Amosando publicacións coa etiqueta #paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #paz. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de maio de 2026

DÍA DA PAZ

 O venres 30 de xaneiro todo o alumnado do cole se xuntou para a celebración do ''Día da Paz'. 

Tódalas aulas xuntas cantamos varios arranxos realizados polos nosos profes de música con cancións de varios países e culturas para celebrar este día tan especial. Pasámolo moi ben bailando, cantando e compartindo este momento tan especial.




venres, 20 de xuño de 2025

Carmiña, Bonitiño e Clink visitan Viladonga.

Carmiña , Bonitiño e Clink visitaron Viladonga.
Os nosos amigos finalmente fixeron a ansiada visita ao Castro de Viladonga.
Remata así a historia do noso PDI 'Os Castros, un nome misterioso' no que traballamos todos xuntos con moita ilusión.





 

domingo, 16 de marzo de 2025

DIA DA PAZ 2025

Celebrando o Día da Paz.

Para celebrar o Dia da Paza decidimos xuntarnos todo o alumnado e profesorado do cole para cantar, bailar e compartir tempo xuntos. Porque hai cousas que só son grandes se as facemos xuntos.


DIA DA PAZ 2025

OS CASTROS, UN NOME MISTERIOSO.

    As vacacións das nosas queridas mascotas non estaban a sair moi ben. Sen saber o que aconteceu finalmente, o noso alumnado falou e debatiu largo e tendido dos acontecementos que ocorreran nestas vacacións. 
    Tódalas aulas do cole analizaron os problemas que xurdían entre elas e propuxeron solucións a cada unha das dificultades de convivencia e problemas que xurdiran entre os tres amigos. Serían tan listas as nosas mascotas coma o noso alumnado? Pronto o saberemos.
   


-------------------------------