Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de decembro de 2024

FORMACIÓN DE USUARIOS.

 Na biblioteca da tartaruga fixemos, durante varias xornadas, sesións de formación de usuarios.

Achegáronse á biblio as aulas de segundo, terceiro e quinto. O alumnado coñeceu a biblioteca dende outro punto de vista e aprendeu moito sobre o seu funcionamento. 

Sen dúbida, foron unhas xornadas moi interesantes. 

Aquí vos deixamos unha mostra.







sábado, 30 de novembro de 2024

Día das bibliotecas escolares.

 O pasado 24 de outubro foi un día moi especial no noso colexio pois tivemos celebración por partida dobre, o dia das bibliotecas escolares e o magosto. Menuda xornada!

Carmiña andou argallando moitas cousiñas dende o inicio de curso e unha delas foi unha recolocación dalgúns mobles da biblioteca para intentar facer un espazo máis amplo para ler, traballar e argallar cos materiais tan interesantes que temos na nosa biblio.

Mais outra das cousas que andou a argallar segue sendo un misterio! Pediulle a todo o alumnado de primaria que pensase ben o título dun libro que fose especial, moi especial para cada un deles e pediulles que o trouxeran escrito nun anaquiño recortado especialmente para a ocasión. E tamén lles pediu que, mentras se concentraban durante días nas horas de ler, escribisen palabras que lles chamasen a atención nunhas tiras amarelas, preparadas tamén previamente. Que fará Carmiña con todo iso? Pois, de momento, non o sabemos.

Durante a xornada do 24 de outubro a nosa biblio abriu oficialmente as súas portas e recibiu con ledicia ao alumnado de primaria e sexto de infantil. Os grupos foron achegándose á biblioteca por turnos para observar os cambios na biblio, recoller as súas mochilas viaxeiras e pasar un ratiño con Carmiña, que ata se animou a ler algún conto!

Que ben o pasamos! As axudantes de Carmiña recolleron o material que esta lles solicitara e explicaron algunha que outra novidade referente ás mochilas viaxeiras pois sabedes que? Entre outras novidades, agora cada mochila leva un pequeno xogo para que vos divirtades xuntiños nas vosas casas.

Aquí vos deixamos un recordo dese día.












xoves, 25 de outubro de 2018




O  24 de outubro  foi moi especial,celebramos o " día das Bibliotecas Escolares".
A nosa mascota Carmiña recibíu a visita dos alumnos de 6º de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria.
Escoitaron moi atentos o conto da Tartaruga dos Castros e gustoulles moito coñecer a Carmiña, que lles propuxo para este curso a actividade "que é para ti un orador?"Os nenos respondéronlle cun traballo de plástica para reflexionar sobre as cualidades dun bo orador.
Mirade que ben quedou!

xoves, 27 de setembro de 2018

VISITA DE BRAULIO




















Ola! Xa empezou o novo curso e Carmiña está agardándovos na biblioteca do noso cole.
Este ano hai moitas novidades porque durante o verán,ela estivo argallando novas aventuras para compartir con todos nós.
Durante  estes meses que imos estar xuntos,Carmiña quere ser unha gran oradora, por eso propón traballar no PDI "O orador que levas dentro".
E como non,empezamos perdendo o medo a falar con  micrófono para sair na tele.
Os alumnos de 1º de EP, tiveron o mércores 26 de setembro unha visita moi especial, "Braulio", unha marioneta moi simpática.
Foi moi emocionante participar nun programa da TVG que se chama Brauliotuber(Avisaremos cando se emita).Falamos sobre o medo.

domingo, 11 de febreiro de 2018

SELECCIÓN GALEGA SUB 17 DE FÚTBOL-SALA

O outro día visitou o noso centro a selección galega sub-17 de fútbol sala. No pavillón agardaba o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º xunto aos seus titores@s a chegada destas rapazas que viñan acompañadas polo seu entrenador, a fisioterapeuta e directivos do equipo.
Despois de presentarse, os nenos e nenas fixéronlles preguntas para, a continuación realizar actividades lúdicas co balón.
Para rematar, as xogadoras firmaron autógrafos e sacaron unha foto todos xuntos.

venres, 5 de maio de 2017

EXPERIMENTANDO COA ENERXÍA


 Os nenos e nenas de 3º B seguen experimentando. Agora fixérono coa enerxía.
Se queres ver o seu traballo, pincha AQUÍ

xoves, 20 de abril de 2017

ESCOLA DE MÚSICA

Onte viñeron a visitarnos o director e profesores/as da Escola de Música de Burela.
Ensinaron a todo o alumnado de Primaria o nome e o uso de diferentes instrumentos e interpretaron unhas pequenas pezas musicais. Tamén invitaron a aos nenos e nenas a un obradoiro que vai haber na Escola proximamente.
A montaxe do vídeo é obra de Pili Vázquez. 
Pulsa AQUÍ

mércores, 27 de xaneiro de 2016

ENSINANZA MUSICAL

Hoxe recibimos no cole ao director da Escola Municipal de música de Burela, Xan Carballal e a outros tres dos seus compoñentes que viñeron ensinar aos nenos de 4º, 5º e 6º instrumentos como o oboe, a trompeta, a tuba, a trompa....co fin de que o alumnado se anime a probar con diferentes instrumentos para coñecelos e despertar o gusto por eles.
Algúns alumnos/as subiron ao escenario para amosar aos demais instrumentos que eles tocan e anímalos deste xeito a interesarse por eles.


venres, 29 de maio de 2015

PARA QUE USAMOS AS MATEMÁTICAS EN MÚSICA?






EN MÚSICA TAMÉN USAMOS AS MATEMÁTICAS.
MIRADE COMO O EXPLICAN OS NENOS E NENAS DE 3º B NESTE VÍDEO:

luns, 25 de maio de 2015

PARA QUE SE USAN AS MATEMÁTICAS??


Cartel divulgativo deste curso 2014/2015 co lema: BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!! que publicou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).
Este cartel, pretende facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo. Busca tamén, espertar o interese polas matemáticas.

No noso centro, elaborouse por parte do equipo de biblioteca un traballo para facer ver ao alumnado a utilización das mátemáticas no día a día. 
Este é algún resultado:
PARA QUE USAMOS AS MATEMÁTICAS NA COCIÑA?



mércores, 12 de novembro de 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!!

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras. 
O lema elixido para este curso 2014/2015, Biblioteca escolar... matemático!!!, salienta o papel imprescindibe da biblioteca escolar nos centros educativos e busca espertar, ao tempo, o interese polas matemáticas. A ilustración corresponda á interpretación que deste lema fixo David Pintor


Con este motivo, dende a biblioteca, elaboramos unhas actividades:

-------------------------------