ESTA É A REVISTA DO NOSO COLE ,MIRA QUE BEN NOS QUEDOU!
Amosando publicacións coa etiqueta XORNAL b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XORNAL b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 11 de xuño de 2022
martes, 7 de febreiro de 2017
UN NOVO XORNAL NA BIBLIOTECA: O PAPAGAIO
Dende o mes de novembro, temos na biblioteca un novo xornal. Chámase O Papagaio,
ten periodicidade mensual (dez números ao ano, descansando no verán),
12 páxinas a toda cor e publícase integramente en galego.
Está impulsado por Edicións moito conto e inclúe temas de actualidade e empresta unha atención especial á
ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e
banda deseñada.
A sección de ciencia e tecnoloxía está asesorada por científicos/as e é presentada por un personaxe fixo: Simio o científico. De igual xeito, a sección de Ecoloxía conta
tamén co asesoramento de profesionais e nel trataranse temas
relacionados coa agricultura ecolóxica, a bioconstrución ou a reciclaxe.
Os temas van acompañados dun experimento que os lectores/as poderán
poñer en práctica.
Na sección de arte, un pintor chamado Pierrot
explica os segredos dos principais movementos pictóricos da historia;
este apartado inclúe a proposta dun exercicio práctico sobre o estilo en
cuestión. Dentro do obxectivo de fomentar a integración, aparece a
sección Pratos para compartir culturas, que achega receitas de distintos paises. No apartado de Natureza ten un papel destacado "a fabulosa fauna lectora do noso hábitat", que
relaciona as distintas especies animais autóctonas coa
literatura universal; e, de igual xeito, inclúese a sección SOS Especies ameazadas, na que os animais en perigo de extinción trasladan as súas queixas a través dunha carta.
Tamén se inclúe unha sección fixa de banda deseñada,
protagonizada por Wifi, un can intergaláctico que vive intensas
aventuras nos distintos universos paralelos que nos rodean. E unha tira
humorística, Viladenihil, con temática de ciencia ficción social.
xoves, 9 de xuño de 2016
REVISTA NORDÉS 2015/2016
Aquí tedes un ano máis a revista NORDÉS cargada de novidades, celebracións, viaxes, poesías, contos...e moito máis!!!
martes, 2 de xuño de 2015
venres, 13 de xuño de 2014
martes, 18 de xuño de 2013
REVISTA "XORNAL NORDÉS"
sábado, 9 de xuño de 2012
XORNAL NORDÉS 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














