Amosando publicacións coa etiqueta #bibliotecaescolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #bibliotecaescolar. Amosar todas as publicacións

sábado, 6 de xuño de 2026

OLA! CANTAS GANAS TIÑA EU DE FALAR CONTIGO.

 OLA! CANTAS GANAS TIÑA EU DE FALAR CONTIGO foi un traballo que tamén partiu do noso PDI Burela sen Fronteiras e se realizou íntegramente como colaboración coas familias.

Esta proposta de traballo plantexaba celebrar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Un día para recordar que precisamos continuar traballando para eliminar toda forma de discriminación cara as mulleres polo simple feito de selo e en calquera ámbito. 

Pedímoslles ás nosas familias que, xunto cos seus fillos, pensasen nunha muller procedente dalgúns países estudados no proxecto (Ghana, Perú, España, Indonesia, Polonia e Cabo Verde) coa que lles apetecese ter unha conversa ou facer unha entrevista. Proporcionámoslles unha plantilla sobre a que traballar e pedímoslles que escribisen o seu traballo e o ilustrasen. 

Estamos moi agradecidos polos traballos recibidos e a implicación das nosas familias e o noso alumnado. Cremos que estas actividades son unha maneira fantástica de traballar a escritura, a creatividade, a investigación; unindo o centro educativo coa casa e fortalecendo as relacións das familias coa escola.

Estas foron as instruccións que lles enviamos:


E estes os marabillosos traballos que recibimos:



sábado, 23 de maio de 2026

ROSALÍA

 Rosalía de Castro.

Unha das nosas escritoras máis coñecidas ocupa unha boa parte das actividades que organizamos cada curso no noso cole. Rosalía é unha figura ben coñecida polo noso alumnado e moi querida.

Foron moitos os niveis que traballaron a Rosalía dende as titorías e, no edificio de Infantil, fixeron ademáis uns murais espectaculares.

Dende a biblio de Carmiña propuxémoslle ao noso alumnado unha actividade chamada 'POESÍA DECONSTRUÍDA'. 

Para realizar esta tarefa oo alumnado debía primeiro coñecer ben a poesía de Rosalía de Castro, para iso podían valerse tanto dos exemplares que posuímos na biblioteca coma das tarxetas con versos e estrofas preparadas nas mesas da biblio para facilitar a lectura. A continuación debían escoller un verso (no caso dos máis pequenos) ou unha estrofa sobre a que traballar. O terceiro paso sería substituír léxico e expresións en galego empregadas por Rosalía por léxico e expresións propias de idiomas empregados en Ghana, Perú, Indonesia, Cabo Verde, España e Polonia.

Foi unha actividade que gustou moito e da que disfrutaron durante o tempo de lecer de maneira voluntaria e tamén coas súas mestras grupos enteiros empregando a súa hora de biblio.









EMOCIOTECA


 Todo este curso as nosas familias continuaron a gozar da fabulosa emocioteca que temos situada na entrada do edificio de Educación Infantil, ao carón da oficina de Mónica, a nosa administrativa.

A Emocioteca é unha extensión da nosa biblioteca centrada na formación de adultos e volumes de divulgación, ofrecendo bibliografía sobre educación emocional a tódalas familias do centro.

Dende o curso pasado, coa axuda de Bonitiño e Carmiña, estamos ampliando os fondos da emocioteca con títulos sobre hábitos de vida saudable, nutrición e alimentación.

Temos unha gran variedade de libros e animamos ás familias a levar para casa algún deles para aprender todos xuntos e colaborar na educación integral do noso alumnado.


NOVA CARA

 Segunda semana do segundo trimestre. Abrimos a nosa biblio para servizos de empréstito e devolución. Non estaba perfecta, pero case.


Con moita axuda, só uns días máis tarde xa estaba completamente operativa e sen pó, sen plásticos e a pleno rendemento.

Como se pode apreciar nas fotografías, incorporamos unha nova estantería en forma de 'L' que se adapta mellor aos nosos fondos e ao noso alumnado. Esta mellora na Biblioteca Escolar permite que o espazo gañe en amplitude para poder aumentar o número de fondos para o noso alumnado. Ademáis, con esta reforma, puidemos adaptar mellor a zona destinada a xogos.

Agradecemos moito a colaboración da ANPA do noso centro que non dubidou en prestarnos axuda para realizar este cambio facéndose cargo dunha parte do custo económico de esta estantería modular. 





A NOSA BIBLIO DESPEDIU ASÍ O ANO.

 A nosa biblio despediu así o trimestre e o ano, toda engalanada para o Nadal.

Ao final puidemos traballar nela todo o trimestre pois a chegada do novo moble que acollería toda a sección de narrativa foise retrasando. Estas imaxes xa quedan para o recordo:





OBRADOIRO ADORNOS DE NADAL

 Para festexar o Nadal e poñer moi bonitos os nosos fogares a biblioteca de Carmiña organizou uns obradoiros para o noso alumnado.

O obradoiro tiña como obxectivo coñecer o tecido KENTE, os seus patróns, as súas cores e o seu significado. Tamén aprendimos a simboloxía e a importancia que ten este tecido non só en Ghana senón tamén en outros países de África. O obradoiro foi todo un éxito, de feito tivemos que ampliar de maneira significativa prazas e días. 












CHEGAN MÁIS SORPRESAS.

Fíxonos moita ilusión recibir unhas caixas do INSTITUTO POLACO DE CULTURA en Madrid.
Que bonito cando estás estudando (neste nivel en concreto Polonia e Indonesia) e chegan unhas caixas enormes ao cole cheíñas de material. 




POLOS E BIBLIO

 A BIBLIOTECA ESCOLAR e POLOS CREATIVOS van da man e o traballo relacionado co noso PDI 'Burela sen fronteiras' é un motivo fantástico para colaborar e traballar xuntos. Aquí tedes ao noso alumnado de quinto de Primaria disfrutando dos recursos de POLOS para traballar Polonia e Indonesia.






ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIO RELACIONADAS CO PDI

 Dende que empezou o curso escolar non paramos de adquirir libros relacionados con noso PDI BURELA SEN FRONTEIRAS e cos países nos que centramos a investigación este curso que son: Polonia, España, Ghana, Perú, Cabo Verde e Indonesia. 




sábado, 16 de maio de 2026

BURELA SEN FRONTEIRAS

O noso proxecto está resultando moi interesante e proporciónanos momentos entretidos e moi, moi creativos.

Para celebrar o Samaín organizamos unha actividade en colaboración coas familias. Esta actividade consistía en crear un monstruo orixinal baseado na cultura ou estética dalgún dos países estudados no proxecto. 

Recibimos moitos monstruos que expuxemos nos tres edificios que conforman o noso colexio e abrimos horario de visitas á comunidade educativa para que puideran disfrutar de toda esa creatividade compartida.

Grazas familias pola vosa implicación.

















A NOSA BIBLIO AO EMPEZAR O CURSO E ARRANCANDO O NOSO PDI 'BURELA SEN FRONTEIRAS'

 A NOSA BIBLIO AO EMPEZAR O CURSO E ARRANCANDO O NOSO PDI 'BURELA SEN FRONTEIRAS'

Así era o aspecto da nosa biblioteca escolar ao empezar o curso e cando xa estabamos a preparar expositores e fondos para o noso novo PDI 'Burela sen fronteiras'. Este PDI terá unha duración de dous cursos escolares e neste primeiro traballaremos seis países: España, Ghana, Indonesia, Perú, Polonia e Cabo Verde.

A nosa biblio transformouse bastante durante este curso polo que este aspecto foi cambiando significativamente a medida que foron pasando os meses.








DÍA A DÍA

 O NOSO DÍA A DÍA.

A nosa biblio abre as súas portas cada día e tódolos días dispoñemos de servizo de empréstito e devolución, zona de xogos, creatividade e disfrute de lecturas.

Contamos cun equipazo de colaboradores de biblioteca ou 'axudantes de Carmiña' que realizan unha labor importantísima durante todo o curso escolar; dende colocar, ordenar e decorar ata recomendar lecturas, realizar empréstito e devolución ou reparar volumes.

Temos a sorte de que moito alumnado se achega cada día á nosa biblioteca para disfrutala.



xoves, 2 de abril de 2026

OS NOSOS CONTOS

 O alumnado de quinto de Primaria está a estudar Indonesia e Polonia. Son tan creativos que, inspirándose en aspectos variados dos países que van coñecendo decidiron crear estes contos por eles mesmos. Son tan artistas que escribiron non só as historias senón que tamén realizaron as ilustracións.



Podedes velos premendo aquí

Ou lendo este código QR



domingo, 23 de novembro de 2025

NOVO CURSO ESCOLAR

 Xa estamos enfrascados de cheo nunha nova aventura para este curso escolar 2025-2026 e dende aquí iremos compartindo coa nosa comunidade moitas das actividades e propostas nas que iremos traballando.



-------------------------------