Amosando publicacións coa etiqueta RADIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RADIO. Amosar todas as publicacións

venres, 10 de novembro de 2017

EXPERIENCIA NA RADIO

O curso pasado participamos en  Radio Burela dentro do Proxecto Neo. Fixémolo dende a clase mandando as voces dos nenos/as que logo escoitamos.
Este curso queriamos máis, desexabamos coñecer como era a radio por dentro, como se emitía un programa. Grazas a colaboración dos profesores do IES Perdouro Bernardo Penabade e Karina Parga e do técnico de son Matías Nicieza, poidemos cumplir hoxe o noso soño.
E así, pola mañá, dirixímonos cara a Radio Burela onde poidemos vivir unha gran experiencia.
Aquí tedes o programa enteiro e as fotos que corroboran que hoxe foi un día inesquecible!!
Moitísimas grazas, Bernardo, Karina, Matías. Que ben o pasamos e canto aprendemos!!
PARA ESCOITAR O PROGRAMA, PULSA AQUÍ

FOTOS:










domingo, 26 de marzo de 2017

3º NIVEL NA RADIO

Este curso, o alumnado de 3º nivel estamos a colaborar con Proxecto Neo do IES Perdouro a través de Radio Burela.
Neste caso, escoitamos aos nenos e nenas de 3ºB recitando poemas para celebrar o Día da Poesía.
Aparecen no minuto 35

martes, 21 de marzo de 2017

SEMANA DA POESÍA

Hoxe 21 de marzo celebramos o DÍA DA POESÍA. Con tal motivo elaboramos un caderniño con ideas e actividades por se pode servir de axuda para conmemorar esta data.
-------------------------------