Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA MULLER. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA MULLER. Amosar todas as publicacións

domingo, 20 de marzo de 2022

DÍA DA MULLER (Pincha aquí para ver o vídeo)

 Esta semana celebramos o Día Internacional da Muller (8 de marzo) con diversas actividades encamiñadas a lembrar o importante papel das mulleres ao longo da Historia e reivindicar cambios e melloras que leven a unha verdadeira igualdade de xénero no mundo actual.

 


 


 

 

xoves, 5 de marzo de 2015

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O día 8 de marzo celebramos o Día Internacional  da Muller Traballadora. Este día conmemórase a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e no seu sesenvolvemento íntegro como persoa en pé de igualdade co home.
Ao longo da historia, as mulleres tiveron moitas dificultades para irse incorporando ás distintas áreas do coñecemento, polo que pensamos que hai poñer en valor a estas mulleres que, a pesares de vivir en épocas moi difíciles para elas, foron capaces de acadar arduas metas e de elevar así ao resto do seu xénero.
Dende a biblioteca do centro, propoñemos un traballo titulado "8 importantes mulleres galegas". Son oito mulleres de Galicia, a maioría case descoñecidas, que lles tocou loitar moi duro na época que viviron para poder estudar e traballar no que elas querían. Son mestras, pintoras, médicas, pianistas.....mulleres  que hai que dar a coñecer para que acaden o mérito que lles corresponde.
Trátase dunhas diapositivas para presentar ao alumnado e a partires delas, realizar as actividades que cada mestre crea convinte.
-------------------------------