martes, 31 de maio de 2016

FAUNA GALEGA: O PORCO CELTA

En 6º A, dentro do proxecto sobre fauna galega proposto dende a biblioteca, eles traballaron sobre O PORCO CELTA. 
Realizaron uns interesantes traballos. Escollemos un deles para amosar neste blog:

xoves, 26 de maio de 2016

CALQUERA SITIO É BO PARA LER!!

Hoxe, na "HORA DE LER", os nenos@s de 4º B saíron ler fóra aproveitando o soliño da primavera.

sábado, 21 de maio de 2016

TRABALLO SOBRE O LOBO

Os grupos de 4º nivel estamos plenamente inmersos no proxecto FAUNA GALEGA que para este curso propuxo a biblioteca escolar.
Nós traballamos sobre O LOBO e aquí deixamos este traballo:

xoves, 19 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS

Hoxe, o noso cole celebrou o DÍA DAS LETRAS GALEGAS Fixémolo ao grande xa que a data o requería: fomos todos á Casa da Cultura.
Aquí tamén acudiron pais e avós a desfrutar do que o noso alumnado tiña preparado: houbo de todo un pouco: representacións teatrais, cancións de poemas de Manuel María, unha semblanza do mesmo, un relato de tradición oral, un rap...
Foi unha mañá na que todos, nenos/@s e grandes desfrutamos moito!!

venres, 13 de maio de 2016

HORA DE LER

O nenos@s de 3º escolleron hoxe para ler un sitio peculiar: o pequeno parque de xogos que temos no patio. Nas fotos vese que desfrutaban moito da lectura e é que calquera sitio é bo para desfrutar deste placer!!