Amosando publicacións coa etiqueta ANIMACIÓNS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANIMACIÓNS b>. Amosar todas as publicacións
luns, 6 de maio de 2019
mércores, 6 de xuño de 2018
IAGO LÓPEZ NO NOSO COLE
A semana pasada visitounos o contacontos e escritor Iago López. Contou un conto de Mª Victoria Moreno para o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria. O conto é do libro "Eu conto, ti cantas" e chamáse "Can branco, can negro".
Coma sempre, Iago encantoulles aos nenos e nenas!!
venres, 2 de xuño de 2017
ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria tiveron onte, xoves, unha visita moi esperada: a da escritora viguesa Ledicia Costas, autora, entre outros, do libro que tiveron que ler este curso"Escarlatina, a cociñeira defunta".
Ledicia, contestou a tódalas preguntas que os rapaces e rapaces lle formularon.
Foi un luxo e un orgullo ter con nós a esta escritora. Unha das máis premiadas e aclamadas da actual literatura infantil en Galicia.
venres, 28 de abril de 2017
IAGO LÓPEZ
Hoxe visitou o noso cole o contacontos e autor do libro "O cociñeiro Martiño" Iago López, que fixo as delicias do público de Infantil e de 1ºe 2º de Primaria.
Iago realizou unha actividade moi dinámica e participativa coa que o alumnado se implicou moitísimo. Pasárono en grande!!
venres, 24 de marzo de 2017
ANTÍA YÁÑEZ NO NOSO COLE
Hoxe tivemos a visita de Antía Yáñez Rodríguez que con só 25 anos xa publicou o seu primeiro libro e hoxe veuno presentar ao noso colexio, que foi onde ela estudou E. Infantil e Primaria.
O libro leva por título O misterio de Portomarín e Antía faloulles del aos nenos e nenas invitándoos a descubrir o que pasa no libro mediante un xogo.
Faloulles ademais da vila de Portomarín e dos motivos que a levaron a inspirar a historia do libro nesta vila lucense.
Antía díxonos que lle facía moita ilusión volver ao cole onde estudou e a nós fíxonos tamén ilusión que viñese!!
Moitas grazas
| Antía co alumnado de 6º nivel |
| Firmando libros |
xoves, 24 de novembro de 2016
ESTEFANÍA PADULLÉS CON E. INFANTIL E 1º NIVEL
Onte tivemos á escritora e ilustradora ESTEFANÍA PADULLÉS para contar o conto O DESEXO DO GATO KLOPS aos nenos e nenas de E. Infantil e 1º nivel de Primaria. Un conto precioso e con mensaxe!!
Mirade que gato tan guapo lle regalaron os nenos e nenas de 1º!!mércores, 23 de novembro de 2016
COMO SE FAI UN LIBRO?
sábado, 16 de abril de 2016
VISITA DO ESCRITOR ALFREDO GÓMEZ CERDÁ
O pasado xoves visitoumos o escritor ALFREDO GÓMEZ CERDÁ . Os nenos/as de 3º, 4º e 5º leran o seu libro APARECIÓ EN MI VENTANA do que el falou ademais de contarnos moitas cousas da súa vida de escritor e responder a moitas preguntas dos nenos e nenas.
Ao remate, firmoulles libros a algúns nenos e tamén nos murais que fixeran, así como no libro de firmas da bioblioteca.
Aquí queda a mostra fotográfica do acontecido:
MURAL SOBRE O ESCRITOR:
O ESCRITOR:
OS NENOS PARTICIPANDO:
OS MUKUSULUBAS (personaxe imaxinario do libro) debuxados polos nenos:
O ESCRITOR FIRMANDO LIBROS:
martes, 12 de maio de 2015
IAGO, O CONTACONTOS PARA 1º, 2º e 5º DE PRIMARIA


Onte, visitou o noso cole o contacontos Iago López. Estivo co alumnado de 1º e 2º nivel contándolles o conto"AUGUSTA E OS SEUS MEDOS" que trata dunha nena chea de soños pero que é tan medosa que non logra que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, a que se rían dela, a probar cousas novas....Un día, cansa de sentirse así, pide axuda aos seus pais. A partires dese momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os medos é enfrontándose a eles.
Os nenos e nenas quedaron encantados con Iago, como se ve nas fotos:
Tamén estivo IAGO LÓPEZ co alumnado de 5º para contarlles o conto "TARZÁN DE GOMA" de Ole Lund kierkegaord.Tarzán de goma é a historia dun rapaz máis ben pequerrecho, esfameado, sen grandes músculos e poida que tampouco especialmente guapo. O seu verdadeiro nome é Iván Olsen aínda que todo o mundo lle chama Tarzán de goma. Como non é moi forte os outros rapaces sempre se meten con el, bótanlle auga nos pantalóns e péchano nos váteres da escola. Na escola Iván apaña malleiras e, na casa, o seu pai apréndelle que un rapaz ten que saber defenderse.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
























