Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA PAZ b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA PAZ b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 30 de xaneiro de 2020
martes, 30 de xaneiro de 2018
martes, 16 de xaneiro de 2018
OS REFUXIADOS DE SIRIA
Achégase o DÍA DA PAZ (30 de xaneiro) e dende a biblioteca pensamos que este ano podemos adicalo a falar, entre outras cousas, do tema dos refuxiados sirios.
O alumnado no pode vivir nunha burbulla sen que a realidade lles afecte. Teñen que coñecer tamén, para saber o privilexiados que son, o lado menos amable da vida.
Aos nenos/as hai que darlles ferramentas e explicacións axeitadas á súa idade para que entendan e saquen as súas propias conclusións.
Para información e diferenciar entre refuxiado/a e emigrante con actividades didácticas, pincha AQUÍ
VÍDEOS moi interesantes:
O
Os libros ¡AMIGO MÍO! de Open Cultural Center e EL VIAJE de Fracesca Sanna narran o tema dos refuxiados dende distintos puntos de vista.
O libro ¡AMIGO MÍO! está escrito e debuxado por nenos que narran a súa historia persoal, como era a súa vida en Siria antes e despois da guerra, a viaxe a Europa, a vida no campo de Grecia e o futuro.
Este libro é unha ferramenta de sensibilación para a población e pode usarse na aula como recurso para traballar a tolerancia, a inclusión e o respecto.
EL VIAJE é un libro ilustrado que narra a fuxida dunha familia da guerra. Cosigueu o premio da Sociedade de Ilustradores de Nueva York.
A pesares da dureza dalgúns momentos, o conto remata cunha mensaxe de esperanza.
luns, 30 de xaneiro de 2017
DÍA DA PAZ
Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ. Fixémolo de xeito musical. Neste vídeo podese ver algo das cancións que os nenos/as interpretaron.
luns, 1 de febreiro de 2016
CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
O pasado venres celebramos no cole o DÍA DA PAZ. Fixémolo de xeito moi musical. Os nenos e nenas cantaron cancións relacionadas coa Paz. Aquí tedes un vídeo de mostra:
luns, 25 de xaneiro de 2016
TRABALLOS POLA PAZ
No noso cole empezamos xa a realizar actividades para commemorar o Día da Paz. Son traballos de aula que o alumnado vai facendo en espera do próximo venres no que xa celebraremos conxuntamente un festival musical.
Aquí tedes os primeiros traballos:
INGLÉS:
PAZ 2016 - Kizoa Movie Maker
Os nenos e nenas de 4º, leron fragmentos de libros onde se fala de países en guerra, da fuxida deses países buscando unha vida mellor, da importancia da paz...

venres, 22 de xaneiro de 2016
A PAZ E OS REFUXIADOS
Nestes días que estamos a commemorar o Día da Paz, no podemos deixar de recordar o drama que están a vivir milleiros de persoas como consecuencia das guerras que asolan os seus países: trátase dos refuxiados. Xente de tódalas idades que teñen que abandonar a súa patria vítimas da fame, da miseria...da guerra.
IMAXES PARA REFLEXIONAR
VÍDEOS ONDE SE OBSERVA O DRAMA QUE VIVEN:
mércores, 20 de xaneiro de 2016
SADAKO Y LAS MIL GRULLAS DE PAPEL
O 6 de agosto de 1945, Estados Unidos tirou a bomba atómica sobre Xapón. En poucos minutos máis de 200. 000 persoas morreron a causa da explosión.
Sadako Sasasi tiña pouco máis de dous anos cando a bomba caeu na súa cidade, Hiroshima. Ela era unha nena feliz e enérxica e parecía que a bomba non lle afectara,pero nove anos despois enfemou de leucemia, enfermidade causada pola irradiación da bomba.
Cando estaba no hospital, unha amiga tróuxolle unha grulla de papel. Os xaponeses cren que a grulla vive mil anos e que se unha persoa enferma fai mil grullas de papel, a súa saúde mellorará. Isto aumentou a esperanza de Sadako e púxose a facer grullas de papel con moito entusiasmo.
Sen embargo ela morreu en outubro de 1955 despois de facer 644 grullas de papel.
Coa esperanza de que se poideran evitar as guerras no futuro,os nenos/as xuntaron diñeiro para construir un monumento a Sadako e ás grullas.
Agora hai unha estatua dunha nena sostendo unha grulla no Parque da Paz en Hiroshima.
Sadako e as grullas considéranse hoxe un símbolo de Paz.
Aquí tedes un vídeo coa historia de Sadako:
luns, 18 de xaneiro de 2016
venres, 30 de xaneiro de 2015
DÍA DA PAZ
Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos no cole o día da Paz . Ao longo da semana adornamos os pasillos e portas con traballos plásticos sobre este tema, traballamos sobre Malala Yousafzai, premio Nobel da Paz 2014, cantamos temas axeitados para a ocasión, elaboramos mensaxes de Paz...
Cantando co profe de música:
Os nenos/as de 6º leron o poema anónimo "La piedra" e elaboraron poemas e frases sobre a Paz:
O noso proxecto deste ano trata sobre árbores galegas, hoxe echéronse de mensaxes de Paz:
Máis traballos plásticos :
Proxectamos unha presentación sobre Malala Yousafzai:
Visionamos cancións sobre a Paz:
Cantamos cancións relacionadas coa Paz, co profe de música:
mércores, 28 de xaneiro de 2015
MALALA YOUSAFZAI e KAILASH SATYARTHI
La paquistaní Malala Yousafzai, la joven a la que los talibanes dispararon a la cabeza en 2012 por defender la escolarización de las mujeres, y el activista indio Kailash Satyarthi han sido galardonados con el Nobel de la Paz 2014 "por su lucha contra la opresión de los niños y los jóvenes y por el derecho de todos los niños a la educación"
domingo, 25 de xaneiro de 2015
VÍDEOS DÍA DA PAZ
luns, 20 de xaneiro de 2014
TRABALLAMOS A PAZ
NESTE ENLACE PODEREDES ATOPAR RECURSOS PARA TRABALLAR "A PAZ" elaborados pola Biblioteca Mestres Goldar
Aquí temos un fermoso traballo realizado polo CEIP Andrade de Pontedeume que nos achega á figura de Nelson Mandela.
Agora podedes respoder ao cuestionario
O CEIP Milladoiro realizou este fermoso audiovisual:
Aquí temos un fermoso traballo realizado polo CEIP Andrade de Pontedeume que nos achega á figura de Nelson Mandela.
Agora podedes respoder ao cuestionario
O CEIP Milladoiro realizou este fermoso audiovisual:
mércores, 30 de xaneiro de 2013
30 de xaneiro: DÍA DA PAZ
Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ coas seguintes actividades:
Ás 12, no pavillón do colexio todo o alumnado de Primaria formou as letras de PAZ, de seguido cada nivel cantou a súa canción da PAZ. Posteriormente os nenos e nenas de sexto interpretaron unha obra de teatro, "As bombas e o xeneral"
O alumnado de E. Infantil, no seu patio, tamén cantou collidos das mans e formando círculos concéntricos.
Durante esta semana traballouse nas aulas sobre o tema e se fixo unha recomendación de lecturas.
mércores, 16 de xaneiro de 2013
30 de xaneiro: DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA
O vindeiro día 30 celebramos o DÍA da PAZ. Por iso imos escoitando e vendo este video.
Este ano imos cantar varias cancións relacionadas coa PAZ e esta é unha delas.
Este ano imos cantar varias cancións relacionadas coa PAZ e esta é unha delas.
domingo, 22 de xaneiro de 2012
DÍA DA PAZ
Como sabedes o día 30 de xaneiro celébrase o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA para conmemorar a morte de Mahatma Gandhi.Na seguinte ligazón atoparedes unha recompilación de páxinas con información, actividades e recursos para traballar nas aulas. mércores, 11 de xaneiro de 2012
DÍA DA PAZ: 30 de Xaneiro
Imos preparando pouco a pouco o Día da Paz.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




































