martes, 30 de xaneiro de 2018

mércores, 24 de xaneiro de 2018

DONACIÓN DE LIBROS

Adrían Díaz Urbano, de 4ºA, fixo unha donación de dous libros para a biblioteca.
Un deles é axeitado para primeiros lectores e o outro para lectores xa autónomos.
Moitas grazas, Adrián!!

martes, 23 de xaneiro de 2018

ENTREVISTA A ANA LESTAO

Ana Lestao Ben é unha alumna do noso centro(4º B) que acaba de ganar o 3º premio do Concurso de Poesía, na súa categoría, convocado pola Biblioteca Pública de Burela.
Con tal motivo, dende a biblioteca do noso centro quixemos realizarlle unha entrevista:
Ana Lestao Ben cos agasallos do premio


Ola, Ana, como te sentes logo de recibir este premio?
- Moi ben, moi feliz.
Pensache algunha vez que ías ganar?
Non, nunca. De feito leveime unha sorpresa cando a nai dunha amiga me chamou á casa para comunicarmo. Ela estaba na Casa da Cultura e veu a relación de premiados.
Foi así como te enterache?
- Si, despois xa me chamou alguén relacionado co concurso para que fose recoller o premio.
Por certo, en que consistíu ese premio?
- Pois nun diploma e nun conto que me encanta. En galego e cunhas ilustracións preciosas.
Participache máis veces neste concurso?
- No de poesía, non. Participara no de postais.
E acostumas participar noutros concursos deste tipo?
- Pois non, a verdade. Pero agora quedei animada a facelo.
Damos por feito que che gusta a poesía. Pero que prefires, lela ou escribila?
- Sempre leo moitos libros de poesía, gústame moito. Penso que ganei por eso. Ao lelas, aprendín a escribilas.
Eu sei que ás veces levas da biblioteca do centro libros de poemas para ler. Cal foi o último que liche?
- "Os soños na gaiola" de Manuel María. Tamén lin outros de Gloria Fuertes.
E ademais da poesía. Que outras lecturas che gustan?
Gústanme os de misterio. Gustáronme moito os "Diarios de Nikki".
Pois nada máis, Ana. NORABOA e a seguir lendo e escribindo!!

Aquí podedes ler a poesía coa que Ana logrou ese 3º premio:
O NADAL
No Nadal
as árbores decoradas,
aluman as rúas
nas noites escuras.

Estamos todos reunidos
agardando os agasallos,
todo o mundo cun sorriso,
esperando aos Reis Magos.

O noso rei naceu,
moi encollido está.
Todo o mundo o coñeceu
dentro de pouco a xente salvará.

O Nadal xa se achega,
hora de felicidade,
hora de estar todos xuntos,
hora de amizade!


martes, 16 de xaneiro de 2018

OS REFUXIADOS DE SIRIA

Achégase o DÍA DA PAZ (30 de xaneiro) e dende a biblioteca pensamos que este ano podemos adicalo a falar, entre outras cousas, do tema dos refuxiados sirios.
O alumnado no pode vivir nunha burbulla sen que a realidade lles afecte. Teñen que coñecer tamén, para saber o privilexiados que son, o lado menos amable da vida.
Aos nenos/as hai que darlles ferramentas e explicacións axeitadas á súa idade para que entendan e saquen as súas propias conclusións.

Para información e diferenciar entre refuxiado/a e emigrante con actividades didácticas, pincha AQUÍ 

VÍDEOS moi interesantes:
O

Os libros ¡AMIGO MÍO! de Open Cultural Center e EL VIAJE de Fracesca Sanna narran o tema dos refuxiados dende distintos puntos de vista.
O libro ¡AMIGO MÍO! está escrito e debuxado por nenos que narran a súa historia persoal, como era a súa vida en Siria antes e despois da guerra, a viaxe a Europa, a vida no campo de Grecia e o futuro.
Este libro é unha ferramenta de sensibilación para a población e pode usarse na aula como recurso para traballar a tolerancia, a inclusión e o respecto.
EL VIAJE é un libro ilustrado que narra a fuxida dunha familia da guerra. Cosigueu o premio da Sociedade de Ilustradores de Nueva York.
A pesares da dureza dalgúns momentos, o conto remata cunha mensaxe de esperanza.


sábado, 13 de xaneiro de 2018

CLUB DE LECTURA




Este curso, por vez primeira, puxemos en marcha un CLUB DE LECTURA. 
A verdade é que está a ser un éxito.
O número de  alumnado de 5º e de 6º que quixo participar foi elevado. 
Constituimos dous grupos mesturando os nenos e nenas dos dous niveis e os martes e mércores xuntámonos na sala de vídeo para comentar as lecturas.
As mestras encargadas son Ana Romo e Mª Carmen Vila.
Os primeiros grupo leros os libros:

- ABDEL de Enrique Páez ; SEMPRE HAUSA de Xoán Babarro.

Na actualidade estamos a ler con outros dous grupos os libros seguintes:
_ LÍA E AS ZAPATILLAS DE DEPORTE de Mª Reímondez
_ FRAY PERICO Y SU BORRICO de Juan Muñoz Martín




 

FESTA DO CLUB DE LECTURA

Ao rematar o libro "ABDEL" protagonizado por un neno de raza Tuareg e o seu pai que deciden abandonar o deserto e vir a España, o alumnado que formou parte deste club de lectura  e a mestra encargada, Ana Romo, celebraron unha festa seguindo os usos e costumes deste pobo do deserto. 
Mirade as fotos!!








-------------------------------