Hoxe, o noso cole celebrou o DÍA DAS LETRAS GALEGAS Fixémolo ao grande xa que a data o requería: fomos todos á Casa da Cultura.
Aquí tamén acudiron pais e avós a desfrutar do que o noso alumnado tiña preparado: houbo de todo un pouco: representacións teatrais, cancións de poemas de Manuel María, unha semblanza do mesmo, un relato de tradición oral, un rap...
Foi unha mañá na que todos, nenos/@s e grandes desfrutamos moito!!
O nenos@s de 3º escolleron hoxe para ler un sitio peculiar: o pequeno parque de xogos que temos no patio. Nas fotos vese que desfrutaban moito da lectura e é que calquera sitio é bo para desfrutar deste placer!!