Amosando publicacións coa etiqueta #compartimos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #compartimos. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de maio de 2026

EXPOSICIÓN DE ARTE 'BURELA SEN FRONTEIRAS'


No CEIPP dos Castros sabemos que a arte ten un poder non só educativo senón que forma ás persoas de maneira global; ademáis de ser unha fermosa actividade para traballar xuntos e potenciar a nosa creatividade. 

O noso proxecto precisaba dun espazo especial adicado á arte e o deseño. Por iso organizamos esta exposición de arte que chamamos igual que o noso PDI 'Burela sen fronteiras' para mostrar algúns dos traballos feitos polo noso alumnado ao redor de obras artísticas de pintores procedentes dos países estudados durante este curso escolar. 

Algunhas aulas ampliaron a actividade e traballaron diversos artistas e realizaron varias obras, outras aulas centráronse no estudo dun artista concreto. 

Nesta exposición mostramos un traballo escollido por cada aula do noso cole, 18 obras artísticas en total.

Cada unha das obras artísticas realizouse seguindo a mesma técnica (collage) para unificar o traballo do centro. Na exposición acompañamos cada traballo cunha placa  feita coa cortadora láser de Polos Creativos onde, a través dun código QR, se podía acceder á obra orixinal e información sobre o/a artista.
 

Esta mostra artística realizouse na sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela do 18 ao 29 de maio e estivo aberta ao público en horario de mañá e tarde.











EXPOSICIÓN 'BURELA SEN FRONTEIRAS' PARTE 2

 Abrimos a segunda parte da exposición dos nosos traballos relacionados co noso PDI 'BURELA SEN FRONTEIRAS' os últimos días de maio. Estes traballos mostráronse máis tarde debido á falta de espazo para poder ubicalos todos xuntos. 

Nesta segunda mostra as aulas baixaron aqueles produtos feitos de tarefas e investigacións relacionadas con : Perú, España e Ghana. Algúns traballos continuaron dende a exposición anterior pois algunhas aulas decidiron traballar dous países de maneira simultánea e facer traballo conxunto para a exposición.

A exposición estivo formada por traballos feitos por alumnado de todo o cole e dende diferentes materias e/ou áreas de coñecemento. Esta exposición puido disfrutala todo o alumnado en horario de mañá e as familias e comunidade educativa en horario de tarde de 15:30 a 17:30.




























ACOMPAÑAMENTO LECTOR

 A celebración do ACOMPAÑAMENTO LECTOR  no noso centro celebrouse o 29 de abril xa que a semana anterior o noso alumnado de cuarto de Primaria estaba en plena avaliación diagnóstica. Unha vez pasadas as probas e xa moito máis relaxados, todo o cole puido disfrutar desta xornada de lectura compartida que nos encanta a grandes e pequenos.

Coma sempre foi todo un éxito e o noso alumnado gozou moito de poder compartir un ratiño arredor dos libros xuntando alumnado dos diferentes edificios e niveis.










VISÍTANOS ANA LÓPEZ QUINTELA

 Como parte das celebracións do Día do Libro visitou a nosa biblio Ana López Quintela. 

Coñecemos moi ben a Ana pois é compañeira e mestra de Educación Infantil mais esta vez tivémola na nosa biblio en calidade de escritora.

Ana recibiu a todo o alumnado de Infantil e Primeiro Ciclo e falounos dos seus libros "Na busca de Antón" e "Que haberá na barriga de mamá?". Foi un pracer disfrutar con ela este ratiño nun día tan especial como é o Día do Libro. 






EXPOSICIÓN BURELA SEN FRONTEIRAS. PARTE 1

 Abrimos unha primeira parte dos nosos traballiños relacionados co noso PDI 'BURELA SEN FRONTEIRAS' o día 8 de abril. Máis tarde abriríamos de novo a exposición para poder mostrar traballos que quedaron pendentes por falta de espazo.

Nesta primeira mostra aberta no mes de abril as aulas baixaron aqueles produtos feitos de tarefas e investigacións relacionadas con: Cabo Verde, Indonesia e Polonia.

A exposición estivo formada por traballos feitos por alumnado de todo o cole e dende diferentes materias e/ou áreas de coñecemento. Esta exposición puido disfrutala todo o alumnado en horario de mañá e as familias e comunidade educativa en horario de tarde de 15:30 a 17:30, dende o 8 ao 22 de abril.

























-------------------------------