xoves, 29 de outubro de 2015

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe púxose en marcha a actividade de APADRIÑAMENTOS LECTORES, consistente en que alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria lles van ler contos á súa clase á nenos e nenas de E. infantil e de 1º ve 2º nivel.
Empezamos os de 4º B. Cinco alumnos e unha alumna prepararon a lectura do conto "A bruxa regañadentes" para ir contalo aos nenos e nenas de 4 anos de E. infantil. 






mércores, 28 de outubro de 2015

martes, 27 de outubro de 2015

mércores, 21 de outubro de 2015

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 deste mes de outubro imos celebrar o noso día, o día da biblioteca escolar.
No noso centro imos preparar unhas gravacións en vídeo coas respostas de nenos e nenas á pregunta: QUE SIGNIFICA PARA TI A BIBLIOTECA ESCOLAR? e ademais presentaremos un traballo no que o alumnado de Primaria deberá escoller ou non un libro a partires do título e das ilustracións da portada, pois todos e todas sabemos que son factores fundamentais á hora de elexir as nosas lecturas.

martes, 20 de outubro de 2015

A BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS: A FAUNA GALEGA

"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso 2015/2016 para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares da  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A imaxe responde á interpretación do lema elixido por parte do ilustrador e autor de banda deseñada FRAN BUENO
O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información; convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.  
No noso centro, este curso imos explorar sobre a FAUNA GALEGA. De xeito que traballaremos sobre estes animais:
E. Infantil: a galiña

1º nivel: o polbo

2º nivel: a vaca.

3º nivel: o corzo

4º nivel: o lobo.

5º nivel: o capón

6º nivel: o porco celta.

xoves, 15 de outubro de 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe, a nosa biblioteca empezou a repartir as mochilas viaxeiras. Empezamos cos cursos de 1º, 2º e 3º e logo tocoulle a 4º, 5º e 6º. Dentro das mochilas vai material diverso que pretende ser do agrado de tódolos alumnos/as que decidiron participar nesta actividade: contos en castelán, galego e inglés(neste último idioma acompañados dun CD), un cómic, un libro de divulgación sobre animais, universo... un DVD e a revista do colexio do curso pasado  que, como saiu en xuño, moitos nenos/as aínda non viron. Tamén leva a mochila un "caderno viaxeiro" para que cada un escriba ou debuxe algo relacionado co contido do material que leva, para que aporte suxerencias...
Agardamos que como en cursos anteriores, a mochila viaxeira sexa todo un éxito!!

xoves, 8 de outubro de 2015

OLA DE NOVO: APERTURA DA NOSA BIBLIOTECA!!!!



Ola a todos e todas: hoxe a biblioteca da tartaruga abríu de novo as portas para iniciar o préstamo de libros durante o recreo. 
Ás 11 baixaron os nenos e nenas de 1º nivel coas súas mestras para recibir os seus carnets de lectores por vez primeira. Estábaos agardando Carmiña, a nosa mascota e Sara, unha alumna de 4º, leulles un fermoso conto. Eles xa saben que a partires de agora poden atopar ese conto e moitísimos máis na biblioteca. 
BENVIDOS a todos e a todas e feliz curso 2015/2016!!




-------------------------------