Amosando publicacións coa etiqueta #primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #primaria. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de xuño de 2025

Carmiña, Bonitiño e Clink visitan Viladonga.

Carmiña , Bonitiño e Clink visitaron Viladonga.
Os nosos amigos finalmente fixeron a ansiada visita ao Castro de Viladonga.
Remata así a historia do noso PDI 'Os Castros, un nome misterioso' no que traballamos todos xuntos con moita ilusión.





 

luns, 9 de xuño de 2025

CLUBES DE LECTURA. DAHL E PÉREZ

 Os últimos meses de curso ofertamos outros dous clubes de lectura ao noso alumnado. Un deles para traballar 'A marabillosa medicina de George' de Roald Dahl e outro foi 'A gruta da torre' de Lois Pérez.

Roald Dahl era un autor bastante descoñecido no noso cole. Sen embargo, dende que comezou a traballarse con el no club (e tamén se traballa a Dahl nas aulas de lingua estranxeira), o alumnado vaise achegando cada vez máis ás súas novelas, algo que pon a Carmiña moi leda pois é un autor con sona a nivel internacional.

O clube arredor do libro de Dahl produciu moitas risas e limos esceas das que non sabiamos que pensar, pois sentíamonos tanto sorprendidos como contentos. Esas emocións encontradas que tan ben sabe Dahl facernos sentir.

A Lois Pérez tivemos a fortuna de coñecelo e telo na nosa biblio. Tiñamos un montón de preguntas para el. O libro de 'A gruta da torre' estábanos gustando moito e, como a moitos non lles dera tempo de rematalo, queríamolo saber todo. Lois non defraudou e contounos de todo (ata un segredo que prometimos non dicir xamáis). 




sábado, 7 de xuño de 2025

CAMBIAMOS DE NOME

Dende o 28 de marzo de este ano o noso cole, o CEIPP Virxe do Carme pasa a denominarse CEIPP Os Castros, tal e como se lle chama na vila dende sempre. E estreamos logo!





venres, 6 de xuño de 2025

CLUBS DE LECTURA

 Os clubs de lectura principais deste segundo trimestre foron os celebrados ao redor dunha novela de Ledicia Costas titulada 'Conexión macarrón' e outra novela de Lois Pérez titulada 'A tribo do mar'. 

Ambos clubes se celebraron na biblioteca do centro aproveitando uns minutiños do tempo de lecer xunto coa hora de ler os martes e os mércores.

A experiencia foi fantástica nos dous clubes.  A novela de Ledicia Costas provocou moitas risas e falamos moito de: macarróns, utensilios de cociña, extraterrestres, amizades... e ata diseñamos un paraugas perfecto que gustase a tódolos nenos e nenas.

A novela de Lois levounos a falar de experiencias moi duras, de inmigración, das novelas epistolares e corais, do abuso, a crueldade, a esperanza, as dificultades e tamén a frivolidade. Pero como o personaxe que máis nos chegou ao corazón foi Alexandra pois iso deunos pé a falar moito de fútbol sala e das guerreiras laranxas da nosa vila, Burela. Aprendimos moitísimo dunha parte de África, do arquipélago de Cabo Verde, da ansiedade, os nervios e a autoesixencia. Sen dubida foi unha novela á que non foi doado chegar pero que deixou unha pegada importante en nos.










mércores, 25 de decembro de 2024

FORMACIÓN DE USUARIOS.

 Na biblioteca da tartaruga fixemos, durante varias xornadas, sesións de formación de usuarios.

Achegáronse á biblio as aulas de segundo, terceiro e quinto. O alumnado coñeceu a biblioteca dende outro punto de vista e aprendeu moito sobre o seu funcionamento. 

Sen dúbida, foron unhas xornadas moi interesantes. 

Aquí vos deixamos unha mostra.







-------------------------------