Pois ben, o alumnado de Primeiro crearon varios pratos do 'bo comer' empregando alimentos populares de GHANA e POLONIA. Aquí tedes uns exemplos:
sábado, 23 de maio de 2026
PRATO DO BO COMER
sábado, 16 de maio de 2026
A NOSA BIBLIO AO EMPEZAR O CURSO E ARRANCANDO O NOSO PDI 'BURELA SEN FRONTEIRAS'
A NOSA BIBLIO AO EMPEZAR O CURSO E ARRANCANDO O NOSO PDI 'BURELA SEN FRONTEIRAS'
Así era o aspecto da nosa biblioteca escolar ao empezar o curso e cando xa estabamos a preparar expositores e fondos para o noso novo PDI 'Burela sen fronteiras'. Este PDI terá unha duración de dous cursos escolares e neste primeiro traballaremos seis países: España, Ghana, Indonesia, Perú, Polonia e Cabo Verde.
A nosa biblio transformouse bastante durante este curso polo que este aspecto foi cambiando significativamente a medida que foron pasando os meses.
domingo, 23 de novembro de 2025
NOVO CURSO ESCOLAR
Xa estamos enfrascados de cheo nunha nova aventura para este curso escolar 2025-2026 e dende aquí iremos compartindo coa nosa comunidade moitas das actividades e propostas nas que iremos traballando.
venres, 20 de xuño de 2025
Carmiña, Bonitiño e Clink visitan Viladonga.
domingo, 8 de xuño de 2025
COMO É POSIBLE QUE... LOGRÁSEMOS FACER ESTE PROXECTO TAN CHULO?
Como é posible que lográsemos facer este proxecto tan chulo? Pois con moito traballo, esforzo e ilusión. Moitas grazas nenos e nenas do cole dos castros, plantilla de mestres e familias 💖
Aquí podedes ver os enlaces aos vídeos de cada aula. https://padlet.com/estherbasanta/como-posible-que-m65wv4mk0yt1p05o
Recordade que tamén os podedes ver na nosa conta de Instagram
A NOSA EXPO
Como produto final do noso PDI 'Os Castros, un nome misterioso' abrimos unha exposición na Casa da Cultura de Burela do 12 ao 18 de maio, onde puidéstedes disfrutar de moitos dos nosos traballos e do resultado das nosas investigacións cos vídeos de 'Como é posible que..?. preparando a expo
Grazas alumnado e mestres por todo este traballo e cariño por un proxecto común, e tamén a tódalas persoas que se achegaron a velo e nos trasladaron palabras moi agarimosas.
sábado, 7 de xuño de 2025
A NOSA BIBLIO VÍSTESE DE CASTREXA.
Ao longo do curso fumos incorporando elementos decorativos castrexos que ambientaron a nosa biblioteca escolar, contaxiando tamén a aula Polos Creativos. Pasados os meses, podemos dicir que todo o colexio se vestiu de castrexo, alta costura!
Podedes ver o bonito que puxemos o cole aquí un cole castrexo
CAMBIAMOS DE NOME
Dende o 28 de marzo de este ano o noso cole, o CEIPP Virxe do Carme pasa a denominarse CEIPP Os Castros, tal e como se lle chama na vila dende sempre. E estreamos logo!
PRENSA E POESÍA.
Este curso decidimos adicar o día da poesía a estudar acrósticos. Así que tódalas aulas sen excepción e tomando como referencia 'Os Castros' traballou a poesía. Quedaron uns acrósticos moi orixinais que máis adiante pasamos a táboas de madeira coa nosa cortadora láser da aula de Polos Creativos. Estas táboas formaron parte da exposición artística que realizamos no mes de maio na Casa da Cultura de Burela e que abriu ao público parte do noso traballo realizado dende o PDI 'Os Castros, un nome misterioso'
A semana da prensa no noso cole adicouse a preparar un resumo do noso traballo de investigación sobre a nosa liña de traballo escollida dentro do PDI. Cada aula preparou unha explicación do 'Como é posible que..? para publicar no noso xornal, o NORDÉS.
CONCURSO QUE ÁRBORE É?
O alumnado do noso centro participou no concurso 'Que árbore é?' organizado por @gaia_concello_de_burela con motivo da celebración do día dos bosques.
Moitos parabéns para a aula de 5ºA que resultou gañadora do concurso. O alumnado recibiu con moita ilusión o seu diploma e logo prantaron unha nova árbore no noso patio, un carballo.
A aula escolleu esta árbore por estar relacionada co noso proxecto 'Os Castros, un nome misterioso', pois sabemos da presenza de carballos na etapa castrexa e tamén que empregaban as landras para elaborar fariñas.
O alumnado da aula percorreu tódalas aulas do cole para explicar a súa decisión ao resto das compañeiras e compañeiros do cole.
EXPOSICIÓNS ITINERANTES DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO.
Solicitamos
ao Museo Provincial de Lugo dúas exposicións itinerantes para seguir investigando
dentro do PDI e para poder compartir coa comunidade educativa o noso centro de
interese na investigación deste curso. Unha exposición sobre o ‘Castro de Sta.
Mª de Cervantes, Lugo’ e outra sobre ‘A colección de ourivería antiga do Museo
Provincial de Lugo’. De novo modificamos o espazo da nosa biblio para poder ubicalas e empregamos tamén o corredor anexo do edificio 2. Estas exposición estiveron abertas en horario de mañá para
o alumnado e en horario de tarde para as familias e outros membros da
comunidade.
Queremos dar grazas ás familias que se visitaron as exposicións e tamén aos participantes dos 'paseos saudables' que se organiza a Mesa para a saúde de Burela e ao alumnado de 1º de BAC do IES Monte Castelo que tamén viñeron visitar as exposicións e interesarse polo noso traballo.
































































