luns, 27 de outubro de 2014

DÍA DA BIBLIOTECA. FORMACIÓN DE USUARIOS/AS

Dende a biblioteca consideramos moi importante a formación de usuarios/as, tanto a nivel do profesorado como do alumnado. De pouco vale ter unha biblioteca máis ou menos fermosa en canto á decoración e con moitos fondos bibliográficos se despois non se coñece, non se usa, non se dá a coñecer. A biblioteca escolar ten que ser algo vivo, na que alumnado e profesorado aproveiten tódolos recursos que ésta lles poda brindar para desenvolver o traballo cotián, para desfrutar lendo, visionando un documental, unha película...
A biblioteca da tartaruga está a realizar unha formación de usuarios /as coincidindo coa celebración nestas datas do día das bibliotecas. Empezamos hoxe coa formación para 1º ciclo que iremos ampliando ao resto de profesorado e alumnado ata abarcar todo o colexio.
Empezamos amosando ás profesoras de 1º ciclo (algunhas ademais novas no colexio) o funcionamento da biblioteca, que é a CDU, como está adaptada ao noso cole, onde están situados os materiais...e tamén unhas nocións básicas do programa Meiga para que saiban buscar un libro en concreto, facer préstamos e devolucións de libros...etc
A continuación, deixámoslles unha unidade didáctica elaborada por outros compañeiros pero adaptada as nosas necesidades. Nela, os nenos e nenas poden aprender as partes dun libro, situar o título, o autor/a, colección, editorial...coñecer a CDU, , saber como teñen que buscar un determinado libro na biblioteca...etc, etc.
O equipo da biblioteca agardamos que esta formación lles sirva de proveito a todos/as.
Aí vai un pequeno exemplo de actividades para o alumnado:




domingo, 26 de outubro de 2014

PROXECTO: "ÁRBORES E ARBUSTOS DE GALICIA"

Dentro do proxecto "Coñecemos Galicia", este curso centrarémonos nas árbores e arbustos da nosa terra. Partiremos do entorno máis próximo como son os xardíns do colexio, onde hai varias especies autóctonas. As árbores e arbustos que se van traballar son as seguintes:
O castiñeiro, o carballo, o acivro, a figueira, o loureiro, a nogueira, o toxo, a cerdeira, o salgueiro, a vide, o pradairo, o piñeiro e a laranxeira.
Para empezar a coñecer un pouquiño mellor algunhas das árbores que se van traballar, aí vai un xogo didáctico:
Pincha aquí

I CONCURSO DE CÓMICS 3º CICLO. 1º e 2º PREMIOS

Un dos premios aos ganadores do concuro de banda deseñada era a publicación dos dous ganadores no blogue da biblioteca. 
 Pois aí van:
   1º PREMIO



2º PREMIO


xoves, 23 de outubro de 2014

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES". Para que vexades unha biblioteca moi diferente á nosa, que vos vai sorprender, aí vos vai un vídeo.
http://youtu.be/wuTswmx9TQU


Tamén amosamos o cartel divulgativo deste curso para as bibliotecas escolares galegas co lema Biblioteca escolar...matemático!!! A ilustración é de David Pintor.

martes, 21 de outubro de 2014

SAMAÍN

Logo chega o SAMAÍN. Aquí tedes un enlace no que hai actividades NOVAS para traballar . Pincha aquí


-------------------------------