sábado, 30 de abril de 2016

DONACIÓN DE LIBROS

Os alumnos de 5º A  Antón Expósito Campo e Pablo Alonso López e a alumna de 4º B Kasandra Soria Febrero fixeron unha donación de libros para a nosa biblioteca.
Dende o equipo de biblioteca queremos darlles as grazas.
Trátase de  libros en perfecto estado de conservación e con títulos moi atractivos. Por exemplo:
















(Imaxes: 
http://www.clubgeronimostilton.es/ http://www.casadellibro.com/ http://www.todocoleccion.net/
http://soteloblancoedicions.com/ )




martes, 26 de abril de 2016

E. INFANTIL E O DÍA DO LIBRO

Para celebrar o DÍA DO LIBRO, os nenos e nenas de E. Infantil axudados polas súas mestras realizaron estes fermosos traballos:

sábado, 23 de abril de 2016

venres, 22 de abril de 2016

CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

Hoxe celebramos no cole que mañá , día 23 de abril, é o día DÍA DO LIBRO. Con tal motivo, entregamos na biblioteca do centro os premios do I concurso QUE LIBRO É?
Así mesmo entregamos uns diplomas aos nenos e nenas que conseguiron o seu PASE AO LIBERESPAZO, convertíndose en LIBERNAUTAS por ser quen de ler 6 libros da biblioteca cubrindo o seu pase valorando eses libros.
Tamén se entregaron os premios ás nenas gañadoras do II concurso de "DEBUXA A TÚA PORTADA"
Foi unha celebración chea de agasallos!!!

TIÑAN QUE ADIVIÑAR DE QUE LIBRO SE TRATABA:


                  


sábado, 16 de abril de 2016

VISITA DO ESCRITOR ALFREDO GÓMEZ CERDÁ

O pasado xoves visitoumos o escritor ALFREDO GÓMEZ CERDÁ . Os nenos/as de 3º, 4º e 5º leran o seu libro APARECIÓ EN MI VENTANA do que el falou ademais de contarnos moitas cousas da súa vida de escritor e responder a moitas preguntas dos nenos e nenas.

Ao remate, firmoulles libros a algúns nenos e tamén nos murais que fixeran, así como no libro de firmas da bioblioteca.

Aquí queda a mostra fotográfica do acontecido:

MURAL SOBRE O ESCRITOR:

O ESCRITOR:





OS NENOS PARTICIPANDO:








OS MUKUSULUBAS (personaxe imaxinario do libro) debuxados polos nenos:





O ESCRITOR FIRMANDO LIBROS:


venres, 15 de abril de 2016

PROXECTO: FAUNA GALEGA

Nalgúns niveis están a rematar xa os traballos sobre o proxecto que impulsamos este curso dende a biblioteca: FAUNA GALEGA.
O alumnado de 2º nivel traballou sobre a vaca e os nenos e nenas guiados polas súas mestras Pili e Nieves, realizaron estes interesantes traballos:







O alumnado de 1º nivel traballou sobre o polbo. Foi moi interesante unha charla que lles veu dar un familiar dun alumno sobre este animal: como se pesca, características que o definen....











-------------------------------