Amosando publicacións coa etiqueta NOTICIAS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NOTICIAS b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 17 de setembro de 2022
domingo, 22 de abril de 2018
IDENTIDADE DE XÉNERO
A semana pasada unha representante de Chrysalis (Asociación de familias de menores transexuales) impartiu no noso colexio unhas charlas informativas. No horario lectivo, acudiu a escoitar a Eva Mª Serantes Vaz o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º nivel e xa en horario de tarde a charla foi para pais/nais e profesorado do centro.
martes, 3 de febreiro de 2015
FEITIZO DE SANGUE. SABELA GONZÁLEZ PANIZO.
"As Crónicas de Landereina" de Sabela González é unha triloxía que xa vai pola segunda entrega. O primeiro libro desta triloxía titúlase "Bágoa de Lúa"e foi publicado en 2013 e agora acaba de aparecer o segundo "Feitizo de Sangue".
Desexamos para esta escritora, que foi alumna do colexio "Virxe do Carme", o maior dos éxitos e agardamos xa polo terceiro exemplar.
Para saber máis sobre este libro e a súa autora, podes mirar o seu blog. Pincha aquí
domingo, 8 de decembro de 2013
ADEUS A NELSON MANDELA
Nesta fin de semana deixounos NELSON MANDELA, o home do eterno sorriso.
Loitou contra a pobreza, a desigualdade e o racismo no que vivía a xente negra do seu país, Sudáfrica, durante o Apartheid, un réxime de segregación racial no que as persoas de cor non podían votar nin ocupar postos de traballo "propios de brancos", non podían relacionarse con eles nin tan sequera viaxar nos mesmos autobuses que eles.
Polo ben do seu país, foi quen de perdoar os inxustos anos que pasou na cadea e de convencer a todos de que era posible unha convivencia pacífica que sentase as bases dun sistema democrático en Sudáfrica.
Por iso, negros e brancos, brancos e negros choran unidos a morte de Mandela, o home máis respetado do planeta, MADIBA, como lle chamaban no seu país.
Polo ben do seu país, foi quen de perdoar os inxustos anos que pasou na cadea e de convencer a todos de que era posible unha convivencia pacífica que sentase as bases dun sistema democrático en Sudáfrica.
Por iso, negros e brancos, brancos e negros choran unidos a morte de Mandela, o home máis respetado do planeta, MADIBA, como lle chamaban no seu país.
Agradecemos as imaxes e presentacións doutras bibliotecas, especialmente da Biblioteca Escolar Xoan Farias e da biblioteca BLOGUESQUÍO.
Podemos achegarnos máis a este personaxe o DIA DOS DEREITOS HUMANOS, o 10 de decembro ou mesmo o DÍA DA PAZ.
Neste enlace atoparedes máis actividades e recursos para traballar nas aulas.
xoves, 20 de xuño de 2013
BÁGOA DE LÚA
¨Bágoa de lúa", un libro que acaba de saír ao mercado editado por Galaxia e escrito por unha antiga alumna do noso colexio, Sabela González.
Bágoa de lúa é o primeiro tomo dunha triloxía chamada "As crónicas de Landereina".
venres, 10 de maio de 2013
50 aniversario do noso colexio: o CEIP "VIRXE DO CARME"
- AS 11:30 HORAS: NO XARDÍN DO CENTRO ESCOLAR DESCUBRIMENTO DUN MONOLITO E PLACA CONMEMORATIVA, ACTO AO QUE ASISTIRÁN AUTORIDADES LOCAIS E PROVINCIAIS.
- De 12:00 a 14:00 HORAS: XOGOS E ACTIVIDADES LÚDICAS PARA OS/AS ALUMNOS/AS DO CENTRO.
- ÁS 19:30 HORAS, NA CASA DA CULTURA.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















