Amosando publicacións coa etiqueta #diadolibro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #diadolibro. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de maio de 2026

OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS

 Para continuar as conmemoracións arredor do Día do Libro e para continuar motivando ao noso alumnado para mergullarse no mundo da lectura e na cultura dos países estudados no noso proxecto, decidimos facer un obradoiro de marcapáxinas.

Ofrecimos ao alumnado anotado ao obradoiro carteis con información e exemplos de deseño tradicionais e populares de cada un dos países para que se inspirasen na decoración do marcapáxinas. Os exemplos ofrecidos ían dende deseños tradicionais en teas (para vestir, patróns de refaixo galego, estampados menorquines, tea Kente ghanesa, estampados Caboverdianos, estampado Quechua...), ata azulexo, ovos de pascua, cerámicas, etc.






ACOMPAÑAMENTO LECTOR

 A celebración do ACOMPAÑAMENTO LECTOR  no noso centro celebrouse o 29 de abril xa que a semana anterior o noso alumnado de cuarto de Primaria estaba en plena avaliación diagnóstica. Unha vez pasadas as probas e xa moito máis relaxados, todo o cole puido disfrutar desta xornada de lectura compartida que nos encanta a grandes e pequenos.

Coma sempre foi todo un éxito e o noso alumnado gozou moito de poder compartir un ratiño arredor dos libros xuntando alumnado dos diferentes edificios e niveis.










VISÍTANOS ANA LÓPEZ QUINTELA

 Como parte das celebracións do Día do Libro visitou a nosa biblio Ana López Quintela. 

Coñecemos moi ben a Ana pois é compañeira e mestra de Educación Infantil mais esta vez tivémola na nosa biblio en calidade de escritora.

Ana recibiu a todo o alumnado de Infantil e Primeiro Ciclo e falounos dos seus libros "Na busca de Antón" e "Que haberá na barriga de mamá?". Foi un pracer disfrutar con ela este ratiño nun día tan especial como é o Día do Libro. 






domingo, 8 de xuño de 2025

DÍA DO LIBRO

Inmersos na preparación do festival de fin de curso, a exposición na Casa da Cultura, as vacacións de Semana Santa, avaliación diagnóstica e saídas de estudos; este curso as actividades para celebrar o Día do Libro foron realizándose durante varias semanas, favorecendo así a flexibilidade e que tódalas aulas puideran pasar pola BE a disfrutar desta efeméride tan importante para Carmiña e a comunidade do cole dos Castros.

Carmiña dispuxo un expositor con libros sobre/e de Shakespeare e Cervantes. Este curso ampliamos o noso catálogo para poder coñecer a estes dous autores tan importantes e as súas obras literarias. Tampouco nos esquecimos de recordar ao noso alumnado que Inca Garcilaso de la Vega tamén ten un oco nesta celebración.

A biblio preparou dúas actividades para o alumnado de tódolos niveis completamente adaptables á forma que quixera dárselles dende calquera titoría. 

Fago maxia coas palabras e cóntoche un microconto. Para esta actividade os grupos dispoñen de tarxetas variadas e ilustradas xunto cun modelo de escritura (por se algunha aula o quixera usar). Esta actividade podía realizarse tanto de maneira oral (relato oral) ou escrito (microconto). Esta actividade tiña a disposición do alumnado un sombreiro e unha capa de mago, para poder facer, de verdade, maxia coas palabras.

Mural literario. Seguro que unha boa parte do alumnado quere aproveitar o Día do libro para facer unha homenaxe ao seu libro favorito. Pois para isto tamén deixamos unhas plantillas para poder debuxar, escribir, rotular, poñer foto... do libro favorito de cada persoa.

En tódalas aulas se realizaron marcapáxinas para agasallar aos padriños e madriñas no día do apadriñamento lector e outras actividades ao redor dos libros. Estas outras actividades arredor dos libros xiraron en torno a contos moi queridos polo alumnado como 'A ra de tres ollos' e outros libros que nos mercou Carmiña para poder aprender moito sobre as Cantareiras.

O apadriñamento quedou aprazado por motivos meteorolóxicos e pola avaliación diagnóstica pero o día que o puidemos celebrar disfrutámolo moito, pois sempre é un éxito.

















































-------------------------------