O día 21 de marzo, celebramos o día da poesía. Nenos e nenas de 6º A recitaron poemas, no exterior do colexio, a maioría deles. Esta actividade foi promovida pola coordenadora de Normalización Lingüística. Así quedou:
venres, 27 de marzo de 2015
martes, 24 de marzo de 2015
luns, 23 de marzo de 2015
ÁRBORES E ARBUSTOS DE GALICIA
Aquí tedes unhas actividades LIM elaboradas no CEIP de Frian- Teis super interesantes para que coñezades máis dalgunhas árbores e arbustos nos que andamos a traballar este curso.
Pincha aquí:
venres, 6 de marzo de 2015
MARÍA REIMÓNDEZ, NO NOSO COLE.
Esta semana, a escritora lucense María Reimóndez visitou o noso cole para manter unha charla sobre o seu libro "Lía e as zapatillas de deporte" cos nenos e nenas de 6º nivel.
Os alumnos e alumnas xa leran este libro que narra unha historia triste. Trátase dunha novela que convida a reflexionar sobre a responsabilidade que temos en colaborar para facer un mundo máis xusto.
xoves, 5 de marzo de 2015
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora. Este día conmemórase a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e no seu sesenvolvemento íntegro como persoa en pé de igualdade co home.
Ao longo da historia, as mulleres tiveron moitas dificultades para irse incorporando ás distintas áreas do coñecemento, polo que pensamos que hai poñer en valor a estas mulleres que, a pesares de vivir en épocas moi difíciles para elas, foron capaces de acadar arduas metas e de elevar así ao resto do seu xénero.
Dende a biblioteca do centro, propoñemos un traballo titulado "8 importantes mulleres galegas". Son oito mulleres de Galicia, a maioría case descoñecidas, que lles tocou loitar moi duro na época que viviron para poder estudar e traballar no que elas querían. Son mestras, pintoras, médicas, pianistas.....mulleres que hai que dar a coñecer para que acaden o mérito que lles corresponde.
Trátase dunhas diapositivas para presentar ao alumnado e a partires delas, realizar as actividades que cada mestre crea convinte.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)