Amosando publicacións coa etiqueta COMMEMORACIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COMMEMORACIÓNS. Amosar todas as publicacións

sábado, 30 de novembro de 2024

Día das bibliotecas escolares.

 O pasado 24 de outubro foi un día moi especial no noso colexio pois tivemos celebración por partida dobre, o dia das bibliotecas escolares e o magosto. Menuda xornada!

Carmiña andou argallando moitas cousiñas dende o inicio de curso e unha delas foi unha recolocación dalgúns mobles da biblioteca para intentar facer un espazo máis amplo para ler, traballar e argallar cos materiais tan interesantes que temos na nosa biblio.

Mais outra das cousas que andou a argallar segue sendo un misterio! Pediulle a todo o alumnado de primaria que pensase ben o título dun libro que fose especial, moi especial para cada un deles e pediulles que o trouxeran escrito nun anaquiño recortado especialmente para a ocasión. E tamén lles pediu que, mentras se concentraban durante días nas horas de ler, escribisen palabras que lles chamasen a atención nunhas tiras amarelas, preparadas tamén previamente. Que fará Carmiña con todo iso? Pois, de momento, non o sabemos.

Durante a xornada do 24 de outubro a nosa biblio abriu oficialmente as súas portas e recibiu con ledicia ao alumnado de primaria e sexto de infantil. Os grupos foron achegándose á biblioteca por turnos para observar os cambios na biblio, recoller as súas mochilas viaxeiras e pasar un ratiño con Carmiña, que ata se animou a ler algún conto!

Que ben o pasamos! As axudantes de Carmiña recolleron o material que esta lles solicitara e explicaron algunha que outra novidade referente ás mochilas viaxeiras pois sabedes que? Entre outras novidades, agora cada mochila leva un pequeno xogo para que vos divirtades xuntiños nas vosas casas.

Aquí vos deixamos un recordo dese día.












luns, 24 de abril de 2023

Semana do libro 👈Ver vídeo

O 23 de abril é o día do libro, ao ser domingo non estábamos no colexio, pero ao longo da semana realizamos diversas actividades .Unha das que máis gustan ao alumnado e que repetimos cada curso son os apadriñamentos lectores. Os nenos e nenas maiores lenlles contos aos máis pequenos, converténdose así nos seus padriños lectores e madriñas lectoras.

luns, 27 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro.Festexámolo o venres 24 dun xeito moi especial, pois realizamos unha actividade conxunta co CEIP Plurilingüe Vista Alegre. O alumnado de 5º e 6º de Primaria de ámbolos dous centros preparou a canción "No bico un cantar", o poema que Curros Enríquez lle dedicou a Rosalía no seu pasamento.

Se queredes velo premendo na ligazón.

👇 

https://photos.app.goo.gl/7UxDV4v5GqYvbjtf7

luns, 17 de outubro de 2022



Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VII Edición celébrase este ano 2022 o 17 de outubro baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, comisariada pola escritora Carmen Domingo . “Un ano máis – avanza Ana Santos Aramburo, directora da BNE – recuperamos a palara de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mujeres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas”. O lema deste ano, destaca, “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”.

 

xoves, 26 de novembro de 2015

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O día 25 de novembro celebramos o día da eliminación da violencia contra as mulleres. Uns días antes desta data, viñeron ao noso cole a monitora de GAIA, Begoña Romo acompañada da psicóloga do concello para impartir aos nenos unha pequena charla sobre violencia de xénero.


Deixaron un mural coa silueta dunha muller na que os diferentes cursos de 3º, 4º, 5º e 6º fomos pegando unhas mensaxes rexeitando a violencia contra as mulleres.

O día 25, despois do recreo, achegáronse ao cole a concelleira de  cultura Patricia Otero e a monitora de GAIA, Begoña Romo e explicáronlles aos nenos/as o motivo desta homenaxe ás mulleres maltratadas.

Un representante de cada equipo, voluntariamente, defendeu a mensaxe que previamente colocara no panel, explicando o significado da mesma.
Logo entregáronlles un ramo de flores que recolleu un neno de cada curso como símbolo da loita contra a violencia de xénero.



venres, 25 de novembro de 2011

6 de DECEMBRO: DÍA DA CONSTITUCIÓN

Como todos sabedes o día 6 de decembro é o DIA da CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA. Para poder coñecela, aquí hai unha páxina con moitos recursos que foi elaborada polo CEIP. MIlladoiro de Malpica de Bergantiños.


Máis enlaces para traballar a Constitución, o Estatuto e os Dereitos Humanos.

25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES


 

-------------------------------