Amosando publicacións coa etiqueta MAGOSTO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MAGOSTO. Amosar todas as publicacións

venres, 18 de novembro de 2016

MAGOSTO 2016

Hoxe celebramos a festa do Magosto. Comemos castañas asadas e despois participamos en xogos tradicionais. Aquí tedes o vídeo:

venres, 20 de novembro de 2015

FESTA DO MAGOSTO

XOGOS MAGOSTO EN VÍDEO

Hoxe celebramos no noso cole a festa do magosto. Despois de degustar as castañas asadas, os nenos e nenas participaron en xogos colectivos que foron moitos e variados. A mestra de E. Física, Belén, foi a encargada de deseñalos e preparalos. Foron un éxito!!
Aquí tedes unha mostra:

mércores, 12 de novembro de 2014

OUTONO





Agora que estamos en outono, podedes realizar moitas actividades interactivas. Aí van unhas axeitadas para os máis pequenos (Infantil e 1º ciclo) Nos vos esquenzades que na parte dereita do blog, onde están as etiquetas, se pinchades en OUTONO tedes moitísimas máis actividades.
Pincha aquí

Agora tedes aquí outras para 2º e 3º ciclos.
Pincha aquí:


venres, 9 de novembro de 2012

O MAGOSTO

Como ben sabedes, para a próxima semana celebraremos O Magosto, o xoves 15, 2º e 3º ciclos e o venres, día 16, 1º Ciclo e Educación Infantil. Ademais de comer as castañas asadas e outros froitos de outono haberá xogos no pavillón, unha obra de teatro que van a representar os nenos e nenas de 5º A e un rap cantado polos nenos e nenas de 5º B. Pero mentres podemos ir traballando sobre o tema e aquí tedes unha páxina de recursos elaborada polo CEIP "Victor Sainz" de Mazaricos.

luns, 1 de outubro de 2012

XA CHEGOU O OUTONO!

Xa estamos en outono, tempo de castañas, magostos e ....Samaín, Halloween.
Premede na imaxe e teredes moitos recursos para estas datas elaboradas polo CEIP "Mestres Goldar" e publicadas no seu Blog "O recanto de Mik".


Por certo pasade a ver os nosos castiñeiros que están moi fermosos e cheiños de ourizos e de castañas.

martes, 15 de novembro de 2011

TEMPO DE OUTONO: MAGOSTO

Neste enlace de "O Recanto de Mik" hai moitos recursos para traballar o Outono e desde o CEIP ESTEIRO de (FERROL) unha fermosa presentación de refráns.
 

-------------------------------