Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de xuño de 2020

CLUB DE LECTURA 19-20

Disfrutamos lendo "Nata y Chocolate "de Alicia Borrás e "Muriel" de María Canosa.

domingo, 26 de maio de 2019

                                            CLUB DE  LECTURA

mércores, 18 de abril de 2018

RENOVACIÓN DO CLUB DE LECTURA

Os clubs de lectura, que empezaron a funcionar este curso no noso centro por iniciativa da biblioteca escolar, están a funcionar moi ben.
Practicamente todo o alumnado de 5º e 6º pasou por estes clubs, léndose en total, de momento, 5 libros.
Estes días renováronse os membros do club de lectura que leva a mestra Ana Romo.
O libro que están a ler agora é "O meu nome é Skylwalker" de Agustín Fernández Paz. 
 

sábado, 13 de xaneiro de 2018

CLUB DE LECTURA




Este curso, por vez primeira, puxemos en marcha un CLUB DE LECTURA. 
A verdade é que está a ser un éxito.
O número de  alumnado de 5º e de 6º que quixo participar foi elevado. 
Constituimos dous grupos mesturando os nenos e nenas dos dous niveis e os martes e mércores xuntámonos na sala de vídeo para comentar as lecturas.
As mestras encargadas son Ana Romo e Mª Carmen Vila.
Os primeiros grupo leros os libros:

- ABDEL de Enrique Páez ; SEMPRE HAUSA de Xoán Babarro.

Na actualidade estamos a ler con outros dous grupos os libros seguintes:
_ LÍA E AS ZAPATILLAS DE DEPORTE de Mª Reímondez
_ FRAY PERICO Y SU BORRICO de Juan Muñoz Martín




 

FESTA DO CLUB DE LECTURA

Ao rematar o libro "ABDEL" protagonizado por un neno de raza Tuareg e o seu pai que deciden abandonar o deserto e vir a España, o alumnado que formou parte deste club de lectura  e a mestra encargada, Ana Romo, celebraron unha festa seguindo os usos e costumes deste pobo do deserto. 
Mirade as fotos!!








-------------------------------