Ó longo do mes de abril fixemos moitas e variadas actividades relacionadas cos libros.Recibimos a escritores tan importantes como Ramón Caride e Marica Campo, que os nosos alumnos presentaron para demostrar como se prepararon a través do noso proxecto "O orador que levas dentro".
Tamén disfrutamos coas animacións de Anxo e Brais Moure.
Cos apadriñamentos lectores fomentamos a relación entre todo o alumnado e o gusto pola lectura.
A través do concurso "Que libro é" divertímonos e descubrimos outra forma de achegarnos á lectura.
Toda celelebración debe ter boa música, polo que contamos co grupo
Dambara que nos deron unha boísima lección teórico-práctica.
Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES COLE DÍA DO LIBRO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES COLE DÍA DO LIBRO b>. Amosar todas as publicacións
luns, 6 de maio de 2019
xoves, 23 de abril de 2015
ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO
Como non podía ser doutro xeito, o noso cole tamén celebrou o DÍA DO LIBRO.
Quen mellor que un colexio e unha biblioteca para conmemorar esta data?
- O día 21 visitounos o escritor GONZALO MOURE para falar co alumnado de 3º e 4º nivel sobre os seus libros, especialmente sobre "CAMA E CONTO" que os nenos e nenas xa leran.
- Propuxemos dende a biblioteca que cada curso elaborara unha lista de libros recomendando a súa lectura.
- O curso de 6ºA elaborou uns marcapáxinas sobre Cervantes e Shakespeare e decoraron os pasillos con debuxos destes escritores.
- O curso de 3º B elaborou uns carteis en forma de libro con lemas que invitan á lectura.

- Noutros cursos tamén se elaboraron actividades relacionadas con esta data: estudo da vida e obra de Cervantes e Shakespeare, caderniños sobre o Quixote...etc.
- Fixóselle o agasallo dun marcapáxinas aos nenos e nenas de 1º A por seren os máis lectores do cole, visitando a biblioteca todos eles tódalas semanas. Proximamente, tamén se lles fará entrega dun diploma por este motivo.
| VISITA DE GONZALO MOURE |
LIBROS QUE RECOMENDARÁN OS NENOS/AS E PROFES:
Ola,
nenos e nenas de..................., o día 23 de abril celebramos o
“DÍA DO LIBRO”. Aínda que,
como seguro que vos gusta ler, vós celebrádelo durante todo o ano
porque desfrutades das historias que contan os libros tódolos días.
A que sí?
O
DÍA DO LIBRO é unha conmemoración celebrada a nivel
mundial co obxectivo, entre outros, de fomentar a lectura. Escolleuse
o 23 de abril porque coincide coa morte de dous grandes escritores
coñecidos mundialmente: Miguel de Cervantes
e William Shakespeare.
Dende
a biblioteca, queremos celebrar esta data propoñéndovos que
elixades entre todos, 6 libros que vos gustaran moito e que
recomendedes aos compañeiros/as. Non hai mellor publicidade que o
comentario “boca a boca”. Quere esto dicir, que sodes vós os que
mellor podedes recomendar un libro a outra persoa para que se anime
tamén a lelo.
Eu
comprometome a mirar se os libros que recomendades está algún na
biblioteca e se non está, comprometome a compralo. Así que xa
sabedes, a recomendar libros que vos gustaran e a seguir lendo para
desfrutar, para aprender, para soñar....
Ahh...,
os profes ao mellor queren tamén recomendarvos algún libro ou
queren ter na biblioteca libros para consultar. Eles tamén poden
pedir!!!!
Unha
aperta para todos.
Data
de recollida: 30 de abril
Carmiña,
a mascota da biblioteca
LIBROS
QUE RECOMENDAN OS NENOS E NENAS:
1.-
__________________________________________________________
Gustoume
porque.............................................................................................
…..........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................
2.-___________________________________________________________
Gustoume
porque.............................................................................................
…..........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................
3.-
__________________________________________________________
Gustoume
porque
…........................................................................................
…..........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................
4.-
__________________________________________________________
Gustoume
porque.............................................................................................
…..........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................
5.-___________________________________________________________
Gustoume
porque.............................................................................................
….........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................
6.-
__________________________________________________________
Gustoume
porque.............................................................................................
….........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................
LIBROS
QUE RECOMENDAN OS PROFES:........................................................
........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................
MARCAPÁXINAS ELABORADOS POR 6º
DECORACIÓN DE PASILLOS 6º
CARTEIS CON LEMAS DE 3º B:
AGASALLO AOS NENOS E NENAS MÁIS LECTORES DO COLE (1º A)
NECESITAN MARCAPÁXINAS, LEN MOITO!!
| OS MÁIS LECTORES |
| ÁS VECES CON AXUDA... |
| CONCENTRADOS |
| EN PARELLA TAMÉN SE LE 1º A CON D. QUIXOTE, SANCHO E DULCINEA |
mércores, 23 de abril de 2014
DÍA DO LIBRO
Hoxe, día do libro, o alumnado de 4º nivel e de 5º A de Primaria acudiu ao Cocello para participar no Maratón de lectura convocado polo Colectivo Cultural BURIL para conmemorara esta data. Os nenos e nenas recitaron poemas de Rosalía de Castro, Cabanillas, Manuel María, Ana Mª Fernández, cantigas de amigo...etc
Aquí tedes unha mostra fotográfica do acto.
venres, 26 de abril de 2013
DIA DO LIBRO
Estas son as actividades realizadas para a celebración do Día do Libro:
- As Mochilas Viaxeiras comezaron a súa andaina.
- Estivo con nós Xosé Miranda: os alumnos e alumnas de 3º estiveron na biblioteca disfrutando e escoitando a este escritor.
- O alumnado de 4º de primaria asistiu ao Concello ao III Maratón de lectura para recitar "Cantares galegos" de Rosalía de Castro.
- Reparto de marcapáxinas e lectura do poema de Paula Carballeira.
- "O MEU LIBRO FAVORITO É..." Cada aula elixiu o seu libro favorito, co cal traballou estes días e tamén se fixo unha lectura na biblioteca:
En 3º A, "Álvaro e Álvaro" de Xosé Miranda; en 3º B, "Amigos del alma" de Elvira Lindo; en 4º A, "O aniversario de Ana" de Cocha Blanco ; en 4º B, "Diario de Greg"; en 5ºA, "Mi nombre es Skywaltker" de Agustín Fernández Paz; en 5º B, "O cocho de carreiras Rudi Fuciños" de Uwe Timm; en 6º A,"El libro de la selva" de Geronimo Stilton e en 6º B, "Matilda" de Roald Dhal.
| Lectura na biblioteca |
| Lectura na biblioteca |
| Xosé Miranda co alumnado de 3º |
| Mochilas viaxeiras |
Etiquetas:
ACTIVIDADES COLE DÍA DO LIBRO
xoves, 18 de abril de 2013
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Para a celebración desta data temos programadas varias actividades:
- Visita á nosa biblioteca de Xosé Miranda.
- Campaña: "O noso libro favorito é..." que será votado en cada aula para facer un traballo sobre el, tamaño A 3 para colocar na porta.
- Maratón de lectura na Casa do Concello sobre Rosalía de Castro.
- Mochilas viaxeiras...
Etiquetas:
ACTIVIDADES COLE DÍA DO LIBRO
xoves, 24 de maio de 2012
MES DO LIBRO E DAS LETRAS
Durante os meses de abril e maio conmemoramos o Día do Libro o o Día das Letras Galegas con varias actividades:
-
1ª SEMANA DA POESÍA: DO
23 AO 27 DE ABRIL:
Día 23 de abril:recital
poético na Biblioteca.
-
CONTACONTOS
-
XORNAL ESCOLAR
- DÍAS 24 E 25: FESTIVAL DAS LETRAS: RECITADOS, MÚSICA E TEATRO
Etiquetas:
ACTIVIDADES COLE DÍA DO LIBRO
domingo, 15 de maio de 2011
SALVANDO LIBROS
Ao longo deste mes do Libro e das Letras as Bibliotecas Escolares fixeron un traballo conxunto partindo da idea: Que libro da literatura galega salvarías ti, se ocorrese o que nos conta a novela Fahrenheit451?
Tratábase de salvar un libro en lingua galega.
Jaime Eizaguirre Santillán foi quen deseñou os cartaces que serven de soporte á actividade e Mª Dolores e Sabela foron as encargadas de coordinar e dar forma á esta actividade conxunta, conseguindo este espléndido traballo polo que lles damos as grazas. Podedes ver aquí os libros salvados de Primaria e de E. Infantil.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)