luns, 27 de marzo de 2017

DONACIÓN DE LIBROS

Carmela, alumna de 3º A, quixo donar outro libro para a biblioteca do centro.
Neste caso trátase de "UN PRINGAO TOTAL" que corresponde ao nº 1 da  colección DIARIO DE GREG.
Moitas grazas, Carmela!


domingo, 26 de marzo de 2017

3º NIVEL NA RADIO

Este curso, o alumnado de 3º nivel estamos a colaborar con Proxecto Neo do IES Perdouro a través de Radio Burela.
Neste caso, escoitamos aos nenos e nenas de 3ºB recitando poemas para celebrar o Día da Poesía.
Aparecen no minuto 35

venres, 24 de marzo de 2017

ANTÍA YÁÑEZ NO NOSO COLE

Hoxe tivemos a visita de Antía Yáñez Rodríguez que con só 25 anos xa publicou o seu primeiro libro e hoxe veuno presentar ao noso colexio, que foi onde ela estudou E. Infantil e Primaria.
O libro leva por título O misterio de Portomarín e Antía faloulles del aos nenos e nenas invitándoos a descubrir o que pasa no libro mediante un xogo. 
Faloulles ademais da vila de Portomarín e dos motivos que a levaron a inspirar a historia do libro nesta vila lucense.
Antía díxonos que lle facía moita ilusión volver ao cole onde estudou e a nós fíxonos tamén ilusión que viñese!!
Moitas grazas


Antía co alumnado de 6º nivel



Firmando libros

SEMANA DA POESÍA

Os nenos e nenas de 3ºB celebraron a SEMANA DA POESÍA da mellor maneira que se pode facer: recitando uns fermosos poemas en galego. 
Podes velo vídeo AQUÍ

martes, 21 de marzo de 2017

SEMANA DA POESÍA

Hoxe 21 de marzo celebramos o DÍA DA POESÍA. Con tal motivo elaboramos un caderniño con ideas e actividades por se pode servir de axuda para conmemorar esta data.

sábado, 4 de marzo de 2017

LIBROS NOVOS


OS NOVOS LIBROS DOS BOLECHAS:

"Os Bolechas van en carriño"












 "Os Bolechas ven unha moura"



¿Dónde está Wally? 

(Tres libriños en formato pequeno con lupa)



"EL GRÚFALO" 

(Aclamado libro que encanta aos máis pequenos)
(O libro dos Bolechas adicado ao seu can:Chispa)
-------------------------------