domingo, 18 de decembro de 2011
LECTURAS PARA O NADAL
sábado, 26 de novembro de 2011
NADAL 2011
Aquí tedes unha escolma de actividades, contos, refráns e recursos de todo tipo para traballar o Nadal galego neste curso. Están recollidos pola Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística. Esperamos que vos axuden. Para velos, premede na imaxe da parte inferior.
Este é un LIM sobre o Apalpador:
http://dl.dropbox.com/u/50994681/apalpador.html
venres, 25 de novembro de 2011
6 de DECEMBRO: DÍA DA CONSTITUCIÓN
Como todos sabedes o día 6 de decembro é o DIA da CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA. Para poder coñecela, aquí hai unha páxina con moitos recursos que foi elaborada polo CEIP. MIlladoiro de Malpica de Bergantiños.
Máis enlaces para traballar a Constitución, o Estatuto e os Dereitos Humanos.
25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
domingo, 20 de novembro de 2011
BIBLIOTECAS ESCOLARES
Este vídeo foi rodado en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares de diferentes recunchos de Galicia, e presentouse no Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Compostela os días 10, 11 e 12 de novembro, organizado pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación.
As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día.
As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día.
martes, 15 de novembro de 2011
TEMPO DE OUTONO: MAGOSTO
Neste enlace de "O Recanto de Mik" hai moitos recursos para traballar o Outono e desde o CEIP ESTEIRO de (FERROL) unha fermosa presentación de refráns.
martes, 18 de outubro de 2011
OUTROS PAÍSES, OUTRAS CULTURAS
Este ano o tema que imos a traballar no cole desde a biblioteca é a INTERCULTURALIDADE. Escollimos este tema porque queremos coñecer os países, as costumes e as culturas dos nenos e nenas doutros países que están aquí con nós.
xoves, 13 de outubro de 2011
SAMAÍN
Xa está ás portas o Samaín e Hallowen, aquí tedes moitos recursos para estas datas. Próximamente vos iremos propoñendo outras actividades para realizar nestas datas.
mércores, 21 de setembro de 2011
luns, 5 de setembro de 2011
domingo, 10 de xullo de 2011
RECURSOS WEB PARA O VERÁN
Para ler contos e xogar:
venres, 8 de xullo de 2011
FIN DE CURSO
O pasado día 22 de xuño celebramos o fin de curso con varias actividades: teatro con dúas obras, unha representada polos alumnos de 6º de Educación Infantil,"O Cogumelo" e outra, "A illa do tesouro", polos alumnos de 5ºA de Primaria. Tamén houbo bailes, xogos... Pasámolo xenial. Aquí tedes algunhas imaxes destas actividades.
FELICES VACACIÓNS
sábado, 18 de xuño de 2011
GUÍA DE LECTURAS VERÁN 2011
Como o verán e as VACACIÓNS xa están ás portas e chega o tempo de lecer para facer castelos de area, xogar na praia, saír de excursión, de andar coas bicis, de ir ás festas... E tempo de AVENTURAS e tamén, como non, de boas LECTURAS.
Por iso aquí tedes as nosas recomendacións para o verán que convidan a facer voar a nosa imaxinación e convertirnos en protagonistas de todo tipo de viaxes, misterios e aventuras.
xoves, 9 de xuño de 2011
VISITA DUN MARIÑEIRO e EXPOSICIÓN DE COUSAS DO MAR
Continuando co proxecto do MAR, o pasado día 7 de xuño tivemos a honra de ter con nós a Balbino, un mariñeiro xubilado que veu a contarnos como é a pesca do bonito, dende que el empezou a ir ao mar (cando tiña uns dezaseis anos) ata agora. Tamén viu a "Exposición de cousas do mar" e nos explicou algo sobre elas.
luns, 30 de maio de 2011
LETRAS GALEGAS 2011
O pasado venres, día 27, celebramos o Día das Letras Galegas cun pouco de retraso por diversos motivos. Houbo semblanzas do poeta homenaxeado este ano, LOIS PEREIRO, recitado de poemas, contos musicais, música e unha obra de teatro: "Restaurante Farruco" interpretado polos alumnos e alumnas de 6º.
venres, 27 de maio de 2011
AXENDA 21: XUNTANZA EN XERMADE
O pasado luns, día 23, tivo lugar en Xermade un encontro de zona dos centros que participamos na Axenda 21: CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo, CEIP de Castroverde, CEIP de Xermade e CEIP Virxe do Carme de Burela. Cada centro presentou o traballo realizado neste curso. O noso centro traballou nun proxecto sobre as árbores do colexio.
Os nenos participaron en diversas actividades para promover unha alimentación saudable; tamén houbo xincanas, talleres e contacontos con Anxo Moure .
Foi unha xornada na que os nenos e nenas pasárono moi ben aprendendo cousas novas e compartindo experiencias con alumnos doutros centros.
domingo, 15 de maio de 2011
SALVANDO LIBROS
Ao longo deste mes do Libro e das Letras as Bibliotecas Escolares fixeron un traballo conxunto partindo da idea: Que libro da literatura galega salvarías ti, se ocorrese o que nos conta a novela Fahrenheit451?
Tratábase de salvar un libro en lingua galega.
Jaime Eizaguirre Santillán foi quen deseñou os cartaces que serven de soporte á actividade e Mª Dolores e Sabela foron as encargadas de coordinar e dar forma á esta actividade conxunta, conseguindo este espléndido traballo polo que lles damos as grazas. Podedes ver aquí os libros salvados de Primaria e de E. Infantil.
Tratábase de salvar un libro en lingua galega.
Jaime Eizaguirre Santillán foi quen deseñou os cartaces que serven de soporte á actividade e Mª Dolores e Sabela foron as encargadas de coordinar e dar forma á esta actividade conxunta, conseguindo este espléndido traballo polo que lles damos as grazas. Podedes ver aquí os libros salvados de Primaria e de E. Infantil.
Etiquetas:
ACTIVIDADES COLE DÍA DO LIBRO
martes, 10 de maio de 2011
17 de maio: LETRAS GALEGAS: LOIS PEREIRO
RECOMPILACIÓN DE ACTIVIDADES
A Coordinadora Galega de ENDL achéganos unha recompilación de actividades para todos os ciclos arredor da figura de Lois Pereiro, poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
As actividades son autoría dos equipos de Dinamización da Lingua Galega ou de Biblioteca de moitos centros.
AQUÍ TEDES UN ENLACE e tamén hai actividades no lateral do Blog.
PRESENTACIÓN DE LOIS PEREIRO
(Realizada polo CEIP "Castro de Ouro" de Alfoz)
(Realizada polo CEIP "Castro de Ouro" de Alfoz)
mércores, 4 de maio de 2011
VIDEO SOBRE AS XORNADAS PLAMBE
Velaquí un vídeo resume dos Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares 2010/2011, que tiveron lugar en Santiago de Compostela os pasados 7 e 8 de abril, coa asistencia dos responsables das 374 bibliotecas integradas no presente curso neste programa da Consellería de Educación.
xoves, 28 de abril de 2011
HOXE ESTIVEMOS CON XOSÉ MIRANDA
Entre as actividades programadas para a celebración do Día do Libro e das Letras Galegas estaba a visita dun escritor; por iso, hoxe estivo cos nenos e nenas de 4º e 5º de Primaria Xosé Miranda. Foi unha sesión moi animada na que o autor contou moitas e divertidas historias e os nenos e nenas fixéronlle moitas preguntas.
domingo, 10 de abril de 2011
VISITAMOS SANTIAGO DE COMPOSTELA
Os alumnos e alumnas de 5º viaxaron a Santiago de Compostela o pasado día 6 de abril. Visitaron o Parlamento de Galicia, fixeron un percorrido polas rúas de Santiago ata a catedral e pola tarde, foron ao MUPEGA (Museo pedagóxico de Galicia). Foi unha viaxe moi interesante, pasárono moi ben e aprendenderon moitas cousas.
ENCONTROS PLAMBE EN SANTIAGO
A xuntanza de coordinadores de bibliotecas escolares que tivo lugar en Santiago o pasado venres día 8, foi moi positiva polo intercambio de experiencias, polas aportacións dos ponentes, polo bo ambiente entre os asistentes e, sobre todo, foi un placer escoitar a
D. Xosé Neira Vilas, que fixo unha lembranza da súa nenez, da emigración, da súa vida... destacando as súas experiencias como lector-escritor e facéndonos recordar a figura de Balbino, protagonista de "Memorias dun neno labrego", do que se está a celebrar os cincoenta anos da súa publicación.
xoves, 7 de abril de 2011
XORNADAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Mañá, venres día 8, no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela terá lugar os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, nos que participaremos os responsables das 374 bibliotecas integradas neste programa.
Este Plan iniciouse en 2005 e nós participamos desde 2010.
Nesta xuntanza falarase de lectura, poesía, banda deseñada... e compartiremos experiencias con outros centros para mellorar a competencia lectora.
Pódense seguir as sesións plenarias en directo a través da páxina da Asesoría de bibliotecas escolares de Galicia.
luns, 28 de marzo de 2011
2 DE ABRIL: Día INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Nesta data conmemórase o día do LIbro Infantil porque foi a do nacemento de Hans Christian Andersen, autor de moitos contos infantís coma: "O parrulo feo", "La sirenita", "Las zapatillas rojas"...
Aquí podes ver e escoitar un dos seus contos: "Los cisnes salvajes"
Aquí podes ver e escoitar un dos seus contos: "Los cisnes salvajes"
sábado, 19 de marzo de 2011
21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA
O luns, día 21 de marzo conmemorase o DÍA DA POESÍA
Para poder traballar nesta data tan significativa presentamos estas obras:
E tamén o DÍA da ÁRBORE.
Xa sabemos que no noso cole temos árbores moi variadas e bonitas. Este ano decidimos apadriñar cada clase a unha árbore. Tamén podedes ver este videoconto:
Para poder traballar nesta data tan significativa presentamos estas obras:
Fafarraios de Gloria Sánchez
Conxunto de 33 poemas cun denominador común:a comunicación cos primeiros lectores a partir do xogo.
O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras, ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O libro vai acompañado dun CD con seis cancións con música de Xurxo Souto.
Sí, poesía de Gloria Sánchez, editorial Alfaguara, que recolle doce divertidos poemas que convidan a xogar co son, os significados e o ritmo.
E tamén o DÍA da ÁRBORE.
Xa sabemos que no noso cole temos árbores moi variadas e bonitas. Este ano decidimos apadriñar cada clase a unha árbore. Tamén podedes ver este videoconto:
martes, 15 de marzo de 2011
ANIMACIÓN Á LECTURA
O pasado 3 de marzo os nenos e nenas de E. Infantil estiveron moi animados porque os contacontos da Editorial Kalandraka viñeron a contarlles varios contos acompañados pola música dun acordeón.
Foi unha actividade fantástica na que disfrutaron moito coa animación.
domingo, 13 de marzo de 2011
xoves, 10 de marzo de 2011
SEMANA DA PRENSA. RECURSOS
Aquí podedes atopar recursos para traballar coa prensa.
venres, 4 de marzo de 2011
UN ENTROIDO MOI MARIÑO
Despois de dúas semanas de bastante traballo, algo de desorde e moita decoración, hoxe, por fin, celebramos o entroido no noso cole. Como estamos traballando sobre o MAR, cada ciclo escolleu un tema relacionado co proxecto:
Os nenos e nenas de E. Infantil foron disfrazados de barcos, submarinos e mariñeiros.
No 1º Ciclo de personaxes animados da serie “Bob Esponja”.
En 2º e 3º Ciclos de animais mariños: os de 3º de peixes, os de 4º de vieiras e cabaliños de mar, os de 5º de polbos e estrelas e os de 6º de bonitos e percebes. Foi un desfile moi bonito. E para rematar comimos postres típicos do Entroido nas aulas.
xoves, 24 de febreiro de 2011
Benvidos á Biblioteca da tartaruga Carmiña
Este é o novo blog da biblioteca do cole.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)