras Galegas cun pouco de retraso por diversos motivos. Houbo semblanzas do poeta homenaxeado este ano, LOIS PEREIRO, recitado de poemas, contos musicais, música e unha obra de teatro: "Restaurante Farruco" interpretado polos alumnos e alumnas de 6º.

venres, 27 de maio de 2011

AXENDA 21: XUNTANZA EN XERMADE

O pasado luns, día 23, tivo lugar en Xermade un encontro de zona dos centros que participamos na Axenda 21: CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo, CEIP de Castroverde, CEIP de Xermade e CEIP Virxe do Carme de Burela. Cada centro presentou o traballo realizado neste curso. O noso centro traballou nun proxecto sobre as árbores do colexio
Os nenos participaron en diversas actividades para promover unha alimentación saudable; tamén houbo xincanas, talleres e    contacontos con Anxo Moure .
Foi unha xornada na que os nenos e nenas pasárono moi ben aprendendo cousas novas e compartindo experiencias con alumnos doutros centros.



domingo, 15 de maio de 2011

SALVANDO LIBROS

Ao longo deste mes do Libro e das Letras as Bibliotecas Escolares fixeron un traballo conxunto partindo da idea: Que libro da literatura galega salvarías ti, se ocorrese o que nos conta a novela Fahrenheit451?
Tratábase de salvar un libro en lingua galega.
Jaime Eizaguirre Santillán foi quen deseñou os cartaces que serven de soporte á actividade e  Mª Dolores e Sabela  foron as encargadas de coordinar e dar forma á esta actividade conxunta, conseguindo este espléndido traballo polo que lles damos as grazas. Podedes ver aquí os libros salvados de  Primaria e de E. Infantil.









martes, 10 de maio de 2011

17 de maio: LETRAS GALEGAS: LOIS PEREIRO

RECOMPILACIÓN DE ACTIVIDADES
A Coordinadora Galega de ENDL achéganos unha recompilación de actividades para todos os ciclos arredor da figura de Lois Pereiro, poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

As actividades son autoría dos equipos de Dinamización da Lingua Galega ou de Biblioteca de moitos centros.

AQUÍ TEDES UN ENLACE e tamén hai actividades no lateral do Blog.
PRESENTACIÓN DE LOIS PEREIRO
(Realizada polo CEIP "Castro de Ouro" de Alfoz)

mércores, 4 de maio de 2011

VIDEO SOBRE AS XORNADAS PLAMBE

Velaquí un vídeo resume dos Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares 2010/2011, que tiveron lugar en Santiago de Compostela os pasados 7 e 8 de abril, coa asistencia dos responsables das 374 bibliotecas integradas no presente curso neste programa da Consellería de Educación.

-------------------------------