Rematando coas actividades da SEMANA DA ARTE na Mariña, esta semana tocoulle aos cursos de 5º a realización da actividade de pintura impartida por Inés Nécega. Aí queda unha mostra do traballo realizado.
Amosando publicacións coa etiqueta ARTE NA MARIÑA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ARTE NA MARIÑA b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 22 de maio de 2014
xoves, 10 de abril de 2014
QUE BEN PINTAN OS DE SEXTO!!
Estes días, o alumnado de 6º está recibindo unhas clases de pintura a cargo da magnífica artista de Foz Inés Nécega . Nas fotos vese o ben que o pasaron realizando unhas verdadeiras obras de arte como tamén se pode apreciar. Moitas grazas a esta artista focense, Inés, que conectou perfectamente cos nenos e nenas.
venres, 21 de febreiro de 2014
ARTE NA MARIÑA
Neste 2º trimestre, estamos a traballar no noso centro "A arte galega na Mariña". Trátase de que o alumnado, a través de talleres de cerámica e pintura, se achegue a arte que se realiza na nosa zona e entre en contacto e coñeza a artistas representativos desta comarca.
Esta semana empezaron os talleres de cerámica dirixidos ao alumnado de 1ºciclo impartidos por Estéfano Gudín. Imos coñecer un pouco mellor quen é este artista.
ESTÉFANO GUDÍN
Naceu en Arancedo- El Franco (Asturias). Comezou a realizar pezas de cerámica no ano 2000 tendo como referencia aos alfareiros de La Rambla (Córdoba). Despois entrou en contacto con diversos artesáns asturianos. Seguindo as indicacións destes, realizou diversas réplicas de utensilios domésticos que observou nas palllozas de Piornedo.
Dende 2004 exerce a súa profesión no obradoiro aberto ao público en Cervo. Hai mostras públicas da súa obra en exposición permanente no Concello de Viveiro e no Museo Provincial de Lugo.
mércores, 5 de xuño de 2013
DÍA DA ARTE NA ESCOLA
martes, 4 de xuño de 2013
DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA
No noso centro para participar nesta actividade traballamos con pintores galegos: Isaac Díaz Pardo, Luis Seoane, Maruja Mallo, Maside e Laxeiro. Remataremos o traballo en días vindeiros e faremos unha pequena exposición.
Tamén elaboramos un pequeno proxecto e estamos a facer unha presentación destes artistas.
Tamén elaboramos un pequeno proxecto e estamos a facer unha presentación destes artistas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
.jpg)














