Amosando publicacións coa etiqueta #pdi. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #pdi. Amosar todas as publicacións

domingo, 8 de xuño de 2025

COMO É POSIBLE QUE... LOGRÁSEMOS FACER ESTE PROXECTO TAN CHULO?

 Como é posible que lográsemos facer este proxecto tan chulo? Pois con moito traballo, esforzo e ilusión. Moitas grazas nenos e nenas do cole dos castros, plantilla de mestres e familias 💖

Aquí podedes ver os enlaces aos vídeos de cada aula. https://padlet.com/estherbasanta/como-posible-que-m65wv4mk0yt1p05o

Recordade que tamén os podedes ver na nosa conta de Instagram









sábado, 7 de xuño de 2025

A NOSA BIBLIO VÍSTESE DE CASTREXA.

 Ao longo do curso fumos incorporando elementos decorativos castrexos que ambientaron a nosa biblioteca escolar, contaxiando tamén a aula Polos Creativos. Pasados os meses, podemos dicir que todo o colexio se vestiu de castrexo, alta costura!

Podedes ver o bonito que puxemos o cole aquí  un cole castrexo









CONCURSO QUE ÁRBORE É?

 O alumnado do noso centro participou no concurso 'Que árbore é?' organizado por @gaia_concello_de_burela con motivo da celebración do día dos bosques. 

Moitos parabéns para a aula de 5ºA que resultou gañadora do concurso. O alumnado recibiu con moita ilusión o seu diploma e logo prantaron unha nova árbore no noso patio, un carballo.

A aula escolleu esta árbore por estar relacionada co noso proxecto 'Os Castros, un nome misterioso', pois sabemos da presenza de carballos na etapa castrexa e tamén que empregaban as landras para elaborar fariñas.

O alumnado da aula percorreu tódalas aulas do cole para explicar a súa decisión ao resto das compañeiras e compañeiros do cole.








A HISTORIA VISITA O NOSO COLE.

 Os días 7 e 14 de marzo tivemos o privilexio de recibir as visitas de Aurelia Balseiro García e Herminia Pernas Oroza. Aurelia é a directora do Museo Provincial de Lugo, doutorada en Arqueoloxía e licenciada en Historia da Arte na especialidade de Museoloxía pola USC. Herminia é doutora en Historia e profesora de Xeografía e Historia no IES Monte Castelo de Burela, ademáis da cronista oficial da nosa vila.

Durante o primeiro venres e en dúas quendas, compartiron cos niveis de primeiro a cuarto de Primaria os seus amplos coñecementos sobre a cultura castrexa, dende a súa pegada na nosa historia, especialmente na de Burela, o que se sabe sobre como era o día a día deses castrexos e castrexas, a que se adicaban, que útiles empregaban, como eran as súas vivendas e un longo etcétera. 

O venres 14 de marzo foron as quendas de Infantil e terceiro ciclo. 

Como sorpresa tivemos nas nosas mans unha réplica real da gran xoia que é o Torque de Burela.

Desfrutamos moito da compaña de Aurelia e Herminia e aprendimos moitísimo, que fortuna foi telas no noso cole! Xa sabemos por que toda a xente nos coñece popularmente como 'o cole dos Castros', e é que estamos practicamente enriba dun!

Ps: Saímos na prensa! Prensa visitas Aurelia e Herminia














venres, 6 de xuño de 2025

ANTROIDO

 Os Castrexos vivían en tribos. E nos preguntámonos se habería máis tribos por aí polo mundo. Atopamos moitas e tamén civilizacións das que nos falaron algúns compañeiros nosos; pois aquí non todos temos antergos castrexos e iso ábrenos ventás a aprender moitas cousiñas doutros mundos.

Pois así foi o noso Antroido este curso, un desfile espectacular no que recordamos como nos vestiamos cando eramos castrexos e tamén como son outras tribos e pobos.








domingo, 16 de marzo de 2025

DIA DA PAZ 2025

OS CASTROS, UN NOME MISTERIOSO.

    As vacacións das nosas queridas mascotas non estaban a sair moi ben. Sen saber o que aconteceu finalmente, o noso alumnado falou e debatiu largo e tendido dos acontecementos que ocorreran nestas vacacións. 
    Tódalas aulas do cole analizaron os problemas que xurdían entre elas e propuxeron solucións a cada unha das dificultades de convivencia e problemas que xurdiran entre os tres amigos. Serían tan listas as nosas mascotas coma o noso alumnado? Pronto o saberemos.
   


AS VACACIÓNS QUE NON ESTABAN SAÍNDO COMO SE ESPERABA. CARMIÑA, BONITIÑO ...



OS CASTROS, UN NOME MISTERIOSO.

    Burela, a nosa vila, é ben fermosa. Nesta segunda parte do relato das vacacións das nosas mascotas podedes ver as súas primeiras decisións e os primeiros pasos desta interesante viaxe na que non deixaron de aprender.
    Os tres amigos percorreron a costa de Burela e outros barrios da nosa vila para que Clink coñecese moi ben o seu novo fogar. 
    Xa saben os tres moi ben onde se ubica o Castro de Burela, visitaron o Castro de Fazouro e decidiron continuar ata Viladonga, non sen antes parar en Mondoñedo. 
    Mais non todo estaba a sair segundo o planeado... e comezaron os problemas. E ti, como resolverías isto?
    




AS AVENTURAS DE CARMIÑA, BONITIÑO E CLINK

 No CEIPP Virxe do Carme estamos a traballar este curso escolar nun proxecto documental integrado que leva por título "Os Castros, un nome misterioso". Este proxecto está deseñado para coñecer o noso entorno máis próximo, a nosa historia e o lugar que habitamos. A motivación principal para partir dun momento histórico concreto foi a propia nomenclatura do noso centro, ao que popularmente na vila se lle coñece como "o cole dos Castros". De este modo decidimos mergullarnos na cultura castrexa. O noso alumnado leva estudando acerca deste periodo histórico varios meses e o noso cole vístese de cultura castrexa en cada aula.

E como comezamos? Pois á maneira na que o fan as grandes aventuras, cunha VIAXE.

A nosa mascota da biblio Carmiña, xunto cos seus amigos Bonitiño e Clink, alugaron unha autocaravana e comezaron a escribir un capítulo novo da historia do noso colexio. Aquí o podedes ver:







-------------------------------